A noite do 31 de outubro era moi especial, xa que, nos países celtas,
conmemoraban o Samaín. Era a súa festa máis importante, posto que nesa data
comezaba o ano novo e tamén o inverno.
Todos oímos falar moitas veces do Samaín, pero... Que facían os nosos devanceiros
por estas datas?
Considerábase que nestes días, abríase unha porta entre este mundo e o
outro, era unha xornada de encontro cos que xa morreran. A morte era a outra cara da
vida e non se lles tiña medo aos que xa marcharan para o Alén, e incluso, nalgúns
sitios facilitábaselles a viaxe poñendo unha vela para que visen ben o camiño
de volta á casa, e deixábase un prato con comida e un asento para os
“visitantes”. Tamén se facían rosarios de castañas cocidas para os nenos e,
dicían os vellos, que, por cada castaña que se comía, un morto ía para o Ceo.
Moitos nenos visitaban os cemiterios cos seus colares.
Estas datas préstanse para estar na casa ao pé do lume, comendo castañas e
contando contos, especialmente de medo. Por iso, no noso centro tamén conmemoraremos
esta festa. Ashley, a lectora falaranos do Halloween e do Samaín, e veremos
unha película de terror. Tamén comeremos castañas e teremos algunha outra
sorpresiña.
Así mesmo, leremos contos de terror na biblioteca, algúns inventados por
nós e outros escritos por autores coñecidos. Temos unha mesa chea de libros de
historias de medo. Achegádevos e levade algún para ler tamén na casa ao pé do
lume.
|
25/10/12
Samaín 2012
08/10/12
PREPARANDO A NOSA VIAXE
Tal vez este título podería parecer máis propio do inicio das vacacións de verán que docomezo de curso. Si, no IES de Melide puxémonos en marcha nada máis volver das vacións de verán porque este ano dende a biblioteca imos traballar nun proxecto: A Viaxe e a Migración, entre a búsqueda e a necesidade. Pensamos que é un tema o suficientemente amplo para ser traballado interdisciplinariamente e un tema moi rico e documentado na literatura, cine e artes en xeral.
Partimos de dúas ideas básicas nas nosa liña de traballo. Por unha banda temos a viaxe como fonte de coñecemento, produto da continua busca e curiosidade do home, motor dos grandes descubrimentos, fonte inagotable de experiencias. Por outra banda temos a viaxe forzada pola supervivencia: as grandes migracións, as invasións, os movementos de poboación... que son inherentes ao xénero humano. Por último temos a viaxe como forma de ocio, o moderno turismo.
Con estas ideas iniciais comezamos a nosa travesía pedindo, como o poeta Cavafis, "que a nosa viaxe sexa longa, chea de aventuras, chea de coñecementos"
31/05/12
MAKINARIA
Chegan de noite queimando goma,/flipados de euforia e decibelios,/ coa gasolina inxectada na vea./ Logo, malotes de discoteca, descenden so carro maqueado...
Con estes versos o poeta introdúcenos nese mundo de roteiros nocturnos entre discotecas e pubs, mallando na música e no alcol a velocidades vertixinosas que en moitos casos acaban nas cunetas e cemiterios. E o poeta, que xa disfrutamos en anteriores ocasións, non podía ser outro que Carlos Negro, antigo profesor deste centro e profesor de Lingua e literatura no IES de Dodro.
Makinaria introdúcenos sen previo aviso nun universo de bugas maqueados roéndolle duro as rodas, cravando derrapaxes a ritmos de decibelios que deixan corpos ensanguentados na cuneta. Usa con maxistralidade a linguaxe dos mozos que, aínda que compartan casa e aulas con nós, parecen habitar o seu propio planeta, esa linguaxe que tanto sorprende aos lectores e lectoras pouco habituados a ler poseía que collen o libro cun aire reticente. Makinaria foi unha revelación que nos descubriu que a poesía non está enlatada en versos ou temáticas trascendentais, está en cada recuncho do noso entorno, nos obxectos cotiáns ... en palabras do propio poeta "a poesía fuxiu do Parnaso cos bafles abouxadores na procura de palabras que acheguen aos lectores a súa propia vida con ritmo de hiphop de rúa". Durante cincuenta minutos os versos de Makinaria renaceron recitados, cantados, rapeados... na voz de Carlos Negro, que soubo encadilar non só aos alumnos e alumnas de 1º de BAC que leron a obra, senón tamén aos profesores e profesoras que os acompañaban nese momento. Ao final, para non marchar co sabor amargo da morte e cemiterios, Carlos agasallounos con algo doce: un verso de amor e un sugus, que luxo! Os e as que non tivestes a sorte de disfrutar deste recital, tedes Makinaria agardando por vós na biblioteca.

17/05/12
O misterioso Dr. Saa
Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas,
presentouse na feira do libro en Lugo O
misterioso Dr. Saa, obra escrita pola nosa compañeira no centro, Belén
Fernández Guzmán, e polo que tamén foi profesor no noso IES, Xosé Díaz Díaz.
Esta biografía recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, tamén coñecido como
o conde de Waldemar, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século
XX, acadou sona internacional como ilusionista. Os autores pretenderon render
unha homenaxe á memoria e lenda do home e artista que percorreu case todo o
mundo deixando a súa maxia.
Os autores consideran ao ilusionista Waldemar como un emigrante, como
tantos outros que tiveron que marchar para buscar vida fóra, que tivo a
valentía de dedicarse a algo tan pouco habitual naquel tempo como era o
ilusionismo.
Parabéns ao autor e á autora que con esta obra rescataron do anonimato un
personaxe tan importante como este que actuou para reis, xefes de estado e
incluso un emperador, e do que moitos de nós nunca oiramos falar.
Día das Letras Galegas 2012
Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Valentín Paz Andrade.
Galiza, 1954
Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23
de abril de1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista.
Comezou
a interesarse na literatura e na cultura
de Galicia da man do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Foi tamén el quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra.
Iniciouse no movemento galeguista, da man de Castelao, e
participa como orador na II Asemblea Nacionalista (1919) de Santiago de Compostela.
Durante
esa época tamén crea e preside o primeiro grupo galeguista estudantil en
Santiago, o Grupo Galeguista Galego de Estudantes. Anos despois presidiría en
Vigo o Grupo Autonomista Gallego (1930) e
militaría no Partido
Galeguista, participando activamente na súa fundación
en decembro de 1931.
Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos,
nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu
varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.
Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética
evidénciase unha motivación patriótica,
como se pode observar en Soldado
da morte (1921), Pranto matricial (1954), en que evoca a morte de
Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), en que canta a paisaxe e a
xente galega, ademais do exilio e o amor
ausente; Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero
Pedrayo (1986), en que
incluíu as composicións dedicadas ao autor ourensán.
Aquí vai un anaco de Pranto Matricial.
Cando ti volvas
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d´Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues pol-o mare,
cando ti chegues pol-o mare...
Galiza, 1954
10/05/12
Semana da Interculturalidade: Xapón
Os últimos día desta intensa semana da interculturaliade están dedicados ao Xapón. As alumnas e alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC, ademais de decorar a biblioteca con magníficas mostras de caligrafía xaponesa, traballaron diferentes aspectos desta milenaria cultura, centrándose no haiku, poema tradicional xaponés que consta de tres versos breves que soen centrarse na contemplación da natureza.
Velaí os difrentes traballos elaborados polas alumnas de 4º de ESO en torno ao Xapón: o seu concepto da beleza, teatro, danza, poesía, filosofía, relixión e cortesás.
Velaí os difrentes traballos elaborados polas alumnas de 4º de ESO en torno ao Xapón: o seu concepto da beleza, teatro, danza, poesía, filosofía, relixión e cortesás.
Etiquetas:
Actividades,
Haiku,
Interculturalidade,
Multiculturalidade,
Poesía,
Xapón
07/05/12
IES DE MELIDE: O MUNDO SOMOS NÓS
Arrancamos a semana da Interculturalidade no IES de Melide, do 7 ao 11 de maio de 2012, na que tentaremos achegarnos ás diferentes culturas e países das alumnas e alumnos do noso centro. Podes consultar o programa de actividades e non dubides en pasar pola biblioteca para visitar a nosa exposición.
Ver Interculturalidade no IES de Melide en un mapa más grande
Ver Interculturalidade no IES de Melide en un mapa más grande
Etiquetas:
Actividades,
Interculturalidade,
Multiculturalidade
06/05/12
SEMANA DA INTERCULTURALIDADE
A semana do 7 ao 11 de maio celebramos a semana da interculturalide no IES de Melide, baixo o lema IES DE MELIDE: O MUNDO SOMOS NÓS.
Neste días queremos queremos destacar a diversidade cultural que temos no IES de Melide, que acolle a rapazas e rapaces procedentes de distintos países e culturas como Arxentina, Brasil, Colombia, Cuba, China, Marrocos, Paraguay, Pobo xitano, República Dominicana, Rumanía, Suíza, Venezuela.... unha gran variedade que nos enriquece a todos.
Dende a biblioteca queremos convidarvos a que asistadades a esta gran festa participando nas distintas actividades que organizamos:
- Exposición de obxectos e moedas dos diferentes países.
- Degustación de produtos típicos dos países participantes.
- Actuaciacións musicais
- Exposición das distintas presentacións de diapostivas elaboradas polos alumnos e alumnas
- Charlas e conferencias...
Como aperitivo deixamos aquí dúas presentacións elaboradas por un grupo de alumnos de 1º C de ESO.

CHINA
Traballo coordinado por Li Wei, no que colaboraboraron Álex García Prado, Belén Barallobre e Laura Rodríguez. Li Wei estivo no pasado mes de marzo en China e alí pudo recoller unha serie de datos e fotografías que agora nos mostra.
POBO XITANO
Asier Montoya coordinou este traballo e recibiu a importante axuda de Lucía Costoya, Adrián Couso, Carlos Rouco e Conchi Penas. Buscando información na rede descrubrimos un montón de cousas sobre este pobo que leva tantos anos convivindo con nós e do que sabemos tan pouco.
Durante as tres semanas nas que realizamos este traballo na clase de 1º C de ESO, á parte de aprender un montón de cousas descoñecidas, aprendemos tamén a traballar en equipo e a manexar moitas ferramentas TIC.
Etiquetas:
Actividades,
China,
Interculturalidade,
Multiculturalidade,
Pobo Xitano
05/05/12
REPÚBLICA DOMINICANA
Presentación realizada por Carlos Alberto López Almanzar, de S4A
República Dominicana
View more presentations from Biblioteca_Melide
Etiquetas:
Actividades,
Interculturalidade,
Multiculturalidade,
República Dominicana
BRASIL
Presentación realizada por Nathielle Thifane Rosa de Oliveira, de S2A
Presentación realizada por Manoel Vitor, David Ramos e Bea gonzález, de S3A
Brasil
View more PowerPoint from Biblioteca_Melide
Presentación realizada por Manoel Vitor, David Ramos e Bea gonzález, de S3A
Brasil
View more PowerPoint from Biblioteca_Melide
Etiquetas:
Actividades,
Brasil,
Interculturalidade,
Multiculturalidade
COLOMBIA
Presentación realizada por Juan Camilo Pino,de S2A.
FESTAS COLOMBIANAS
Presentación realizada por Diego Fernando Benjumea, de S3A
FESTAS COLOMBIANAS
Presentación realizada por Diego Fernando Benjumea, de S3A
Etiquetas:
Actividades,
Colombia,
Interculturalidade,
Multiculturalidade
CUBA
Presentación realizada por Liliana Liset, de S2A
Cuba
View more presentations from Biblioteca_Melide
Etiquetas:
Actividades,
Cuba,
Interculturalidade,
Multiculturalidade
SUÍZA, EUSKADI
Expoñemos aquí as distintas presentacións elaboradas polas alumnas e alumnos do IES de Melide
EUSKADI
SUIZA
EUSKADI
View more presentations from Biblioteca_Melide
View more presentations from Biblioteca_Melide
Etiquetas:
Actividades,
Euskadi,
Interculturalidade,
Multiculturalidade,
Suíza
03/05/12
CERTAME LITERARIO
"DÍA DAS LETRAS 2012"
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA do IES de Melide en colaboración coa BIBLIOTECA convoca o Certame
Literario
"Día das Letras".
BASES
1.
Poderá participar no Certame calquera alumno ou alumna do Centro.
2.
Establécense as seguintes modalidades de participación:
a) Poesía.
b) Prosa.
c) Ensaio.
3. As
obras presentadas deberán estar escritas en lingua galega.
5. O xurado estará composto por representantes do
alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
6. Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a
autor/a, deberán presentarse na Conserxería do Centro ata o
14 de maio de 2012.
7. Os premios
serán entregados durante a celebración do Corremelide-2012.
24/04/12
Día do libro no IES de Melide
Onte, día 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro. No noso centro realizáronse distintas actividades. Ademais de sacar libros da biblioteca para o corredor, preparamos unha exposición de libros de texto de distintas materias que utilizaron os nosos avós e pais e cubrimos uns cuestionarios.
Tamén puidemos ver os libros que lían para divertirse. Esta exposición estará toda a semana no corredor.
Xa no recreo, un grupo de alumnos e alumnas conmemorou este día coa lectura de sonetos de Shakespeare en inglés e galego. Non esquezamos que nesta data recórdase o pasamento deste célebre escritor, ademais do de Cervantes.
Finalmente, tamén se levou a cabo a representación teatral da obra Moito ruído e poucas noces, en inglés. Gustounos moito.

Ao longo destes días, tamén puidemos comentar por escrito cales eran os nosos libros favoritos, nunha libreta que estaba no corredor.
En fin, unha semana chea de actividades que nos demostran que eses "aparatiños" chamados libros, que xa utilizaban os nosos antergos, seguen tendo vixencia na actualidade.
23/04/12
17/04/12
ROTEIRO LITERARIO
Hoxe un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de BAC do noso centro participou nun roteiro literario polos escenarios da novela de Domingo Villar A praia dos afogados. Iniciamos o percorrido na praia da Madorra da man da actriz Ana carreira, que nos fixo recordar e escenificar partes da novela. Seguidamente visitamos o templo votivo do arquitecto Antonio Palacios.
Seguidamente subimos a Monteferro, dirixidos polo historiador Xosé Lois Vilar para ver o faro e outros escenarios da novela. Empezamos a andar polo monte, pero empezou a chover, e non puidemos ver todo o que estaba previsto.
Xa pola tarde, fomos visitar a Verbum ou casa das palabras, en Vigo. Despois de tratar de descifrar un xeroglífico e de ver a exposición permanente, realizamos un obradoiro sobre o funcionamento da imprenta. Colocamos as letras para formar un texto e imprimímolo.
Aquí podedes vernos tratando de imprimir un texto. Os resultados non foron óptimos, pero pasámolo ben.
Finalmente demos un paseo pola praia de Samil e... de volta á casa.
O día non estivo moi bo, pero pasámolo ben e aprendemos cousas novas.

15/04/12
Crónica dunha crise anunciada
Hai pouco uns cantos rapaces e rapazas deste instituto disfrutábamos no cine coa versión cinematográfica de Arrugas, pola que Paco roca recibiu dous premios Goya. Hoxe Paco Roca danos unha mostra máis da súa xenialidade con este resumo da crise económica en formato cómic, publicada no País Semanal. Está claro que entre outras moitas, a banda deseñada pode ter unha función didáctica importante, en palabras do propio Paco Roca: "Si hubieran explicado las hipotecas en formato cómic, se habrían firmado la mitad".
Crónica de una crisis anunciada, por Paco Roca
Crónica de una crisis anunciada, por Paco Roca
14/03/12
50 anos con Mafalda
Mafalda, un personaxe entrañable da vida cotiá dos arxentinos saía á luz hai agora 50 anos. Esta rapaza encarnou perfectamente o sentir e o pensar da clase media na época.
O 15 de marzo de 1962, Joaquín Salvador Lavado, Quino, debuxaba por primeira vez a Mafalda para unha campaña publicitaria. Posteriormente esta personaxe, que odiaba a sopa, pasaría a ser a protagonista dunha viñeta que nos divertiu e nos fixo pensar durante décadas.
O 25 de xuño de 1973 apareceu a última tira cómica de Mafalda, o que ocasionou un grande desgusto para os seus seguidores, repartidos por moitos países.
Hoxe podemos conmemorar o seu 50 aniversario lendo as tiras de Mafalda que temos, por suposto, na biblioteca do noso IES.

08/03/12
Historia do Día Internacional do Día da Muller: 8 de marzo
1909: De conformidade cunha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos, o día 28 de febreiro celebrouse en todos os Estados Unidos o primeiro Día Nacional da Muller.
1910: A Internacional Socialista, reunida en Copenhague, proclamou o día da Muller de carácter internacional coma homenaxe ao movemento a favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal.
1911: Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de homes e mulleres. Ademais do dereito ao voto e a ocupar cargos públicos, reclamaron o dereito ao traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.
1917: O 8 de marzo as mulleres rusas movilízanse reclamando “paz e pan”
1977: As Nacións Unidas adopta unha resolución proclamando o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.
2012: O 8 de marzo reclámanse os dereitos de todas as mulleres en todos os ámbitos. Un ano máis, demándanse novos dereitos para as mulleres, deféndense os xa conquistados e lóitase contra aquelas leis que as discriminan ou que rexeitan o principio de igualdade de sexos e de oportunidades. Despois dun século, en numerosos lugares do mundo as mulleres seguen demandando dereitos básicos como acceder á educación, á cultura, ao traballo e á política. Algunhas das reivindicacións das mulleres de principios do século XX seguen vixentes.
1910: A Internacional Socialista, reunida en Copenhague, proclamou o día da Muller de carácter internacional coma homenaxe ao movemento a favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal.
1911: Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de homes e mulleres. Ademais do dereito ao voto e a ocupar cargos públicos, reclamaron o dereito ao traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.
Menos dunha semana despois, máis de 140 mulleres morreron no tráxico incendio da fábrica textil Triangle en Nova Iorque . Este suceso tivo graves repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia as condicións laborais que conduciron ao desastre.
1913 a 1914: No marco dos movementos en pro da paz que xurdiron en vísperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primer día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitíns ó redor do 8 de marzo para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.1917: O 8 de marzo as mulleres rusas movilízanse reclamando “paz e pan”
1977: As Nacións Unidas adopta unha resolución proclamando o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.
2012: O 8 de marzo reclámanse os dereitos de todas as mulleres en todos os ámbitos. Un ano máis, demándanse novos dereitos para as mulleres, deféndense os xa conquistados e lóitase contra aquelas leis que as discriminan ou que rexeitan o principio de igualdade de sexos e de oportunidades. Despois dun século, en numerosos lugares do mundo as mulleres seguen demandando dereitos básicos como acceder á educación, á cultura, ao traballo e á política. Algunhas das reivindicacións das mulleres de principios do século XX seguen vixentes.
07/03/12
A muller traballadora na banda deseñada
Hoxe, día da muller traballadora, recomendámosvos dous cómics nos que aparece reflectida a súa situación .
No primeiro, Lulú, mujer desnuda, de E. Davodeau, cóntasenos, dunha maneira moi orixinal, o relato dunha muller de mediana idade que, farta da súa vida aburrida, decide dar un cambio. A súa enésima entrevista de traballo fallida impulsaraa a unha impredicible aventura que lle permitirá descubrirse como realmente é, e non como os demais quixeron sempre que fose. O día en que decide non volver á casa, cambiaralle totalmente a vida e Lulú converterase nunha persoa totalmente nova.
No segundo, Persépole, de Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é á súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Tamén nesta obra aparece reflectido o papel da muller na sociedade. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia
05/03/12
ENTREGA DE PREMIOS XOGO DE PISTAS
Despois de dúas semanas de intensa investigación detectivesca, remata o xogo de pistas sobre novela negra "Hai un cadáver na biblioteca" coa entrega de premios. A pesar de que se anotou moitísima xente, algúns fóronse desanimando polo camiño, pero aínda así chegaron bastantes ao final, e houbo que realizar un preguntón de desempate para o primeiro posto.
1º PREMIO: grupo BIBLIOADICTAS, formado por:
- Andrea Garrido Ríos
- Miriam Pumar Otero
2º PREMIO: grupo PITINHAS, formado por:
- Uxía Varela Expósito.
- Lucía Álvarez Vilela
3º PREMIO: grupo ZIPI Y ZAPE, formado por:
- Ana Ayude Puga
- Elisa Ares Turrado
Os premios consistiron en vales para mercar libros, música, pelis, material escolar... en establecementos da vila. Tamén hai un premio especial para os que participaron máis dun 50 % , que consistirá nunha viaxe para ver unha película.
Parabéns ás gañadoras polo ben que o fixeron e a todos e todas @s que o intentaron.
24/02/12
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A AELG convidou aos centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
Celebramos que se homenaxee a esta grande escritora pola importancia que tivo para as nosas letras, para a nosa cultura.
Aí vai un pequeno poema de Rosalía
Ben sei que non hai nada
novo embaixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.
E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo.
01/02/12
Gandhi. A manga biography
Como xa sabedes, o 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, recordando o asasinato de Gandhi. Hoxe presentámosvos dende a biblioteca unha banda deseñada que trata da vida deste representante da non violencia. O autor é Kazuki Ebine. É un manga .
Anticípovos que próximamente teremos na biblioteca moitas novidades en inglés. Achegádevos e preguntade por elas.
Anticípovos que próximamente teremos na biblioteca moitas novidades en inglés. Achegádevos e preguntade por elas.
30/01/12
Manifesto pola paz
Hoxe, día 30 de xaneiro, recordamos a nosa continua loita pola liberdade, a igualdade, a xustiza, a solidariedade, o amor, o respecto e o bo trato a todas as persoas. Hoxe é o día mundial da paz.
Todos falamos da Paz, todos celebramos o seu día, pero cantos sabemos realmente o que iso significa? Cantos?
Vivimos nun mundo necesitado de Paz, cheo de loitas, loitas que nin sequera teñen sentido. Miles de persoas con poder decidindo por outras moitas que non teñen dereito a alzar a voz e dicir o que de verdade pensan, polo feito de non nacer nunha familia poderosa, polo feito de que hai que seguir un canon que o paso do tempo nos impuxo! Pero, por que son os cartos os que moven as guerras? Por que a ansia de poder? Por que miles de armas fabricadas para un só e claro fin? Este fin, amigos/as, é matar. Estámonos convertendo en máquinas e aparellos con botón de autodestrución. E a parte máis triste é que non facemos nada por cambialo, senón que intentamos “pasar” mentres non nos toca de preto. Porque moitos nenos, familias enteiras levántanse pola mañá esperando ver unha pomba branca no ceo, pero sempre se atopan cun ceo gris que nos cobre e que lles imposibilita ver máis alá da súa propia morte.
Decidamos, e decidamos ben, amigos/as, porque este día é para reflexionar, por iso vos animo a facelo. Porque, como sempre escoitamos, as cousas grandes comezan por ser pequenas. E que este día non sexa o único do ano no que pensemos na xente morta inxustamente, na xente marxinada, nos nenos explotados, nas persoas sen opcións; senón que traspasemos fronteiras, consigamos, amigos/as, que o mundo sexa un fogar para todos, non un túnel sen fin de sufrimento. Para que cando miremos ao noso arredor nos sintamos orgullosos de nós mesmos. E cando nos sintamos orgullosos do que conseguimos entre todos, esa sensación que invade o teu corpo e sae a través dos poros en forma de alegría, esa sensación será a Paz, e non a cambiaremos por nada, porque saberemos que a nosa loita valeu a pena, que a nosa loita por fin deu o seu froito.
Nun día como o 30 de xaneiro, animamos a xente a reflexionar, a deixar o individualismo, a loitar pola igualdade e polo cese das guerras, a non nos deixar levar pola cobiza e a avaricia, a axudarnos uns aos outros… En definitiva, hoxe máis que nunca animamos a xente a loitar pola paz.
Podemos vivir nun mundo mellor, nas nosas mans está poder conseguilo ou non.
Ana Ayude Puga
Nuria Rouco Mejuto
B1A

29/01/12
30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA
O Día Escolar da Paz e a Non-Violencia ten como obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz.
Este ano (64 aniversario da morte de Gandhi), o Seminario Galego de Educación para a Paz, proponnos unha reflexión sobre “A aprendizaxe da democracia na escola”.
Para “aprender a paz”, debemos ser educados en democracia, formados en actitudes democráticas. E isto implica a democratización dos sistemas educativos, a educación no diálogo e a participación, e o acceso ao sistema educativo de todos os cidadáns, con independencia de raza, condición social, idade...
No ano 2011, nos países afectados por conflictos armados, 28 millóns de neno@s en idade de ir á escola primaria non estaban escolarizados e só o 79% dos seus xóvenes sabían ler e escribir. Decenas de miles de nen@s foron reclutad@s ou utilizad@s polas forzas armadas ou grupos armados en todas as rexións do mundo, privándo@s da súa infancia e dos seus dereitos, entre eles, o dereito á escolarización.
“Xa que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz” (Acta Constitucional da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura).
28/01/12
Neira Vilas e Rachel de Queiroz: dúas figuras universais
Onte, 27 de xaneiro, tivo lugar na casa da cultura a conferencia titulada Xosé Neira Vilas e Rachel de Queiroz, fabuladores artífices, organizada polo Concello de Melide. Neste acto, presentouse o libro da profesora da Universidade Estadual do Ceará, Cleudene de Oliveira, titulado Xosé Neira Vilas e Rachel de Queiroz, figuras universais. Unha ponte entre Ceará e Galicia. Participaron no acto a profesora brasileira e o autor das Memorias dun neno labrego.
Neste libro, a profesora trata de establecer un paralelismo entre as obras destes dous grandes fabuladores que emigraron e volveron ás súas terras para contar as historias das súas terras e das alleas.
No acto, Neira Vilas, ademais de falar da obra de Cleudene de Oliveira, resaltou a importancia do noso idioma, recalcando que temos unha lingua de grande extensión que compartimos con todos os países lusófonos. Falou tamén da importancia que tivo para nós a Galicia de América e comentou que a obra de Cándido Pazó, Memoria das Memorias dun neno labrego, foi representada no Brasil, con grande éxito e que foi entendida perfectamente utilizando a fonética do galego.
Neira Vilas comentou que, ademais da profesora Cleudene de Oliveira, tamén unha profesora de Melide, Dolores Rodríguez, está realizando unha tese comparando o mundo rural irlandés co galego, que aparece reflectido nas obras de John McGahern e de Neira Vilas. Na imaxe aparecen as dúas investigadoras xunto con Neira Vilas.
07/01/12
Ano de Celso Emilio Ferreiro
Este ano 2012 será o do poeta Celso Emilio Ferreiro. Celebraremos o centenario do seu nacemento, o 4 de xaneiro 1912 en Celanova, e o cincuentenario da publicación da primeira edición de Longa noite de pedra, o seu poemario esencial e libro insignia da memoria cívica e literaria de varias xeracións. O grande poeta político e social da Galicia contemporánea, o poeta galego do século XX, probablemente, máis querido e popular volverá ser lembrado en Galiza e fóra dela.
MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
06/01/12
ADEUS A ISAAC DÍAZ PARDO
Flores para Isaac Díaz Pardo
Hoxe despedimos a Isaac Díaz Pardo, intelectual, escritor e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. Acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.
Cursou estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid).Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro.Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que tentaba de internacionalizar a cultura galega.Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro en Sada ,o que repite na Arxentina, onde pasaría trece anos e construiría xunto con outros destacados galeguistas como Luís Seoane o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edicións do Castro, etc.
Das institucións que este colectivo creou para recuperar a memoria histórica, sería a dirección e administración do Grupo Sargadelos a faceta máis coñecida do intelectual galeguista, e a que lle causaría máis desgustos ao ser apartado do equipo de dirección.
Como escritor de ensaio e crítica, destacan Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos ou Castelao, ademais dunha morea de artigos en xornais como La Voz de Galicia (onde colaboraría até o 2009).
O pai de Isaac Díaz Castro, Camilo Díaz Baliño, foi asasinado en agosto de 1936 e tirado nunha cuneta, xunto co estudante Sixto Aguirre Guerin, en Saa (Palas de Rei), moi preto de Melide. Alí homenaxéanse todos os anos o dí 14 de agosto.
Nesta foto, do ano 2008 aparece Isaac Díaz Pardo, xunto coa súa dona, con Avelino Pousa Antelo e David Otero o día en que inauguraron un monumento en memoria e honra destes dous galeguistas asasinados xa nos primeiros días da guerra.
Isaac tivo xa que esconderse cando era aínda un adolescente para que non o matasen como a seu pai, xa que el seguía os seus pasos.
Isaac tivo unha vida de traballo en defensa da nosa cultura e da nosa memoria histórica, e Galiza débelle moito a este home.
Hoxe está soterrado a carón de Valle Inclán e Aurelio Aguirre, nun lugar reservado a galegos ilustres no cemiterio de Boisaca, en Santiago.
Hoxe está soterrado a carón de Valle Inclán e Aurelio Aguirre, nun lugar reservado a galegos ilustres no cemiterio de Boisaca, en Santiago.
Rematamos coas palabras que dixo unha das súas netas no enterro: "Que teñas boa viaxe, avó". Que teñas boa viaxe, Isaac.
02/01/12
O día 31 de decembro de 1936 faleceu D. Miguel de Unamuno, o pensador contraditorio, o profesor, o poeta, o novelista. Salamanca, cidade na que viviu moitos anos e na que morreu, bautiza o 2012 como Ano de Unamuno, conmemorando os 75 anos do seu pasamento.
Miguel de Unamuno y Jugo (Bilbao, 29 de setembro de 1864-Salamanca, 31 de decembro de 1936) foi un escritor e filósofo español pertencente á Xeración do 98. Morreu no seu domicilio de Salamanca o 31 de decembro de 1936, de forma repentina. Á súa morte, Antonio Machado escribiu: “Señalemos hoy que Unamuno ha muerto repentinamente, como el que muere en la guerra. ¿Contra quién? Quizá contra sí mismo.”
Unamuno empezou sendo un defensor da República e posteriormente apoiou o levantamento militar. No verán de 1936 fai un chamamento aos intelectuais europeos para que apoien os sublevados, declarando que representaban a defensa da civilización occidental e da tradición cristiá. Sen embargo, o entusiasmo pola sublevación pronto se torna en desengano e arrepentiuse publicamente do seu apoio á sublevación. O 12 de outubro de 1936 na Universidade de Salamanca, pronunciou un apaixonado discurso no que manifestou: “Quiero hacer algunos comentarios al discurso -por llamarlo de algún modo- del profesor Maldonado, que se encuentra entre nosotros. Se ha hablado aquí de guerra internacional en defensa de la civilización cristiana; yo mismo lo hice otras veces. Pero no, la nuestra es sólo una guerra incivil. Vencer no es convencer, y hay que convencer, sobre todo, y no puede convencer el odio que no deja lugar para la compasión. Venceréis, porque tenéis sobrada fuerza bruta. Pero no convenceréis, porque para convencer hay que persuadir. Y para persuadir necesitaréis algo que os falta: razón y derecho en la lucha. Me parece inútil el pediros que penséis en España».
Escribiu numerosas obras, entre elas novelas como: Paz en la guerra, Amor y pedagogía,El espejo de la muerte, Niebla, Abel Sánchez, La tía Tula, San Manuel Bueno, martir... etc.
Obras filosóficas como: Del sentimiento trágico de la vida (1913) y La agonía del cristianismo (1925).
Entre sus obras poéticas destacan: Poesías (1907), Rosario de sonetos líricos (1911), El Cristo de Velázquez (1920), Andanzas y visiones españolas (1922), Rimas de dentro (1923), Teresa. Rimas de un poeta desconocido (1924), De Fuerteventura a París (1925), Romancero del destierro (1928) y Cancionero (1953).
Teatro, como: La esfinge (1898), La venda (1899), La princesa doña Lambra (1909), La difunta (1909) , Raquel encadenada (1921) , Sombras de sueño (1926) , El otro (1926)… etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)