Comezamos un novo curso no que compartiremos lecturas, actividades e soños. E, nesta ocasión, facémolo baixo o lema proposto para a campaña anual de bibliotecas escolares: "Biblioteca escolar, base de exploracións", que “chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, botan ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido”.
Pola nosa parte, desde a biblioteca Xaquín Yebra, unímonos a este afán
explorador, investigando, por segundo curso, as capacidades e destrezas que fan
de nós os orgullosos herdeiros do Homo Habilis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario