Que son as cúpulas de Leonardo?
Escondidos nun recuncho dos
escritos de Leonardo da Vinci (Arquivo da biblioteca Leonardiana
http://www.leonardodigitale.com toque “Browse” seleccione “Codex Atlanticus” e
vaia ata as páxinas 889 e 890), hai estes debuxos. Non se sabe se, en tempos de
Leonardo, se construíron realmente estas estruturas, pero hoxe, 500 anos
despois, estes esquemas aínda nos abren as portas a descubrir e levantar de
verdade estas interesantes cúpulas.
Nas once estruturas, o único elemento constructivo é unha peza
con 4 muescas. Non se necesita ningún tipo de elemento de unión xa que o propio
peso da peza é suficiente para manter a estabilidade da cúpula.
Estes 11 debuxos son todos de estruturas poligonais planas
periódicas por traslación, que se poderían continuar indefinidamente. Ao
deformar esta rede e bombeala, os polígonos deixan de ser figuras planas. É só
grazas á amplitud das muescas, que a cúpula se levanta, aínda que chega un
momento no que, ao esgotarse as tolerancias, as pezas xa non encaixan.
Cales son os obxectivos da actividade?
- Coñecer as 11 posibles estruturas de cúpulas que ideou Leonardo da Vinci.
- Descubrir as ideas de Leonardo da Vinci para conseguir pasar dunha estrutura plana a unha curva
- Potenciar a creatividade e a habilidade para a construción das distintas estruturas.
- Facer ver a importancia do traballo en equipo entre o alumnado
- Mostrar unha aplicación das matemáticas á vida real.
Ningún comentario:
Publicar un comentario