Como anunciabamos na entrada anterior, empezamos a semana do libro combinando poesía e gominolas cos "Canapés literarios", canapés que prepararon e repartiron alum@s de 1º de ESO durante o recreo.!En menos de dez minutos non quedaba nada! !Soubo a pouco!
Tamén o alumando de 1º de ESO decorou o corredor principal con cartaces adicados ao Día do Libro e ilustracións de poesías de distintos autores, e podemos disfrutar da presentación que elaboraron para compartir con nós os seus libros favoritos en galego. O alumnado de 4º de ESO fíxonos recomendación de libros en lingua castelá. ¡Xa tomamos nota de libros para o verán, que está aí, á volta da esquina!
O alumnado de 1º e 4º de ESO cedeu á biblioteca para a súa exposición dúas xoias resultado dos “Obradoiros de escritura creativa” : “Libro Partido” e “Jitanjáforos!
O luns achegouse ata o centro Diego Horschovski para presentar ao alumnado de 1º de bacharelato e 4º de ESO “LUME”, revista de Filosofía. ¡Iniciativa moi interesante e valente!
Os departamentos de latín e grego desenvolveron, un ano máis, un obradoiro de escritura, convertindo a biblioteca do Xaquín Yebra do IES de Melide en biblioteca de Alexandría por un día. O martes no recreo a biblioteca encheuse de copistas ataviadas como antigas gregas e romanas que escribían textos clásicos latinos e gregos sobre papiro utilizando un cálamo. A realización deste obradoiro non sería posible sen o apoio incondicional do profesorado e alumnado do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que fabricaron uns cálamos de altísima calidade, umbilici para enrolar os pairos e unha espectacular cadeira klismos.
O mércores proxectamos durante o recreo os traballos feitos polo alumnado de PMAR sobre o escritor galego Valle Inclán, e a poetisa madrileña Gloria Fuertes, de cuxos nacementos cumpríronse, ao longo deste curso, 150 e 100 anos respectivamente. Achegáronnos dun xeito moi ameno e visual á vida e obra destes dous escritores.
Desde a biblioteca quixemos completar a homenaxe a estes dous autores e outros dos que no 2017 se celebraba algún aniversario coa exposición “Vai de aniversarios”.
Rematamos a semana coa segunda edición da “Feira de Intercambio de libros".
¡Gracias a todos e todas pola vosa colaboración e parabéns polos traballos feitos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario