22/11/16

Entrega de premios do certame literario e do concurso de epitafios Samaín 16.

O día 9 de novembro tivo lugar a entrega dos premios correspondentes ao Certame literario “Relatos Terroríficos” e ao concurso de epitafios "RIP, RIP, Hurra!. Tanto o número como a calidade dos traballos presentados resultaron ser moi satisfactorios.  Este foi o dictame do xurado:

Certame literario "Relatos terroríficos":
            1º premio: "O Xanciño",  de Candela (1ºESO A)
            2º premio: "Habelas, hainas",  de Sofía Pumar (1º ESO C)
            3º premio: "Unha nota misteriosa", de Antía Berredo (2º ESO D)

Concurso de epitafios "RIP, RIP, hurra!":
            Categoría epitafio:
             1º premio: " Esta sesta fóiseme das mans", de Nerea Quintás (2º BAC C)
             2º premio: "Tanto tempo mirando esquelas, e non vin a miña", de Uxía Rico (1º BAC A)
             3º premio: "Era visto", de Rubén 
             Categoría lápida: 
             1º premio: Hilda Mosteiro (1º BAC B)

Parabéns @s gañador@s e participantes!!!




 Slidely Photo Gallery

16/11/16

ADEUS NARF, QUEDAREMOS COA TÚA MÚSICA

Onte, martes 15 de novembro, deixounos NARF, nome artístico de Fran Pérez, poeta, músico, trobador... compromoteido.
Deixámos aquí unha ligazón ao diario Sermos Galiza, onde tedes máis detalles sobre a súa gran traxectoria musical.

15/11/16

CONCURSO DE MICRORRELATOS




Un ano máis o Equipo de Biblioteca do IES de Melide convoca un concurso de Microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Cantas palabras necesitamos para poder contar unha boa historia? Retamos ao alumnado do IES de Melide a que con menos de cen palabras tente chegar ao corazón d@s lectores/as. Atrevédesvos?

Velaí as BASES e desta vez ninguén se queixará do moito que ten escribir:

- Os relatos xirarán en torno á violencia contra as mulleres ou ben a non violencia e  como debe ser o bo trato en calquera relación.


- Terán unha extensión máxima de cen palabras.

- O prazo de presentación remata o mércores, 30 de novembro de 2016 .

- Establécense tres premios para os tres mellores microrrelatos presentados (1º ciclo; 2º ciclo e FP Básica;  Bacharelato e CF).

*O xurado poderá deixar deserto/s o/s premio/s se o considera oportuno.

11/11/16

4 DE NOVEMBRO, DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


Este curso, o noso Centro  celebrou o Día da Ciencia en Galego cunha gran variedade de actividades:

- O alumnado de 2º de ESO e 1º de BAC asistiu á charla  “Viaxe á Antártida” de Javier Cristobo,  director do Centro Oceanográfico de Xixón e investigador galego experto na Antártida e na súa probemática  que estivo oito  veces neste continente ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/01/26/javier-cristobo-span-langglteno-virus-da-antartidaspan/0003_201601G26P26992.htm).

- O Departamento de Tecnoloxía  converteu os corredores do noso Centro, durante o recreo, nun concorrido laboratorio no que brillantes científicos de 3º ESO realizaron os seguintes experimentos:
- Como extraer o ferro dos cereias?
- Cloud in a bottle? Aprendemos o que é a condensación
- Explotamos globos cubha laranza. O ácido disolve o plástico.
- Disolvemos o poliestreno. Con acetona.
- Diferentes tensións superficiais no leite coloreado, cun pincel e xabrón.
- WOOD STAR, a dilatación da madeira.

- Da man do Departamento de Ciencias Naturais, o alumando de 1º de ESO demostrounos que é posible inflar un globo sen aire e amosounos un par de maquetas de volcáns en activo.

-Pola súa banda os departamentos de Grego, Física e Química, Matemáticas e Ciencias Naturais, organizaron o 3 de novembro ás 19.30, como actividade inagural do Día da Ciencia, unha sesión de observación de estrelas grazas á colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS.

Estas actividades foron seguidas de preto polo programa de divulgación da Radio Galega titulado “Efervesciencia” (http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/) e polo seu director, Manuel Vicente. O alumnado do IES Melide, coa colaboración do propio Manuel Vicente, foi o encargado de realizarlle unha entrevista en profundidade a Javier Cristobo, entrevista que o domingo 6   foi emitida pola Radio Galega.  Destacar que a  gravación  se realizou cos propios medios do centro, sen necesidade de que a Radio Galega  mandase técnico ningún.




06/11/16

Samaín 2016

O pasado venres 28 de outubro, os alumnos de 4º de ESO de Artes Escénicas preparon  unha actividade de "medo" para a primeira hora da mañá, antes de que os seus compañeiros  entraran nas aulas. Aclararon que non tiveran  moito tempo para montala, pero que  se coordinaron bastante ben. Era unha actividade para que o alumnado se divertira e pasara un momento diferente ao resto das mañás,  xa que en anos anteriores non ocurrira nada parecido.

Pensaron moito como situarse para que os alumnos, según foran entrando, se impresionaran , ao igual que a elección da iluminación e a música adecuada para crear ambiente. Tamén tiveron en conta o vestiario, a maquillaxe,... Recoñecen que a última hora andiveron bastante apurados.

Ao rematar a interpretación sentíronse satisfeitos do traballo realizado.

Outras actividades realizadas  para este  día foron:
- Preparación dun almorzo saudable e  terrorífico  por parte do alumnado de 1º ESO dentro do proxecto para este nivel  "Almorzo saudable"
- Participación na decoración da entrada principal do centro e construción de fantasmas nos laboratorios de Bioloxía por parte de alumando de 1º ESO.
- Celebración dun  magosto durante o recreo.
- Exposición na biblioteca de libros e películas para pasar unha ponte de medo.

Parabéns a todos, e agradecemento especial ao alumando de Artes Escénicas de 4º por axudarnos a escribir esta entrada!
 Slidely Photo Gallery