07/03/12
A muller traballadora na banda deseñada
Hoxe, día da muller traballadora, recomendámosvos dous cómics nos que aparece reflectida a súa situación .
No primeiro, Lulú, mujer desnuda, de E. Davodeau, cóntasenos, dunha maneira moi orixinal, o relato dunha muller de mediana idade que, farta da súa vida aburrida, decide dar un cambio. A súa enésima entrevista de traballo fallida impulsaraa a unha impredicible aventura que lle permitirá descubrirse como realmente é, e non como os demais quixeron sempre que fose. O día en que decide non volver á casa, cambiaralle totalmente a vida e Lulú converterase nunha persoa totalmente nova.
No segundo, Persépole, de Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é á súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Tamén nesta obra aparece reflectido o papel da muller na sociedade. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario