Cando tocou o timbre, así de rápido, quen quixo puido acudir á aula moi ben acompañd@: cun libro e unha flor.
"Unha viaxe a través da literatura" é a frase que serviu de título para establecérmonos de novo coa radio na biblio e camiñar cun grupo de alumnado que ten neste asunto moito que dicir.
A nosa compañeira Paloma, de Lingua Castelá, conduciu unha conversa amena con alumn@s de Colombia, Venezuela, Marrocos para achegármonos á súa andaina lectora dentro e fóra das nosas fronteiras.
A Semana do Libro comezou traendo a radio á biblio. O 22 de abril, en vésperas do Día do Libro, a nosa compañeira de Lingua Galega, Pilar Lado, entrevistou a Moisés Barcia, tradutor e membro de Rinoceronte Editora, a primeira editorial especializada na publicación de obras traducidas ao galego.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou o primeiro concurso de videopoemas e foi todo un éxito!!
Outra das actividades realizadas consistiu nunha tarefa interdisciplinar entre os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. A rapazada converteuse por un día en pintoras e pintores creando un mural de debuxos que representaban cadanseu poema.

Ademais confeccionouse un tendal de "poemas para levar" e tod@s marchamos ás aulas colgad@s nun verso.
Tamén se organizou un recital poético en diferentes linguas como en francés:
...e en portugués:
Ademais, desde o Departamento de Matemáticas levouse a cabo un pyema: unha oda ó número PI.
Esta data fíxose visible desde os corredores do centro coa exposición de cartaces relativos a mulleres que fixeron camiño.
Ademais, o Departamento de Música elaborou unha listaxe de mulleres galegas especialistas no oficio: compositoras, músicas de diferentes estilos...
O noso equipo de " Tecendo historias" contou para esta data con dúas avoas tecelás, que nos deixaron abraiados/as coa súa destreza no manexo do gancho e das agullas. Que grandes mestras!
Por outra banda, este curso, dende a biblioteca, reivindicouse a figura de Irene a Porteira, a través dunha unidade didáctica baseada no cómic de Xulia Pisón, enviada ao profesorado, para que puidese traballar nas aulas.

Finalmente e, como non, tamén a biblio foi o lugar de encontro do equipo " Estela lila" que se creou este curso e arrancou con brío para dar visibiliade a todos os colectivos sociais desfavorecidos. Comezouse coa lectura dun manifesto
Arriba, no segundo andar da nosa biblio, un grupo de profesoras fixeron unha pequena homenaxe a "Las Sinsombrero", mulleres artistas ( escritoras, pintoras, actrices...) correspondentes á Xeración do 27, que mostraron a súa rebeldía ao prescindir do sombreiro, atavío feminino normativo na sociedade da época. Mulleres para quitar o sombreiro.

"Para dicirche de onde veño, téñoche que sacar a lingua"
( YOLANDA CASTAÑO)
Así comezou o alumnado de 4º de PDC a identificarse porque na mesma data celebramos na biblio a lingua e a obra rosaliá. E as dúas se foron nobelando a un tempo.
"Castellanos de Castilla", "A xustiza pola man" e "Unha vez tiven un cravo" foron recitados polos nosos e nosas Penélopes que tamén celebraron o Día da Lingua Materna con calas, lirios, camelias e colchas de la para abrigar poemas.
de pel
ou de polpa de pexego
ou de pedir plural
ou de papoula e pan
ou de pentagrama e poema
Con...
A
de amor
ou de antes menos ca agora
ou de ás veces atoladamente
ou de amenceres de alecrín amarelo
Con...
Z
de zume
ou de zugar na vida
ou de máis zoooooom para a paz
Con esta dramatización comprendemos que a soberbia é sempre mala compañeira. A deusa Atenea tivo compaixón de Aracne e salvoulle a vida, pese á súa rabia e envexa, pero castigouna converténdoa en araña e condenouna a tecer para o resto dos seus días
E marchamos, esvarando na espiral dun verso do puño e letra de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, á calor da cheminea fabricada polo alumnado do Ciclo de Madeira e exposta na entrada do centro.
Así, nesta tarxeta postal perfumada de lavanda e ideada pola coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística, Marga Quintela.
E antes de nos ir de vacacións, a nosa biblio foi o lugar de entrega e recolla de libros, atendendo ao lema" Agasalla un libro".
Enriba da mesa envoltas e anoadas cun lazo encarnado, @s mag@s deixaron aquí as nosas lecturas favoritas.