O proxecto,"Sintetizando....as moléculas", realizado por alumnado de 2º de
ESO pretende que este comprenda a diferencia entre átomo e molécula. Para
iso, empregáronse boliñas de porexpán pintadas utilizando un código de cores de
modo que cada cor represente un tipo de átomo; e as boliñas (átomos) unironse
entre sí (enlaces) con cilindros de madeira (“brochetas” para cociña). Por
outra banda, o proxecto persegue traballar a competencia dixital do alumnado xa que ó longo do mesmo requeriuse que o alumnado traballese con diversas ferramentas
TIC.
Para levar a cabo o proxecto seguíronse as
seguintes etapas:
-
Utilizanción dun applet para a
visión 3D de moléculas, de modo que cada alumn@ ou grupo escolleu unha molécula
das que a profesora propuxo.
-
Búsqueda de información sobre a
molécula escollida e síntese da mesma nun documento de drive que cada alumn@ ou
grupo compartiu coa profesora para a súa corrección.
-
Mercar o nº de boliñas de porexpán
necesarias e pintar co código proposto para tódolos traballos.
-
“Montar” as moléculas apoiándose
no visualizador 3D antes mencionado.
-
Elaboración dunha
videopresentación ou vídeo onde se expoña a información recollida sobre a
molécula en cuestión.
-
Crear un código QR que enlaza ó
vídeo anterior.
-
Exposición dos traballos
realizados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario