Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas,
presentouse na feira do libro en Lugo O
misterioso Dr. Saa, obra escrita pola nosa compañeira no centro, Belén
Fernández Guzmán, e polo que tamén foi profesor no noso IES, Xosé Díaz Díaz.
Esta biografía recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, tamén coñecido como
o conde de Waldemar, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século
XX, acadou sona internacional como ilusionista. Os autores pretenderon render
unha homenaxe á memoria e lenda do home e artista que percorreu case todo o
mundo deixando a súa maxia.
Os autores consideran ao ilusionista Waldemar como un emigrante, como
tantos outros que tiveron que marchar para buscar vida fóra, que tivo a
valentía de dedicarse a algo tan pouco habitual naquel tempo como era o
ilusionismo.
Parabéns ao autor e á autora que con esta obra rescataron do anonimato un
personaxe tan importante como este que actuou para reis, xefes de estado e
incluso un emperador, e do que moitos de nós nunca oiramos falar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario