31/05/12

MAKINARIA

Chegan de noite queimando goma,/flipados de euforia e decibelios,/ coa gasolina inxectada na vea./ Logo, malotes de discoteca, descenden so carro maqueado...
Con estes versos o poeta introdúcenos nese mundo de roteiros nocturnos entre discotecas e pubs, mallando na música e no alcol a velocidades vertixinosas que en moitos casos acaban nas cunetas e cemiterios. E o poeta, que xa disfrutamos en anteriores ocasións, non podía ser outro que Carlos Negro, antigo profesor deste centro e profesor de Lingua e literatura no IES de Dodro.  
Makinaria introdúcenos sen previo aviso nun universo de bugas maqueados roéndolle duro as rodas, cravando derrapaxes a ritmos de decibelios que deixan corpos ensanguentados na cuneta. Usa con maxistralidade a linguaxe dos mozos que, aínda que compartan casa e aulas con nós, parecen habitar o seu propio planeta, esa linguaxe que tanto sorprende aos lectores e lectoras pouco habituados a ler poseía que collen o libro cun aire reticente. Makinaria foi unha revelación que nos descubriu que a poesía non está enlatada en versos ou temáticas trascendentais, está en cada recuncho do noso entorno, nos obxectos cotiáns ... en palabras do propio poeta "a poesía fuxiu do Parnaso cos bafles abouxadores na procura de palabras que acheguen aos lectores a súa propia vida con ritmo de hiphop de rúa". Durante cincuenta minutos os versos de Makinaria renaceron recitados, cantados, rapeados... na voz de Carlos Negro, que soubo encadilar non só aos alumnos e alumnas de 1º de BAC que leron a obra, senón tamén aos profesores e profesoras que os acompañaban nese momento. Ao final, para non marchar co sabor amargo da morte e cemiterios, Carlos agasallounos con algo doce: un verso de amor e un sugus, que luxo! Os e as que non tivestes a sorte de disfrutar deste recital, tedes Makinaria agardando por vós na biblioteca.

51 comentarios:

  1. Anónimo12/6/12

    A charla de Carlos Negro,fíxonos concienciar da responsabilidade que temos a hora de coller un vehículo nas nosas mans,que a nosa vida pode cambiar en menos dun minuto.Tamén foi unha charla moi divertida chea de risas,pero cun final triste,a morte do rapaz no libro "Makinaria".A min gustoume moito :)
    Tamara 1ºBac B

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12/6/12

    O pasado dia 31 de maio, Carlos Negro, achegouse o noso instituto para ensinarnos outra forma de ler o seu libro.Foi una charla moi amena, posto que nos ensinou o verdadeiro significado de Maquinaria, ademàis de moi divertida e significativa, debido a que o propio autor nos deleitou lendo as suas vivenzas con chavales da nosa idade(carlos dixonos que se inspirara en mozos e mozas da nosa idade para escribir o libro).
    En conclusion, apesar de ser o segundo ano que asisto,volveria outa vez, e animo a tod@s @s alumn@s do ies de melide a que lea este libro, posto que en realidade ten moito significado.

    LORENA CABANAS 1ºC- BAC

    ResponderEliminar
  3. Anónimo12/6/12

    Carlos Negro, o 30 de maio intentounos ensinar o verdadeiro significado que ten o seu libro "Makinaria". Segun o autor "Makinaria" é unha aceleración poética na que pasas de cero a cen en tres segundos. E esta aceleración poética quixonola ensinar lendonos todos os poemas deste libro e adentrandonos nesa aceleración.
    A charla foi moi divertida xa que Carlos conseguiu o seu obxetibo de adentrarnos dentro da historia de "Makinaria". Aparte disto Carlos ensinounos o seu verdadeiro siginificado , xa que "Makinaria" pretendenos esplicar como moitos xovenes morren por culpa da velocidade a que conducen a pesares das drogas e do alcol que levan ixerido. E isto causa moitos acidentes que moitas veces levan a morte como pasou na historia deste libro.Carlos Negro para ensinarnos este significado , cada vez que nos interpretaba un dos seus poemas aumentaba un fila de coches na súa mesa.Hasta que a mesa estaba cheade coches e este representaban os rapaces que morreron por causa disto.
    En conclusión, gustome moito esta charla porque as interpretacions de Carlos foi moi boe e ademáis porque nos fixo colaborar nelas en varias ocasións.

    S.V.E 1ºC BACH

    ResponderEliminar
  4. Anónimo13/6/12

    O dia 30 de xuño,visitounos o autor galego Carlos Negro ,un autor galego nacido en Lalín,e profesor en Melide anos anteriores.A súa visita foi debida a que os alumnos de 1 bac leron o seu libro Makinaria,un libro en poesía que narra a historia de un mozo que lle gusta vivir a vida,e isto levarao a súa propia morte,é unha gran refencia para mozos e mozas para que poidan chegar a vellos.
    É un libro curto e con moita enerxía.Na visita Carlos Negros leu o libro poñendo a adecuada entoación ,e facer que nos quedaramos abraiados.A súas contantes alteracións entre ir rápido e ir amodo,berrar e falar en baixo,e incluso que nós rapeasemos a través das súas repeticións,deulle un sentido a obra que lendo nos era inapreciable.
    Déixome bocaaberta aquela enerxía ca que lía ,como describía os sucesos.Durante toda a súa visita mantivo me moi integrada cando ía lendo un capitulo e colocando unha liña de coches,eu intentaba buscarlle significado,logo de moitas voltas e sen atinar en ningunha das miñas cavilacións,Carlos dixo o significado,era o numero de xovenes que morreran nun ano en Galicia,era unha autentica burrada os coches que tiña alí expostos sobre a mesa,para concluír dicir que os suceso alí narrados foron quitados de cousas que lle conta van os alumnos,antes de marxar deunos un agasallo unha frase escrita en papel para que compartisemos coas nosas persoas queridas.
    A min gustoume moito.
    Jessica Cabo Pereiro 1 Bac C

    ResponderEliminar
  5. Anónimo13/6/12

    A visita de Carlos Negro ao Ies de Melide foi todo un acerto en canto a divertimento e entretevimento. El mostrounos o seu libro, lendo os poemas cunha enerxía que nos deixou a todos perplexos pero á vez contentos xa que nos facía rir e así atender os poemas. Aprendimos unha parte da verdadeira realidade da vida; por exemplo a morte de miles de persoas xovens por causa de ir a unha velocidade alta no coche. á medida que pasaba o tempo, el colocaba encima da mesa unha ringleira de coches pequenos de xoguetes que representaba a cada xovens falecido nun coche por ir a unha velocidade inadecuada.
    En conclusión, un libro moi entretido e Carlos Negro un escritor con estilo.
    Naomi Estévez Roca 1º Bach C

    ResponderEliminar
  6. Anónimo13/6/12

    O día 31 de Xuño veu ao Ies de Melide Carlos Negro a darnos unha charla sobre o seu libro "Makinaria". Libro cheo de versos tuneados e maqueados de furia xuvenil , tanto a alumnos como a profesores non abraiou a forma na que Carlos Negro conta o seu libro, con esa euforia e pracer que fixo que a charla fose moi entretida e divertida, creo que nunca unha charla me gustase tanto xa que non foi nada aburrida e ata puidemos participar. O que máis me gustou do libro foi Need for Speed pola velocidade que expresa e porque “Barricada” un grupo de música que me gusta moito ten un canción moi parecida “Písale”.
    Durante a súa visita tívonos a todos moi intrigados e atentos xa que cada capítulo que lía ía colocando coches en fila, intentabamos buscarlle un porque pero ata que o dixo el non o soubemos , que era o número de xóvenes que morreran nun ano en Galicia, algo que non me sorprende nada xa que os accidentes de circulación son moi frecuentes aquí . Isto tamén me fixo cavilar e pensar moitas cousas , xa que a min faleceume por desgraza unha persoa moi especial nun accidente , na visita emocioneime recordando e se naquel momento tivese un coche nas miñas mans colocaríao co resto . Antes de marchar Carlos Negro deunos uns agasallos, unha frase escrita nun papel e un sugus. Agradecémoslle a súa visita e esperamos que volva a a visitarnos pronto.


    Celeste Arias 1ºB BAC

    ResponderEliminar
  7. Anónimo13/6/12

    Carlos Negro, un escritor galego, concretamente da vila de Lalín, que nos veu visitar aos alumnos do IES de Melide con fin de chegar a nós coa súa obra, "Makinaria"(2009).
    Este poemario fala dun adolescente que ten como única motivación os coches, a festa na compañía dos amigos, escoitar música Techno e ligar. Presenta un mundo de oposición á familia que acaba cun tráxico acidente.
    A obra componse de varios poemas, pero o que máis me gustou foi "Game Over", xa que nos anteriores todo eran risas e gozos, pero chega un momento no que a historia nos envolve e fai que reaccionemos ante certas cuestións como son o consumo de drogas e a falta de consciencia. Isto foi o que máis me gustou deste poema, o seu potencial sentimental e a súa forza,coa que fai que razoemos e pensemos con certa madurez.
    Para finalizar, dicir que a presenza deste autor no noso centro foi moi ben recibida e co seu entusiasmo ao ler os poemas, fixo que "Makinaria" se transformase nalgo máis ca nun simple libro, fixo tamén que pasásemos un bo momento na súa compañía ademáis dunha agradable clase de poesía.

    MIRIAM PUMAR OTERO
    1ºC DE BACH

    ResponderEliminar
  8. Anónimo13/6/12

    O pasado 30 de Maio Carlos Negro visitou o noso instituto para ensinarnos que a poesía non sempre é aburrida senón que pode levarnos a mundos distintos; neste caso as rúas onde todas as semanas morren xóvenes por culpa do alcohol e as drogas.
    O poema que máis me gustou de "Makinaria" titulase "Nota Necrolóxica";escollín ese poema porque creo que é un dos que máis se asemella á realidade xa que os pais por consentir aos seus fillos cómpranlle os coches que fagan falta para que él estea contento.
    En conclusión, a charla de Carlos Negro foi moi divertida e aínda que é o segundo ano que asisto volvería outra vez, por iso recomendovos a todos que leades o libro xa que ademáis de ser entretido, leese moi rápido.

    ANDREA GARRIDO RÍOS
    1ºbach C

    ResponderEliminar
  9. Anónimo13/6/12

    Fai unhas semanas os alumnos de 1º de BAC tivemos a oportunidade de acudir a unha "charla" do mestre e poeta, Carlos Negro.
    O que parecía unha charla máis, converteuse en 50 minutos de poesía, el recitou os poemas que compoñen a súa obra, Makinaria, onde todos poidemos participar.
    A súa intención era que virásemos o libro de Makinaria doutro xeito, dunha maneira diferente (non é o mesmo lelo en voz baixa para sí que que alguén cho recite e interprete); creo que conseguíu cambiar algo do noso paracer respecto á obra.
    Considero que o que máis nos sorprendeu a todos, foi que durante a lectura puxese coches de xoguete nunha mesa, ao final explicounos o significado,o porqué (as víctimas de accidentes de coche nun ano en Galicia).
    Carlos Negro presentounos o libro como unha viaxe, unha viaxe cun fin triste (a morte dun xoven nun accidente de tráfico). E así remata a obra.
    A charla foi moi entretida e amena e o libro, Makinaria, está moi ben.

    Ariadna 1º BAC C

    ResponderEliminar
  10. Anónimo13/6/12

    A charla que nos deu Carlos Negro, autor do libro que lemos, Makinaria, o 31 de maio foi bastante amena e divertida. A posta en escea desta foi orixinal, aínda que ao principio algo desconcertante, xa que non sabíamos o significado que tiñan os coches de xoguete que estaba a colocar.
    A interpretación de Carlos Negro de todos os poemas transmitía moitos sentimentos; algúns alegres, coma no principio; e outros máis tristeiros, que conseguiu emocionarnos a todos con esa interpretación tan enerxética.
    O libro de Carlos Negro pretende concienciar sobre o importante que é a responsabilidade ao volante e que aínda que se acade a idade para poder conducir, ás veces, non se debe por falta desta calidade tan importante. Penso que moitos de nós nos concienciamos disto con esta pequena conferencia que nos deu.
    Zeltia Mato Fernández, 1ºB

    ResponderEliminar
  11. Anónimo13/6/12

    O pasado 3o de maio fixonos unha visita Carlos Negro para trasmitirnos o verdadeiro sentido de "Maquinaria".
    Nesta visita Carlos leeu Makinaria e fixonos ver o verdadeiro sentido que ten este libro xa que baixo destas letras escritas nunhas follas hai unha verdadeira historia de un mozo que non pena moito as cousas e nun terrible acidente morre.
    Carlos o que realmente quere e concenciarnos de que un coche pode ter gran peligro se non se controla axeitadamente.
    Durante nos ia leendo o libro ia poñendo coches nunha mesa, non nos tiña moito sentido e cada un pensou unha cousa diferente, per o final dixonos que eses coches significaba os milleiros de mozos mortos en acidentes de trafico en 2005 en Galicia.
    Esta conferencia foi moi entretida rimos moito e eu animo a xente para que lea este libro porque esta moi ben e edemais pode ter a sorte de ver a Carlos Negro porque tamen e moi agradable.
    Vanesa Iglesias Rouco 1ºBACC

    ResponderEliminar
  12. Anónimo13/6/12

    O termo poesía é moi amplo. Existe esa poesía que habitualmente os adolescentes consideramos ‘aburrida’. Pero tamén existe a poesía bonita, fácil de ler, entretida e realmente moralizadora. A experiencia vivida con Carlos Negro foi así; foi entretida, divulgativa e sobre todo moralizadora.
    Grazas a visita que Carlos nos fixo, conseguín ver a poesía dende outro punto distinto; conseguín escoitala e entendela ao mesmo tempo; conseguín comprendela e que me fixese razoar acerca das vivenzas dese mozo que rematou perdendo a vida na carretera, por un simple capricho. O libro é realmente abraiante, xa que consegue que nós, os adolescentes, nos paremos a pensar en que é a vida, e por qué a vivimos. Consegue que nos paremos a pensar en que se estamos aquí é por algo, e que querer extragar as nosas vidas por unha tontería non merece a pena. O feito de que Carlos nos explicase por qué, durante a lectura do libro, fose colocando coches de xoguete enriba dunha mesa, sempre se me quedará grabado; xa que ese ano, foron moitos os falecementos de xovenes por accidente de coche.
    Xa para rematar, decir que o agasaio de Carlos Negro foi inesperado pero recibido cos brazos abertos; esas liñas que nos regalou para que nós llas regalásemos a alguén teñen un gran sentido sentimental.
    A charla realizada por Carlos, encantoume.


    Isabel Varela Iglesias.
    1ºBAC B.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo13/6/12

    Carlos Negro, autor do libro “ Makinaria “ visitou o noso IES para interpretarnos a súa poesía . O que pretende este autor coa súa poesía é que todos os seus lectores sexan capaces de sentir cada un dos momentos dos poemas.
    Na miña opinión o tempo que Carlos compartiu connosco foi moi entretido, e como non podía ser doutra maneira conseguíu o obxectivo co que él escribiu esta poesía. Dende o comezo Carlos púxolle un especial ton de voz a forma de trasmitirnos dunha maneira especial “ Makinaria “ e que sen a sua presencia non seriamos capaces de interpretala así. Según ía contando cada poema sorprendíanos e quedabámonos con ganas de saber mais. Ao longo do tempo en que ía interpretando a poesía colocaba encima dunha mesa coche, que todos nos estamos preguntando, porque os colocaba. Despois de rematar a poesía Carlos explicounos que o número de coche que estaban colocados encima desa mesa eran as mortes que houbo no último ano por accidente de tráfico. Ao final de todo, Carlos non deixou de soprendernos e, entregounos un sugus e un poema escrito por él pa que o compartisemos con alguien.
    Foi a primeira vez que tiven a oportunidade de que un autor interpretase un libro e facer que os que o leramos antes notásemos a diferenza de lelo sos na nosa casa a compartilo. Espero que todos os que teñan a oportunidade de ter a Carlos Negro interpretando “ Makinaria” aprobeiten o momento porque merece moito a pena.

    Raquel Cagide Tarrío 1ºBAC C.

    ResponderEliminar
  14. Anónimo14/6/12

    Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  15. Anónimo14/6/12

    O dia 30 de mayo Carlos Negro, que é un escritor do libro "Makinaria" e profesor de galego que tamen estivo en Melide de profesor.
    Este ano, ese dia veu a contarnos a triste historia de un mozo que tivo un accidente nun coche, debido por acceso de velocidad.
    foi unha charla moi divertida con moitas risas.
    O libro e triste pero moi bonito, vale a pena leeer este maravilloso libro :)

    VANESSA TARRIO LOPEZ 1ºBAC C

    ResponderEliminar
  16. Anónimo14/6/12

    O libro Makinaria pareceume moi interesante,sobre todo para o público adolescente,xa que ten un contido co que todos nos podemos sentir identificados algunha vez.
    A lectura que nos veu facer o autor do libro ao Ies pareceume moi interesente porque lle puxo moito sentimento e non me pareceu o mesmo libro lendo eu a como o leu el.

    NOELIA NÚÑEZ ADÁN 1º BACH B

    ResponderEliminar
  17. Anónimo14/6/12

    O pasado 30 de maio veu Carlos Negro ao IES lernos o seu libro "Makinaria", pois o seu obxectivo era mostrarnos a diferenza entre ler e escoitar poesia. E así o fixo, a impresión e moi distinta e esta charla encantoume... En eespecial a parte que semella que estas lendo rap.
    IRIA ADÁN PENAS 1ºB

    ResponderEliminar
  18. Anónimo14/6/12

    O pasado 30 de maio, Carlos Negro visitou o Ies de Melide co obxectivo de mostrarnos claramente o significado do seu libro " Makinaria " e ensinarnos outra idea de poesía da que nós tiñamos entendido.
    Dende un principio Carlos adentrounos na suposta viaxe do contido do libro, e así o fixo, dunha forma moi amena e divertida. Mostrounos a realidade na que vivimos, poñendonos o claro exemplo de todos os adolescentes que morren por causa do exceso de velocidade a que conducen e así facendonos reflexionar de todas as desgrazas que acontecen día a día na nosa sociedade.
    En conclusión, con esta visita poidemos aprender diferentes cousas que nunca chegamos a valorar e non poñendo en dúbida que o meior modo de entender este libro foi grazas a interpretación que fixo o seu propio autor.
    Noelia Fernández Sanguiao 1º Bach C

    ResponderEliminar
  19. Anónimo14/6/12

    O 30 de Maio visitou o noso instituto o escritor lalinense, Carlos Negro, para ensinarnos a esencia do seu libro "Makinaria".
    A medida que poñía en escena a poesía do seu libro, dunha maneira especial e divertida, ía colocando enriba dunha mesa coches de xoguete que simbolizaban os rapaces que morrían nas estradas cada ano en Galiza. E de isto trata o seu libro; de un mozo ao que lle gustan moito os coches e a velocidade, pero un sábado a noite perde o control totalmente e morre.
    Conmoveunos a historia e a posta en escena foi maravillosa. Mereceu a pena :)

    Irune Fernández 1ºBAC B

    ResponderEliminar
  20. Anónimo15/6/12

    Personalmente non tiña unha idea boa da poesía, sempre a vin como un término "aburrido" e difícil de comprender; no momento en que lin o libro, dinme conta de que a poesía podía transmitirnos moitas sensacións e chegar ao fondo de nós, facéndonos reflexionar. Na charla de Carlos Negro, el propoñíase darnos a coñecer o verdadeiro significado da poesía, conseguir que nos gustara e que a entendéramos; conmigo, conseguiuno.
    Gústoume o libro e sobre todo gustoume a maneira que tivo o autor de facernos chegar o seu propósito á hora de escribir "Maquinaria": facernos reflexionar sobre a vida que moitos adolescentes levan e as súas consecuencias. Intentar que nos deamos conta de que as decisións que tomamos afectan ao noso futuro; por tanto, que hai que vivir, porque só temos unha vida, pero pensando nas consecuencias que poden ter os nosos actos, porque quizáis nos arrepintamos, ou pode que nin sequera teñamos tempo a arrepentirnos..
    Recomendaría o libro e pareceume moi acertada a maneira de expresar a historia; con respecto a chala, tamén me gustou moito e o detalle dos coches pareceume unha moi boa maneira de facernos ver a realidade.

    Elena Varela, 1º BAC B.

    ResponderEliminar
  21. Anónimo16/6/12

    Fálanos de poesía e agachamos a cabeza pansando "outra vez non" pero con makinaria todo é diferente. Nada de expresións aburridas e difíciles de entender porque este libro fala a nosa linguaxe, a dos adolescentes, e con el a ensinaza vai máis alá porque gracias a este libro e a Carlos Negro,que visitou o IES,podemos decir que a poesía é un modo de vida e que cando menos o esperas a vida sorpréndete, da igual que teñas moitas experiencias por vivir,que nunca foras a ese lugar ou que non atoparas o amor da túa vida porque pase o que pase ese será o teu último alento só por facer o parvo, sentir esa adrenalina ou simplemnte por poñer obstáculos onde non os hai.
    Por iso creo que Carlos Negro e a súa "particular charla" foi un éxito xa que facer pensar sobre ese tipo de cousas ós adolestentes é moi difícil.

    Lara,1º BAC B

    ResponderEliminar
  22. Anónimo17/6/12

    Con este poemario Carlos Negro achégase aos adolescentes xa que usa unha linguaxe máis sinxela.
    Persoalmente o que máis me gustou foi This is the end que é a última parte do poemario tráxica. Nela preséntase a visión através dos familiares máis próximos, pero tamén a conversa da Morte co falecido.
    A finalidade deste poemario é concienciarnos sobre a prudencia que debemos ter o volante.

    Leticia, 1ºBAC B

    ResponderEliminar
  23. Anónimo17/6/12

    O escritor Carlos Negro a través do seu libro Makinaria intenta achegarse aos adolescentes, facéndolles ver que hai que ser máis prudentes á hora de tomar decisións. Á hora de sair, de coller o coche baixo os efectos nocivos do alcol e das drogas.
    O 30 de maio tivemos o privilexio de que Carlos Negro acudise ó noso IES, e nos fixese ver que non é o mesmo ler poesía que escoitala. Para min a charla foi moi entretida.
    Noemi, 1ºBAC B

    ResponderEliminar
  24. Anónimo17/6/12

    Makinaria a obra de Carlos Negro foi un libro que me impresionou bastante mentres o lía. Gustoume como representa a xuventude e a visión da vida que temos na que nos parece que comemos o mundo e non nos damos conta de que todo esto é pasaxeiro. Un dos poemas que máis me gustou e aínda que é forte, foi Game Over, no que o protagonista morre e dámosnos conta da crueldade e do perigoso que pode ser tomarse a vida como un simple xogo, e os xogos pódense gañar ou perder. E a morte do protagonista nunha curva polo exceso de velocidade representa a vida como xogo perdido.
    Por outra banda quero falar da charla que nos deu o propio autor no instituto, á que el mesmo non quixo calificar coma "charla" xa que desde logo non o foi. Leveime moi boas impresións porque poidemos escoitar como o propio autor lía e interpretaba o seu libro. Nunca vira unha cousa parecida e creo que é unha moi boa maneira de captar toda a nosa atención.
    Ana, 1ºBAC A

    ResponderEliminar
  25. Anónimo18/6/12

    Makinaria é un libro escrito por Carlos Negro, este escritor acudiu o pasado 30 de Maio ó noso centro a lernos o seu libro composto por varios poemas que narraban a historia dun rapaz que era un apaisoado dos coches e da velocidade e que finalmente morre na estrada nun accidente.

    A actividade gustoume moito, posto que Carlos recitou os seus poemas con moito entusiasmo e facía que nos participasemos, pero por outra parte foi un pouco triste xa que o rapaz morre e tamén vimos un vídeo que representaba con imaxes o poema no que se narra a morte do rapaz.
    En definitiva, pareceume un rato moi ameno e divertido no que fixemos algo diferente e que nos concenciou máis á hora de andar nun coche.

    Ángel Cabo, 1º BAC B

    ResponderEliminar
  26. Anónimo18/6/12

    O libro "Makinaria" de Carlos Negro, encántoume, cóntanos que nun segundo todo pode mudar sen poder remedialo: sempre a correr no coche pero un día non hai nada que facer. Tamén me gustou como reflicte a preocupación dos pais na casa e como é de difícil aceptar para iles a morte dun fillo.
    A charla de Carlos Negro fixo que entendera mellor a súa obra, ademais de pasar un rato agradable... a pensar antes de actuar.

    Alba Loureiro Vázquez 1º BAC/B

    ResponderEliminar
  27. Anónimo18/6/12

    Fai uns días tiven a sorte de acudir a unha das charlas que máis me impactaron dende que estou no IES Melide.
    Visitounos o escritor Carlos Negro,autor de Makinaria.
    Pola súa maneira de expresarse e comunicarse con nós(usaba a nosa linguaxe,moi en plan colega)fíxoseme unha charla moi interesante e entretida.Daríalle un 10,na súa forma de transmitir.
    Cando vin o vídeo,(púxoseme a pel de galiña)quedaba claro que alcohol e outras substancias non son compatibles co volante.
    Tamén me sorprendeu gratamente,polo orixinal e detallista que foi na súa despedida.
    Agardo poder escoitalo moitas máis veces,porque a verdade merece moito a pena.
    Javi Mosteiro 1BacB.

    ResponderEliminar
  28. Anónimo18/6/12

    Hai uns días Carlos Negro, autor do libro de poemas chamado Makinaria veunos dar unha charla diferente ás habituais charlas informativas que nos soen dar. El intentouse achegar a nos para que entenderamos porque escribiu esta obra e como se lle ocurriu a idea.
    A verdade é que despois de acudir a dita charla comprendín mellor o libro, xa que ca súa maneira de lernolo impactaba máis e entendialo mellor. Esta obra fíxoa para que nós, os xóvenes, nos concienciemos dos risgos que hai se se leva o coche en malas condicións(borracho ou baixo os efectos das drogas), para esto púxonos un cochecito de xoguete por cada morto que houbo nas estradas en Galicia durante un ano.
    Pareceume unha charla realmente interesante e entretida.
    Jessica Barreiro Vázquez 1ºBAC C

    ResponderEliminar
  29. Anónimo18/6/12

    Carlos Negro, autor de "Makinaria", acodíu ao instituto a dar unha charla e lernos o seu libro. A obra en particular gustoume moito, xa que nunca lera unha poesia con ese estilo, e ademáis incítate a seguir lendo. Fixo que a lectura do libro fora entretida, graciosa e conmovedora, cando tiña qe ser, para concienciarnos do verdadeiro significado de "Makinaria" (o perigo que ten conducir baixo o efecto de drogas como o alcohol e as súas consecuencias). Gustoume moito tamen o detalle de representar cos coches de xoguete, as mortes ao ano dos xóvenes nas estradas, e penso que ninguén se esperara que tiñan ese significado a medida que os iba colocando. Ainda que é a segunda vez que asisto, volveria a facelo e recomendaríalle a lectura do libro a todo o mundo.
    Pablo Laya Pereiro 1ºBAC-C

    ResponderEliminar
  30. Anónimo18/6/12

    Makinaria é un libro curto, sinxelo, fácil de ler e que nos fai reflexionar, nun simple intre a nosa vida pode cambiar radicalmente.
    Persoalmente o libro pareceume interesante, gustoume moito, e animo aos demáis a lelo.
    Lucía 1ºBAC A

    ResponderEliminar
  31. Anónimo18/6/12

    O pasado mes de maio o poeta Carlos Negro veu ao IES de Melide para ensinarnos a súa obra ``Makinaria´´, un libro cheo de enerxía e adrenalina que o autor soubo interpretar á perfección na charla. Ao falar de poesía pensamos en linguaxe complexa, difícil de entender pero en ``Makinaria´´ é diferente, tal como pon na reseña é un libro de versos tuneados, emprega a linguaxe dos mozos, linguaxe que a pesar de empregala habitualmente nos sorpende ao nos estar acostumados a ler este tipo de poesía. Carlos Negro fíxonos comprender que non é o mesmo ler que escoitar poesía, mostrounos o verdadeiro significado da súa obra, facéndonos reflexionar sobre o importante que é a responsabilidade ao volante e mantívonos intrigados colocando encima da mesa unha ringleira de coches cada vez que acababa de interpretar un poema que representaba o número de mortos no último ano por accidentes de tráfico.
    O poema que máis me gustou foi Game Over porque mostra á perfección as consecuencias de facer o tolo ao volante, preséntanos a vida unha vez que xa non podemos facer nada por ela.
    Paula 1BAC A

    ResponderEliminar
  32. Anónimo19/6/12

    O autor de "Makinaria" Carlos Negro veunos dar unha charla lendonos alguns poemas do seu libro, o seu libro e moi facil de leer e de entender.Nos fai reflexionar sobre que debemos facer e que non debemos facer.Por exemplo non coller o coche se vas bébedo xa que pos en risco a vida dos demais e da tua.
    Recomendariallo a moitas persoas para que sepan os riscos que non deben asumir para facerse o interesante.
    Rubén Mendoza Barbazán 1ºBac-C

    ResponderEliminar
  33. Anónimo19/6/12

    Makinaria para min significou unha forma diferente de leer poesía, algo novo pero á vez interesante e entretido.O autor, Carlos Negro,por medio do seu libro quixonos facer chegar unha mensaxe de forma divertida e entretida empregando unha linguaxe adolescente. Para a miña opinión foi un libro sinxelo pero cheo de enerxía. Cristina Varela 1º BAC B

    ResponderEliminar
  34. Anónimo19/6/12

    Makinaria é un gran libro de CArlos NEgro, é un libro especail e co cal non te aburres xa que conta unha realidade cun certo entusiasmo.Ademáis a interpretación que fixo o autor dos seus poemas foi moi entretido e polo menos para min fixome coñecer e interpretar a poesia dende un punto de vista divertido e especail,foi unha gran charla educativa e amena. Iria Souto Garcia 1ºA bac

    ResponderEliminar
  35. Anónimo19/6/12

    Makinaria é un libro do autor Carlos Negro, que veu a recitarnolo a este centro o pasado trinta de maio.
    Pareceume un evento moi entretido, xa que o autor interpretaba o relato moi metido no papel dende que o protagonista iba no coche ata que acaba morrendo por un acidente e o leva a morte.Foi un encontro moi divertido e ameno.
    Gutier Núñez 1º Bac A

    ResponderEliminar
  36. Anónimo19/6/12

    O pasado mes de maio veu ao centro do ies de Melide o autor do libro de makinaria que se chamaba Carlos Negro. Carlos leunos o libro de makinaria pero dende un perspectiva distinta a que nos tiñamos deste libro.Poidemos coñecer ben o que o libro nos queria decir que ao primeiro non se entendia moito pero grazas a súa forma de ler e de expresarse foi doado de entender.
    A min o poema que mais me gustou foi o de "nota necrolóxica" porque nos conta como a un simple coche nos pode arrebatar a vida nuns segundos e o que importamos despois de mortos
    Miguel Sánchez Carril 1ºA Bac

    ResponderEliminar
  37. Anónimo19/6/12

    A lectura de "Makinaria " , de Carlos Negro, pódenos achegar á mente lembranzas de miles de rapaces que rematan morrendo nas mesmas circunstancias ca o protagonista do poemario. Fala da insconciencia da mocidade e a velocidade ou sobre como un mozo pode perder a vida na estrada por ir bébedo ou por "esnifar unhas cantas raias" .

    Sen dúbida, unha poesía de lectura rápida, frenética e abraiante , que acompaña á obsesión pola velocidade, cun só destino: o cemiterio.

    Encantoume o libro, e sobre todo, a posta de escea da súa lectura , ademais do par de liñas que nos regalou.

    Fátima Amboage Santos , 1 BACH. C

    ResponderEliminar
  38. Anónimo20/6/12

    Que Carlos Negro viñera a expoñenos o seu libro pareceume unha gran idea, xa que ninguén mellor que o propio autor para expresar as emocións que quería transmitir con cada poema.

    Uxía Varela 1° Bac A

    ResponderEliminar
  39. Anónimo20/6/12

    Carlos Negro falounos e interpretou o seu libro MAKINARIA. Un libro de poesia moi sinxelo de ler. Conten uns temas pouco tratados noutros libros e con unha linguaxe adaptada para os máis novos.
    Un libro no que a morte, os coches "tuneados" e a velocidade son os protagonistas.

    Adrián García 1ºBac C

    ResponderEliminar
  40. Anónimo20/6/12

    Makinaria foi o libro que expuxo Carlos Negro o pasado mes de maio no Ies de Melide, o libro gustoume moito porque é sinxelo máis a vez entretenido, en canto a presentación foi moi divertida xa que o autor é a mellor persoa que nos pode contar o seu propio poema.

    Diego Mouriño López 1ºBac A

    ResponderEliminar
  41. Anónimo20/6/12

    Despois de leer o libro "Makinaria" xunto o seu autor Carlos Negro, o pasado 30 de Maio, entendín moito meior este libro de poesía. Xunto cá lectura que me pareceu espetacular A súa visita o Ies de Melide pareceume canto menos útil, xa que tentou concienciarnos de que teñas coidado cás decisión que tomamos posto que incluso poden levarnos a poñerlle punto final en menos dun segundo a eso tan preciado o que chamamos vida. Fixemos con el unha reflexión do que se adica últimamente a xente nova; só pensa en sacar o carnet e correr pola estrada como se tivesen o total manexo do automóbil e da súa vida sen escoitar os demáis e sen darse conta de que as cousas cambian en milésimas de segundo cando o destino está sobre unhas rodas pola estrada.

    Tania Fisteus Sesto 1ºBac C

    ResponderEliminar
  42. Anónimo20/6/12

    Maquinaria, libro de Carlos Negro, o cal no lo veu expeñer ao IES, é un libro no que resalta a súa gran forza, rapidez, sinxeleza, fluidez e en xeral o seu punto de vista da vida da maioría dos adolescentes da actualidade, unha vida sen límites, que en demasiados casos, acaba cun final tráxico.

    Adrián Salgado Gómez 1ºBac A

    ResponderEliminar
  43. Anónimo20/6/12

    O pasado 30 de maio Carlos Negro veu o instituto e recitounos o seu libro MaKinaria, este libro fainos refleionar, de que nun momento podemos perder a nosa vida e destrozar a dos demais. A charla foi plantexada de forma diferente o cal a fixo moito mais amena e divertida para nos.

    ResponderEliminar
  44. Anónimo20/6/12

    A charla a min gustoume moito xa que nos fixo reflexionar sobre que nun intre podemos perder toda a nosa vida e destrozando a vida dos que nos rodean. Pareceume que recitandonos o libro fixo a charla moito mais amena e diferente a como soen ser as charlas.Yolanda 1ºA bac

    ResponderEliminar
  45. Anónimo20/6/12

    Carlos negro, autor do libro Makinaria, estivo no IES de Melide para recitarnos os poemas da súa obra, fíxonos comprender as consencuencias que pode ter coller un coche dunha maneira inapropiada. A min pareceume xenial a charla, moi divertida e tamen moi triste nalgúns momentos, foi unha charla moi interesante e que rematou moi ben, cando nos deu uns papeliños con frases anotadas moi bonitas, que nós nos intercambiamos.

    maría V.A 1º BAC B

    ResponderEliminar
  46. Anónimo20/6/12

    Comezarei falando da miña opinión sobre o libro.Este libro pareceume moi interesante e entretido non só por utilizar unha xerga xuvenil senón porque detrás de esa poesía e esa linguaxe tan habitual entre os xóvenes,encóntrase unha historia que por desgraza é bastante habitual.

    Belén Veiga 1ºBac B

    ResponderEliminar
  47. Anónimo20/6/12

    O libro de Makinaria, de Carlos Negro, e sobre todo a súa charla, serviron para ver o que nun segundo pode cambiar a vida dunha persoa, e mais cando hai alcol e coches polo medio. Serviunos para darnos conta de que todo o que tes na vida, se pode ir nunha noite le locura. Fran Iglesias 1º BACH C

    ResponderEliminar
  48. Anónimo20/6/12

    Simplemente unha fabulosa charla e unha mellor interpretación de "Makinaria" ,e como ben dixo Carlos;a poesía podese leer,escoitar,falar cantar,rapear.. e cada un pode sacar impresións e ensinanzas moi diferentes.

    Alberto Álvarez Cebreiro 1BAC-A

    ResponderEliminar
  49. Anónimo21/6/12

    Makinaria foi un libro fácil de leer, fácil de entender e divertido. Pero ainda foi mellor despois da charla que deu Carlos no IES de Melide por que non é o mesmo, leer un libro coma este que, escoitalo. A min o libro encantoume, e recomendariao a omita xente.

    Javier Sesar 1º BAC-A

    ResponderEliminar
  50. Anónimo21/6/12

    Carlos Negro deleitounos coa lectura do seu libro "Makinaria" no I.E.S de Melide. Esta "charla" foi entretida, pero sobretodo significativa. Carlos amosounos o verdadeiro significado do seu libro, ou como dixo el, deixounos ver outro máis. Meteunos na menta que hai que concienciarnos co que facemos, xa non so cando collemos o coche se non en toda a adolescencia.
    Como conclusión queda neste blog que me gustou moito, sobretodo o xesto de ir deixando os coches enriba da mesa.. e acabar decindo que era en honor a todos os rapaces que morreran por accidentes de coches nun ano.. Remato animando a que este autor volva a lerlles o seu libro a outros compañeiros do centro no próximo curso.


    Nuria Rouco Mejuto 1º BAC A

    ResponderEliminar
  51. Anónimo21/6/12

    Gustoume moito que o propio autor, Carlos Negro, nos lera o seu libro, xa que penso que nadie nos podería transmitir mellor ca el os sentimentos de cada poema, e o significado final do libro.

    Iraia 1ºBAC A

    ResponderEliminar