O Día Mundial da Filosofía
celébrase todos os anos o terceiro Xoves de Novembro e ten como finalidade
fomentar o pensamento crítico e independente.
"O
pensamento filosófico é unha ferramenta que acompañou ao ser humano desde a súa
aparición na terra e foi o elemento central para que este evolucionara e
transformase a súa contorna ata chegar ao que hoxe é o noso planeta e todos os
seus desenvolvementos. O pensamento filosófico permea a todos os seres humanos
e inflúe nas súas actividades cotiás á marxe de que estes o saiban ou o
ignoren. O pensamento filosófico foi e é o camiño cara a unha calidade de vida
caracterizada pola plenitude e a satisfacción”.
Estudo da UNESCO: "A filosofía, unha escola de liberdade"
Estas foron algunhas das actividades organizadas polo Departamento de Filosofía do noso Centro para celebrar este día:
Ningún comentario:
Publicar un comentario