24/02/19
24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O venres 22 de febreiro, o IES de Melide uniuse á convocatoria da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para conmemorar o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun manifesto no que queda patente a vixencia das demandas feitas por Rosalía ante as inxustizas socias que se vivían no século XIX. Pancartas con algúns dos seus versos poderían estar presentes en moitas das manifestacións de hoxe en día.
Pulsa aquí para ler o manifesto.
Durante o recreo puidemos escoitar poemas de Rosalía de Castro musicados por diferentes grupos de pop e rock galegos.
MAN-FESt-ACCIÓN polo Día de Rosalía de Castro by Slidely Slideshow
22/02/19
22 de febreiro: ENCONTRO LITETARIO CON LEDICIA COSTAS
Desde o departamento de Lingua e Literatura Galega e a biblioteca Xaquín Yebra, xestionamos a solicitude do programa Encuentros Literarios 2019 da Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y la Letras Españolas. Estre programa consite nunha charla coa autora elexida sobre unha das súas obras, seguida dun coloquio co alumnado.
A nosa solicitude foi atendida e hoxe venres 22 deste mes contamos coa presencia de Ledicia Costa no noso instituto para intercambiar impresións sobre o seu libro "O corazón de Xúpiter" co alumando de 2º de ESO.
Encuentro literario do alumnado de 2º ESO con Ledicia Costas by Slidely Slideshow
21/02/19
21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O Día Internacional da Lingua Materna foi
proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase
anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o
plurilingüismo e a diversidade cultural.
A lingua materna é aquela en que os nenos
aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere
impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes
tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en
que moitas delas quedan recluídas. O Día Internacional da Lingua Materna
estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función
vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo
intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da
educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento
integradoras e a preservación do patrimonio cultural.
E nós, no IES de Melide celebrámolo así:
Sonia Iglesias Castro de Slidely by Slidely Slideshow
11/02/19
11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
No traballo de fin de máster en Formación de Profesorado de Educación
Secundaria pola Universidade de Cantabria durante o curso académico 2016-2017 de
Inmaculada Gutiérrez Pereda ,Mujeres
inventoras , mujeres ingenieras. Female inventors, female engineers, queda patente a escasa ou nula
presencia das mulleres inventoras do pasado e do presente nos libros de texto
de tecnoloxía. Na Comunidade Valenciana, na análise feita destes libros entre
os anos 20108 e 2011, só aparecen os nomes de Ada
Byron e Grace
Murray Hopper. Nos libros de tecnoloxía da ESO máis actuais comprobouse que
non se fixo efectiva nin a incorporación de científicas nin de inventoras (menor
do 1% o número de inventoras nomeadas, e inferior ó 5% as imaxes mostradas das
mesmas). Puidose tamén constatar que non
aparecen nos libros de historia da tecnoloxía, e nos de patentes, as súa presencia
é moi reducida .
Este
traballo aborda e analiza distintos estudios realizados por diversos autores
que avalan a necesidade de crear materiais didácticos novos para sacar do
esquecemento as figuras inadvertidas e ocultas de mulleres inventoras. Desta forma auméntase o interese das rapazas cara a tecnoloxía, e reafírmase a súa autoestima e confianza, incrementándose o seu rendemento escolar.
Desde
a biblioteca queremos contribuír a visibilización destas mulleres coa formulación
do xogo “Cada ovella coa súa parella”, no que hai que asociar a cada unha das
mulleres inventoras da nosa selección co
seu invento, cuxa imaxe aparece no póster ou unha pista visual sobre este.
Anímate
a participar cubrindo a táboa que se adxunta no enlace coas
túas respostas. Tamén a través da suxestión doutras inventoras que poderían
completar o noso póster a través do blog ou no taboleiro da biblioteca.
Enlace para cubrir o cuestionario.
03/02/19
HOLOCAUSTO: LECTURAS E PELÍCULAS
A continuación, unha escolma de novelas, cómics e películas sobre o holocausto que podes atopar na biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)