22/03/24

DÍA DE ROSALÍA



    "Para dicirche de onde veño, téñoche que sacar a lingua"

                   ( YOLANDA CASTAÑO)

Así comezou o alumnado de 4º de PDC  a identificarse porque na mesma data celebramos na biblio a lingua e a obra rosaliá. E as dúas se foron nobelando a un tempo.







No Día de Rosalía a tarima da nosa biblio teceu os seus poemas  a toda cor .Foi sen dúbida un día ben  florido.



"Castellanos de Castilla", "A xustiza pola man" e "Unha vez tiven un cravo" foron recitados polos nosos e nosas Penélopes que tamén celebraron  o Día da Lingua Materna con calas, lirios, camelias e colchas de la para abrigar poemas.











 

Ningún comentario:

Publicar un comentario