27/02/24

VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ


Onte veunos visitar ao Club de Lectura a escritora Antía Yáñez, para falarnos da súa novela "Non penses nun elefante rosa"








Antía contounos que un tema tan serio como o da saúde mental pode abordarse desde o sentido do humor, pois iso é o que nunca perde a protagonista, pese a perder a estabilidade. Díxonos que non hai perfís cando se trata de transtornos da personalidade e que calquera, en calquera momento da vida, pode sentir   sen ningunha razón que o elefantiño chama e ...toc, toc, xa está  na súa porta. Porque calquera pode ter un TOC. 



                



                         





















Ningún comentario:

Publicar un comentario