27/10/15

CERTAME LITERARIO "RELATOS TERRORÍFICOS"



CERTAME LITERARIO

"RELATOS TERRORÍFICOS SAMAIN 2015"

A VICEDIRECIÓN, A BIBLIOTECA, o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES de Melide, convocan o Certame Literario
"RELATOS TERRORÍFICOS"

BASES:
1. Poderá participar no Certame calquera alumno ou alumna do Centro.
2. Os relatos presentados deberán ter un carácter “terroríficamente aterrador” e relacionados co momento do Samain.
3. As obras presentadas deberán estar escritas en lingua galega.
4. A extensión dos traballos a presentar é libre.
5. O xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
6. Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na Conserxería do Centro antes do 13 de novembro de 2015.   
7.  Os premios serán entregados nun acto na Biblioteca.
8. CATEGORÍAS:
Categoría Meigallo: alumnado de 1º e 2º ESO.
Categoría Poción:  alumnado de 3º e 4º ESO.
Categoría Santa Compaña: alumnado de Bacharelato.
9. PREMIOS:
Haberá un premio para cada categoría:
Tres semanas de bocatas gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.            


26/10/15

SOÑANDO CON ALICIA OUTROS MUNDOS

Esta é a magnífica homenaxe que @s alumn@s de Literatura Universal fixeron a L. Carroll con motivo do 150 aniversario da súa obra Alicia no País das Marabillas:

24/10/15

DÍA DA BIBLIOTECA



Un ano máis, celebramos o Día da Biblioteca. E facémolo cunha primicia, ao conseguir descubrir o segredo mellor gardado do País das Marabillas 150 anos despois de ser creado pola imaxinación de L.Carroll: un pequeno edificio escondido tralas árbores do bosque. Será mellor deixar que nolo conte Diego Arboleda:

«Con motivo del Día de la Biblioteca, quiero compartir con vosotros un secreto: el Conejo Blanco casi siempre tiene prisa.
Quizá algunos penséis que esto no tiene mucho que ver con las bibliotecas y que, además, como secreto, deja bastante que desear.
Alicia en el País de las Maravillas se publicó hace 150 años, y desde entonces los lectores de todo el mundo han sabido que el conejo llega tarde, demasiado tarde, y por tanto tiene prisa.
Reconoceréis, eso sí, que no es un conejo cualquiera. Que sepamos, este es el único conejo que usa chaleco y reloj de bolsillo, lo cual plantea una incógnita: si tiene reloj, ¿por qué siempre llega tarde? ¿Quién es culpable de la tardanza? ¿El conejo o su reloj? Los expertos no se han puesto de acuerdo sobre este punto, que ha provocado graves discusiones entre veterinarios y relojeros. Y si se alude al chaleco, es aún peor. Solo hay una cosa más peligrosa que una discusión entre un veterinario y un relojero, y es una discusión entre un veterinario, un relojero y un sastre. Es mencionar el asunto y se desenvainan todo tipo de agujas (hipodérmicas, de coser y de reloj).
Así que mejor volvamos al secreto. El Conejo Blanco casi siempre tiene prisa. Corre porque tiene miedo de que la Duquesa y, sobre todo, la Reina de Corazones ordenen que le corten la cabeza. Pero vosotros, que aún conserváis la vuestra, concentraos en ese casi. Es la clave, el secreto mejor guardado del País de las Maravillas.
Casi siempre. ¿Cuándo no tiene prisa el Conejo Blanco? Solo cuando visita un pequeño edificio escondido tras los árboles del bosque: la biblioteca.
El conejo se toma su tiempo para curiosear entre las abarrotadas estanterías. Tiene un libro en mente pero, cuando se acerca a cogerlo, no puede evitar fijarse en el tomo que lo precede, y en el de más allá (y, como ya sabéis, en una biblioteca, el libro de más allá es al mismo tiempo el libro de más acá de otro libro que está a su lado…). Demasiadas opciones. Lleva tiempo elegir un libro. El conejo sabe que se encuentra en el hogar de la lectura, y la lectura es un placer que se disfruta sin prisa.
Aunque nadie haya mencionado antes esta biblioteca secreta, no lo dudéis, hay una en ese extraño mundo que visitó Alicia. No puede ser de otra forma. Pues a pesar de contar con el Sombrerero Loco, el Gato de Cheshire y la Oruga Azul, a pesar de todos los animales fantásticos y las extraordinarias cosas que allí suceden, todo eso no es suficiente para ganarse el nombre que ese mundo tiene. Un lugar nunca podría llamarse País de las Maravillas si entre sus maravillas no se contara una biblioteca».

Pola nosa  parte, sempre o sospeitamos. E decidimos celebralo como corresponde, organizando “unha tola festa do té” á que, por certo, o coello tamén chegou tarde.


                  
                          

15/10/15

BENVIDOS


Comezamos un novo curso no que compartiremos lecturas, actividades e soños. E, nesta ocasión, facémolo baixo o lema proposto para a campaña anual de bibliotecas escolares: "Biblioteca escolar, base de exploracións", que “chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, botan ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido”.
Pola nosa parte, desde a biblioteca Xaquín Yebra, unímonos a este afán explorador, investigando, por segundo curso, as capacidades e destrezas que fan de nós os orgullosos herdeiros do Homo Habilis


05/06/15

ALICIA CUMPRE 150 ANOS



Este ano celébrase o aniversario da publicación de Alicia no país das marabillas, escrita polo profesor de matemáticas en Oxford Charles Lutwidge Dogson, máis coñecido baixo o pseudónimo de Lewis Carroll.
O 4 de xullo de 1862 Lewis Carroll daba un paseo en barco polo Támese acompañado dun reverendo e as tres irmás Liddell: Lorina Charlotte, Alice e Edith, de trece, dez e oito anos, respectivamente, e para entreter as pequenas comezou a contarlles as historias que se lle ían ocorrendo, ás que chamou As aventuras subterráneas de Alicia. Publicou o libro baixo o título co cal é coñecido, e coas ilustracións do debuxante satírico John Tenniel. Foi un éxito inmediato e en 1872 escribiu a segunda parte: A través do espello e o que Alicia encontrou alí. Dende entón o Coello Branco, o Sombrereiro, a Eiruga azul, o Gato de Cheshire ou a Raíña de Corazóns son algúns dos personaxes máis famosos da literatura universal. 
Teiroa Teatro, @Recortados (grupo musical formado por alumnos da materia de Música de 1ª de Bacharelato) e o Consorcio para a Promoción Musical do IES de Melide, dentro das actividades desenvolvidas polo grupo de Biblioteca Xaquín Yebra baixo o título "Homo Habilis", homenaxean a L. Carroll, un creador, un pensador, un artífice do pensamento e da palabra, no 150 aniversario da publicación da súa obra.
Baixo a dirección de Afonso García e Marga Quintela, Teiroa Teatro presentará unha adaptación da obra de Carroll, titulada "Alicia no país dos soños". Entre os soños de Alicia irán xurdindo, interpretadas polo grupo @Recortados, dirixido por David Canoura, as notas do Yellow Submarine (Beatles), Thriller, Black ou White (Michael Jackson), Sex Bomb (Tom Jones)...
Parabéns a tod@s!!!

04/06/15

DÍA DO MEDIO


"O home é un ser complexo: fai florecer o deserto e morrer os lagos"
                                                                                                                         Gil Scott-Herson.


O Día Mundial do Medio Ambiente  ten como obxectivo sensibilizar á opinión pública respecto da necesidade de preservar e mellorar o medio. Este ano celébrase baixo o lema "Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación". O benestar da humanidade, depende da xestión responsable dos recursos naturais do planeta.
Segundo ás Nacións Unidas en 2050, se continúan as actuais pautas de consumo, e cunha poboación mundial que crece e que se espera que alcance os 9,6 mil millóns, necesitariamos tres planetas para manter os nosos actuais modos de vida e consumo. O Homo Habilis tamén ten as súas sombras. 



          




A extinción de especies é un fenómeno natural, porén, a taxa de desaparición á que se enfrontan actualmente as especies é cada vez maior, sobre todo a causa das actividades humanas, situación á que non é allea Galicia. Estímase que aproximadamente 47 especies de flora ou fauna desaparecen do noso planeta cada día, algo que antes da influencia do home ocorría nunha escala temporal moito máis ampla, de ata millóns de anos. Este  proceso non só provoca a perda irreversible de diversidade biolóxica, senón que frea procesos de benestar en temas de saúde, alimentación e enerxía.
 O Catálogo galego de especies ameazadas inclúe 74 taxons na categoría de especies en perigo de extinción. Considéranse así aqueles taxons ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causais da súa actual situación seguen actuando.