1910: A Internacional Socialista, reunida en Copenhague, proclamou o día da Muller de carácter internacional coma homenaxe ao movemento a favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal.
1911: Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de homes e mulleres. Ademais do dereito ao voto e a ocupar cargos públicos, reclamaron o dereito ao traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.
Menos dunha semana despois, máis de 140 mulleres morreron no tráxico incendio da fábrica textil Triangle en Nova Iorque . Este suceso tivo graves repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia as condicións laborais que conduciron ao desastre.
1913 a 1914: No marco dos movementos en pro da paz que xurdiron en vísperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primer día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitíns ó redor do 8 de marzo para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.1917: O 8 de marzo as mulleres rusas movilízanse reclamando “paz e pan”
1977: As Nacións Unidas adopta unha resolución proclamando o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.
2012: O 8 de marzo reclámanse os dereitos de todas as mulleres en todos os ámbitos. Un ano máis, demándanse novos dereitos para as mulleres, deféndense os xa conquistados e lóitase contra aquelas leis que as discriminan ou que rexeitan o principio de igualdade de sexos e de oportunidades. Despois dun século, en numerosos lugares do mundo as mulleres seguen demandando dereitos básicos como acceder á educación, á cultura, ao traballo e á política. Algunhas das reivindicacións das mulleres de principios do século XX seguen vixentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario