Este ano, con motivo da celebración do día internacional contra a violencia
de xénero, o Departamento de Lingua castelá decidiu centrarse na figura
da escritora galega dona Emilia Pardo Bazán, considerada unha das pioneiras do
movemento feminista no noso país.
A condesa estivo sempre rodeada de polémica, non só por as ideas
progresistas sobre a muller recollidas nos seus escritos, senón tamén por o seu
propio estilo de vida, que chocaba co esperable dunha aristócrata da súa época.
Separada do seu marido, quen non apoiaba a súa vocación literaria, foi a
primeira muller en ocupar unha cátedra de Literatura na Universidade e foi
rexeitada tres veces a súa solicitude de ingresar na RAE polo simple feito de
ser muller.
Os alumnos de 4º de ESO, que estudan a literatura realista e naturalista da
segunda metade do século XIX en lingua castelá, profundizaron na vida e na obra
da célebre escritora, pero sobre todo, nas súas ideas revolucionarias sobre a
muller. Para iso fixeron exposicións orais na clase, viron documentais, e tal
como vos amosamos, buscaron citas dispersas nos seus escritos nos que se
recolle o pensamento da condesa. Herdeira do pensamento ilustrado do seu
paisano Feijoo, abundan aquelas citas que proclaman o dereito da muller a un
ensino de calidade. Destacamos tamén aquelas nas que se proclama o dereito a
traballar o intelecto e non o aspecto, a non ser as perfectas amas de casa ou
renunciar a ter fillos. Finalmente vemos tamén a denuncia das mortes desas
mulleres anónimas asasinadas por os seus maridos .
Biblomelide Biblomelide de Slidely by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario