Esta data fíxose visible desde os corredores do centro coa exposición de cartaces relativos a mulleres que fixeron camiño.
Ademais, o Departamento de Música elaborou unha listaxe de mulleres galegas especialistas no oficio: compositoras, músicas de diferentes estilos...
O noso equipo de " Tecendo historias" contou para esta data con dúas avoas tecelás, que nos deixaron abraiados/as coa súa destreza no manexo do gancho e das agullas. Que grandes mestras!
Por outra banda, este curso, dende a biblioteca, reivindicouse a figura de Irene a Porteira, a través dunha unidade didáctica baseada no cómic de Xulia Pisón, enviada ao profesorado, para que puidese traballar nas aulas.
Finalmente e, como non, tamén a biblio foi o lugar de encontro do equipo " Estela lila" que se creou este curso e arrancou con brío para dar visibiliade a todos os colectivos sociais desfavorecidos. Comezouse coa lectura dun manifesto
Arriba, no segundo andar da nosa biblio, un grupo de profesoras fixeron unha pequena homenaxe a "Las Sinsombrero", mulleres artistas ( escritoras, pintoras, actrices...) correspondentes á Xeración do 27, que mostraron a súa rebeldía ao prescindir do sombreiro, atavío feminino normativo na sociedade da época. Mulleres para quitar o sombreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario