24/02/10

FERRÍN, NOVO PRESIDENTE DA R.A.G.

A Real Academia Galega é unha institución xa centenaria que conta, desde o 23 de xaneiro de 2010, cun novo presidente, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis destacadas da cultura galega contemporánea. Pero fagamos un breve percorrido pola historia da R.A.G.
A traxectoria desta institución non foi doada e transcorre de xeito paralelo ás dificultades que padeceu históricamente a cultura galega. En 1905 fúndase a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana por iniciativa de Curros Enríquez e Fontela Leal. Un ano despois, en setembro de 1906, constitúese a RAG, presidida por Manuel Murguía, con corenta membros. Os obxectivos iniciais eran fundamentalmente lingüísticos e incluían a elaboración dun dicionario e unha gramática, pero estes proxectos demoraron moitos anos. Durante a presidencia de M. Murguía (1906-1923) comezouse a publicar o Boletín de la Academia Gallega. O seu carácter galeguista fixo que a Academia se vira envolta no medio de varias polémicas.
Na etapa que vai de 1923 a 1936 foron varios os presidentes: Andrés Martínez Salazar, Francisco Ponte Blanco, Eladio Rodríguez e Manuel Lugrís Freire .
Pero chega a Guerra civil española, que supuxo unha etapa de semiclandestinidade na que acceden á presidencia Manuel Casás Fernández, Sebastián Martínez Risco y Macías . Trátase dunha etapa de supervivencia na que o máis destacable é a presentación en 1963 dunha iniciativa que terá unha gran repercusión posterior: o Día da Letras Galegas, 17 de maio .
En 1972 a RAG estandarizou o deseño actual do Escudo de Galicia. Durante a presidencia de Domingo Garcia –Sabell (1977-1997) produciuse un acordo entre a RAG e o Instituto da Lingua Galega sobre as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982). A RAG foi recoñecida como entidade normativizadora do galego na Lei de Normalización Lingüística (1983). Creouse un Seminario de Lexicografía, que elaborou o seu primeiro dicionario monolingüe e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia.
Con Francisco Fernández del Riego e Xosé Barreiro Fernández (2001-2010) deuse un gran impulso á informatización dos fondos documentais.
En 2003 revisáronse as normas ortográficas e morfolóxicas e en maio de 2009 a Academia publicou un manifestó a prol da lingua galega, onde se reivindica a necesidade dunha presenza digna do galego en ámbitos como a xustiza ou o ensino. E é neste contexto onde X.L. Méndez Ferrín se pon á fronte da institución. Trátase dunha das figuras cimeiras da cultura galega contemporánea e unha das personalidades políticas máis decisivas das últimas décadas. Autor de obras como Estirpe, Percival e outras historias, Bretaña, esmeraldina entre outras moitas, recibiu varios galardóns e é presentado desde hai varios anos ó Premio Nobel de Literatura polo Pen Clube. Realizou ademais estudos de crítica literaria e labores de investigación e é colaborador no xornal Faro de Vigo. En definitiva, ten experiencia, capacidade de diálogo e firmeza suficientes para darlle un novo pulo a RAG.

21/02/10

UNA BALSA DE PIEDRA CAMINO DE HAITÍ


¿Cuántos Haitís? Ésa es la pregunta que J. Saramago se hace el 19/02/2010 en su Cuaderno. Y nos habla de “los otros mil Haitís que existen en el mundo, no sólo... esos que prácticamente están sentados sobre inestables fallas tectónicas para las que no se les ve solución posible, sino también... los que viven en el filo de la navaja del hambre, de la falta de asistencia sanitaria, de la ausencia de una instrucción pública satisfactoria, donde los factores propicios para el desarrollo son prácticamente nulos y los conflictos armados, las guerras entre etnias separadas por diferencias religiosas o por rencores históricos cuyo origen, en muchos casos, se perdió en la memoria aunque los intereses de ahora se obstinan en alimentar... Ésos son los Haitís que hay que salvar...Los muertos de Puerto Príncipe ya hacen compañía a los muertos de Lisboa (y aquí hace referencia al terremoto de Lisboa de 1755, ese día “Lisboa fue Haití”). No podemos hacer nada por ellos. Ahora, como siempre, nuestra obligación es cuidar de los vivos.”
Y para ello, para cuidar de esos “vivos que siempre estuvieron muertos porque la vida plena les fue negada, esclavos que fueron de señores, esclavos que son de la necesidad”, la Fundación José Saramago edita un libro cuyo precio íntegro (15 euros) será entregado a Cruz Roja. Los destinatarios son los sobrevivientes del terremoto de Haití. El libro elegido, La balsa de piedra, no ha podido ser más adecuado. En él, la Península Ibérica se aparta del resto de Europa, a causa de un cataclismo que ningún sismógrafo ha podido registrar. Comienza a navegar por el océano, primero con rumbo desconocido, y luego claramente orientada hacia América del Sur.... Como acostumbra, en su crítica moral y social, Saramago nunca afronta los problemas de frente, sino que los rodea bajo las formas de lo fantástico y lo alegórico, dejando al lector la tarea de comprender a dónde quiere ir a parar. En esta ocasión, la novela es un alegato contra la injusticia histórica, en la que unos pocos ostentan el poder y los privilegios, y otros muchos se quedan con la pobreza y la explotación. El planteamiento de la novela nos conduce a una utopía: la creación de un equilibrio en el cual la justicia sea accesible para todos, y especialmente para los países oprimidos a lo largo de la historia, despojados de su patrimonio económico y cultural.




20/02/10

21 SEGUNDOS

En la entrada anterior os hablábamos del Día Europeo por una Internet más Segura. En ella os ofrecíamos la posibilidad de ver el vídeo de la campaña 2010. Ya que nos parece muy revelador y os ha podido pasar desapercibido, aquí lo teneis. Son tan solo 21 segundos.

09/02/10

¡PIÉNSALO ANTES!

El Día Europeo por una Internet más Segura ( 9 de Febrero) se centra este año en el tema ¡Piénsalo antes! y está dirigido a concienciar a los menores de las consecuencias y el peligro que puede representar colgar en la red fotos o datos sobre su identidad. La campaña pretende que los menores de 18 años se planteen dos preguntas antes de colgar algo: ¿Estás dispuesto a que esa foto circule durante toda tu vida en Internet? ¿Estás dispuesto a que esa foto, incluso tus padres, la vea todo el mundo?
Siguiendo las normas que marcan La Comisión Europea, expertos en atención al menor, redes sociales de Internet y los grandes buscadores se han confeccionado unos consejos para que niños, adolescentes (y mayores) puedan navegar por la red de una forma más segura:
1. Piénsatelo antes de colgar algo;
2. Acuérdate de no divulgar información personal (contraseñas, teléfono, domicilio, datos bancarios);
3. No envíes fotografías sin permiso expreso de tus padres;
4. No compres por Internet sin la supervisión de un adulto, ni siquiera iniciar el proceso de la compra;
5. Si recibes un correo con contenido ofensivo...ignóralo; ¡no lo contestes!;
6. No fotografíes ni grabes a nadie sin su permiso y desde luego no cuelgues después en la red;
7. No conciertes citas con personas a las que se ha conocido por Internet;
8. Si te encuentras una información poco adecuada que no te gusta... díselo a tus padres o profesores;
9. Si te llega un correo de un desconocido... ¡no lo abras!;
10. Si te conectas desde un lugar público asegúrate de que cierras la conexión para evitar que alguien pueda hacerse pasar por ti;
11. Si haces un trabajo para el colegio... asegúrate de que la información que encuentras para hacer un trabajo es de un sitio serio y con garantías;
12. Si encuentras un sitio con la indicación “acceso prohibido a menores” pasa de largo.

O LONGO CAMIÑO CARA Á LIBERDADE


Este é o título da autobiografía de Nelson Mandela, no que narra, por primeira vez, a súa extraordinaria vida, unha vida adicada á loita contra a opresión racial en Sudáfrica. Esta loita fixo de el acreedor ao Premio Nobel da Paz e alzouno á presidencia do seu país.
Neste libro relata os seus primeiros anos de miseria como estudiante e pasante en Johannesburgo, o lento espertar da súa conciencia política, o conflito que supón reconciliar a actividade política e o amor pola súa familia, a anguriosa ruptura do seu primer matrimonio e a dolorosa separación dos seus fillos. Tamén narra as súas espectaculares actividades como dirixente na clandestinidade e o famoso Xuízo de Rivonia de 1964, no que foi condeado a cadea perpetua; os vintesete anos pasados en prisión; as complexas e delicadas negociacións que conduciron, tanto á súa liberación como ao principio do fin do apartheid. Tamén nos ofrece unha narración dende dentro dos inesquecibles sucesos acontecidos dende o momento da súa excarcelación ata a instauración definitiva en Sudáfrica dunha democracia multirracial.
Se che gustou O factor humano, non podes deixar de ler este emocionante libro. Posiblemente desexarás lelo outra vez.

03/02/10

NELSON MANDELA: ACARICIANDO LA UTOPÍA


Aprovechamos estas fechas para reflexionar sobre la figura de Nelson Mandela a través del libro de John Carlin: El factor humano. Nelson Mandela y el partido que salvó a una nación. Este libro está ambientado después de que Nelson Mandela saliera de la cárcel (en la que llevaba 27 años), y se convirtiera en presidente de Sudáfrica. En esos momentos, el país estaba dividido por 50 años de odio racial, que amenazaban con desencadenar una guerra civil. Mandela comprendió que tenía que conseguir la unión de blancos y negros, y vio con claridad que el deporte era una estrategia excelente para hacerlo. El mundial de rugby de 1995 le dio esa oportunidad. La final de aquel mundial culminó con la victoria sudafricana en el último minuto. Este acontecimiento, selló la reconciliación entre negros y blancos.
Este libro nos habla de un héroe de carne y hueso. Un hombre que fue capaz de ganarse a negros y blancos, en un país con una mayoría negra que debería haber exigido a gritos la venganza. Siguiendo el ejemplo de Nelson Mandela, que dio al mundo una lección de inteligencia y de capacidad de perdonar, Sudáfrica supo enterrar el hacha de la discriminación racial.
Tal y como afirma D. Tutu en el epílogo del libro, el valor más perdurable de aquel día es que todo lo bueno que ocurrió puede volver a ocurrir.

31/01/10

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

Como é ben sabido, o 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

O Día Escolar da Paz e a Non-Violencia foi declarado por primeira vez en 1964 e surxe dunha iniciativa de Educación Non-Violenta e Pacificadora, do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, concordia, respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz. Foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia en 1976.
O noso sistema educativo plantexa como unha das súas finalidades a formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos. É necesario traballar continuamente estes conceptos, pero isto non impide a existencia de datas concretas que nos fagan lembrar que aínda hai situacións sociais complexas.
Como reflexo que é da sociedade, a escola comparte os seus defectos, pero tamén nos proporciona a magnífica oportunidade de concienciar a tod@s na construcción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.
A proposta deste ano do Seminario Galego de Educación para a Paz ten por título: "Sobre os dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes". Precisamente, este ano, o SGEP eleborou un cartel conmemorativo do seu 25 Aniversario,co lema: "Para que a paz sexa algo máis ca un conto". Dende aquí os nosos parabéns e a nosa gratitude polo traballo que está a realizar.

J. D. SALINGER: UN "RECLUSO LITERARIO"

Jerome David Salinger (1 de Enero de 1919- Cornish, New Hampshire, 27 de Enero de 2010). Uno de los escritores más enigmáticos del s. XX. Murió en su cabaña de New Hampshire, cumpliendo el deseo del protagonista de su novela El guardián entre el centeno, quien, en un pasaje afirma: "Me gustaría encontrar una cabaña en algún sitio y con el dinero que gane instalarme allí el resto de mi vida, lejos de cualquier conversación estúpida con la gente". Y así lo hizo... Una vez obtenida la fama mundial con El guardián entre el centeno (su primera novela corta, escrita en primera persona) se apartó del mundo exterior, protegiendo su privacidad al máximo. Él mismo declaró: "Los sentimientos de anonimato y oscuridad de un escritor constituyen la segunda propiedad más valiosa que le es concedida".
Se dice que, aunque hacía más de cuarenta años que no publicaba nada, escribía siempre. "Vivo para escribir, pero escribo para mi mismo y mi propia satisfacción. No publicar me reporta una maravillosa sensación de paz. Publicar es una terrible invasión de mi privacidad". Este fugitivo de la fama se vio obligado a luchar continuamente contra toda la atención no deseada que recibía, como figura de culto que llegó a ser en vida.
Quizá su muerte facilite la aparición de material inédito, nuevas revelaciones sobre su obra y... ¿sobre su vida? Lamentablemente, Salinger ya no estará ahí para evitar las invasiones a su privacidad, tal como quiso en vida.

El guardián entre el centeno (publicado en 1951) es considerado por numerosos expertos como uno de los libros más importantes del s. XX. Su lenguaje es provocador, aparecen referencias al alcohol, las drogas, la prostitución. Se trata de una crítica feroz al mundo y la moral de los años cincuenta, y el refleo de las inquietudes y angustias de los adolescentes crecidos en plena guerra fría. También el enfrentamiento entre el mundo de los jóvenes y los adultos refleja el deseo universal de no crecer. Por ello, provocó numerosas controversias en EEUU cuando se publicó. Curiosamente, treinta años después de su publicación era tanto el libro más prohibido, como el más estudiado como lectura obligatoria en los institutos estadounidenses.
El título del libro hace referencia a una reflexión que el protagonista (Holden Caulfield) realiza en el libro sobre la letra de un poema que trata de un "guardián entre el centeno" que evita que "los niños caigan en el precipicio". Eso es lo único que a Caulfield le gustaría hacer en la vida: estar en un campo de centeno al borde de un precipicio. En el campo hay miles de niños jugando y él evita que "los niños caigan en el precipicio". Caulfield sería el guardián entre el centeno.
Holden Caulfield nos muestra la visión de la realidad de una persona que ha perdido el agrado y la confianza por quienes le rodean y la sociedad en general. Es alguien desengañado por la vida, que acaba de entrar en el mundo de los adultos sufriendo múltiples decepciones, ya que se han corrompido aquellas cosas que más amaba. Sin embargo, todavía hay aguien por quien merece la pena vivir...
Estas novela ha inspirado a otros escritores, ha influido en la música actual, en series de animación, películas... Incluso algunos asesinos se han visto relacionados con ella.
¿Alguien podría resistirse a leerla?

27/01/10

"CÓMO INVENTAR HAITÍ"

Esta frase é unha pregunta que se fai (despois da terrorífica catástrofe humana padecida no país) o considerad0 como patriarca das letras haitianas, René Depestre (Jacmel 1926). Segundo el, e sen tentar minimizar as consecuenciais tráxicas dos terremotos, en Haití tras a pobreza e o analfabetismo, descóbrese coma un país cunha cultura tan viva como pouco coñecida. En 1804 independizouse de Francia, pero tivo a desgraza de caer nunha problemática racial entre negros, mulatos e de non ser quen de constituir un estado democrático.
Paradóxicamente, segundo Depestre, Haití non é hoxe unha nación-estado propiamente dita, senon unha nación cultural. Mentres que nin o estado nin a sociedade civil se desenvolveron, sí o fixeron a cultura, a pintura, a música e a literatura. Hoxe en n día cóntase con afamados escritores coma Daniel Laferriere, Lyonel Trouillot, Jean Metellus etc. Grandes poetas, algúns deles marcados polo exilio . Como dato significativo até 1956 non poideron entrar os cidadáns de color na universidade parisina da Sorbona, no Primeiro Congreso Mundial de Escritores Negros. Na actualidade o factor racial posúe menos importancia.
Depestre , que fora expulsado de Haití en 1945 debido á publicación dunha revista de vangarda , volta á súa patria co desexo de se atopar coa solidariedade mundial , manter ese grande imaxinario cultural e "inventar un país mellor". Ogallá que o consiga .Se queres saber máis deste país pica en cultura haitiana

25/01/10

AS BIBLIOTECAS COMO AXENTES CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL

O Parlamento e o Consello Europeo nomearon o ano 2010 como Ano Europeo de Loita contra a pobreza e a exclusión social . Preto de 80 millóns de europeos corren o risco de caer na pobreza. Por isto a Unión Europea quere transmitir á sociedade , en xeral,o seu compromiso con estas persoas e promover unha reflexión sobre os problemas aos que se teñen que enfrontar así como fomentar a prevención contra estes males no continente europeo.
Para máis información preme nesta ligazón : www.ec.europa.eu/social/home.jsp?langld=en
Pódela ler en distintas linguas.

12/01/10

FELIZ ANINOVO LECTOR 2010 !!


Aínda que cunha entrada meteorolóxica certamente adversa, desexamos a todos/as un feliz ano 2010 desde este blogue bibliotecario do IES de Melide que axiña cumprirá dous anos de existencia. Medrando a poucos, como todos os proxectos, foise ampliando con moitas ligazóns relacionadas co mundo da lectura e con "sublogues" enfocados no Cine, Novas, Clube de lectura, Debuxo, Espazos naturais e viaxes......e unha morea de seccións: as citas, humor, efemérides ... e un longuísimo etc.
Tamén queremos agradecer a axuda prestada por xente, "anónima" que comezou antes que nos por estos vieiros: grazas pola ensinanza e o estímulo gratis.
E grazas tamén ao noso reducido "clube de seguidores": Serafín, Biblomanía, Biblioteca Pino Manso, Ponte Vella (grazas ,Lupe, polas túas achegas), biblioteca do cole, Susana (grazas por nos amosar esa bronceada faciana con esas abraiantes gafas, perfil certamente ben definido) A Profa e biblodieste. Ogallá que siga medrando moito más!!!!
Así que xa sabedes: este ano MAIS LIBROS E MAIS LECTURA POR LECER !!!

10/12/09

10-XII. DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


Un curso mais, como cada 10 de decembro, chega a conmemoracion da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos, aprobada pola O.N.U. hai 61 anos. Unha vez mais contemplamos o enorme abismo que segue a existir entre "o que deberia ser e "o que e". Como reaccionar, que facer?
Nos sos non podemos acabar coa fame no mundo, coas guerras, coas enfermidades e con distintas catastrofes que, as veces, teñen moito que ver coa decision dos poderosos da terra. O Primeiro Mundo e o Terceiro Mundo...as mulleres nas distintas culturas......os campos de refuxiados.....os presos politicos......o comercio inxusto e a explotacion e tantos longos etceteras....Como non somos nin podemos ser "quixotes", sempre atopamos argumentos do tipo de "eu paso de todo porque non podo facer nada" , "isto sobrepasame" , "non e asunto meu" ," a vida e asi"... para ficar coa conciencia tranquila. Pero non e certo. Porque, por exemplo, o dereito a integridade fisica e moral dunha persoa, e dicir, a ser respectada , independentemente do seu sexo, clase social, raza, relixion, idade e un dereito que se pode cumprir ou non, no noso instituto, verdade?. Polo tanto si que podemos facer ou "desfacer" neste eido e en moitos outros. So hai que estar atento e ter boa vontade. Non e tan dificil e podemos chegar mais ala do que pensamos. Como di un dos carteis das Bibliotecas Escolares de Galicia Xuntos/as podemos ! asi como os dedos son individualidades , que xuntos, forman a nosa man. Pois iso, xa e hora de COMEZAR !

VIOLENCIA DE XENERO NA LITERATURA ACTUAL

A violencia exercida contra as mulleres, reflictese en obras literarias de todas as epocas. Tamen
en obras de "rabiosa" actualidade e exito de ventas como a saga MILLENNIUM de Stieg Larsson Por se alguen ainda non leu algunha obra da famosa serie, aqui tedes un articulo de Veronica Trabazo Mouriño (alumna de 1º BAC C) que fai unha reflexion sobre o tratamento do tema na obra do escritor sueco : fainos unha descoberta relacionada cun episodio da vida de Larsson sobre agresion a unha muller.

Stieg Larsson e a violencia cara as mulleres

O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha lacra que cada vez está máis presente na nosa sociedade e,tamén, en todas as clases sociais. Cada vez que encendemos a nosa televisión e raro que non escoitemos unha noticia sobre a morte dunha muller a mans do seu home.
Contra este problema loitou o escritor e periodista sueco Stieg Larsson, autor da trioloxía Millennium. Seguro que moitos de vós xa desfrutástedes da lectura dos tres libros que compoñen esta trioloxía, que sen dubida se converteu nunha das lecturas de moda. O eixe central destas novelas é a referencia ás mulleres e ás diferentes formas de violencia que se realizan cara elas. Nelas aparecen diferentes escenas de agresións a mulleres, agresións que podemos atopar nas sociedades máis “democráticas” todos os días: violacións, trata de mulleres e prostitución, violencia no entorno familiar, agresións sexuais, acoso laboral, dobre desamparo das mulleres inmigrantes pobres...Debemos salientar que nas novelas de Larsson ningún dos agresores queda impune.
Por outro lado, a protagonista de historia Lisbhet Salander amosase como unha persoa antisocial e distante, pero ao mesmo tempo tremendamente intelixente e racional. Amosase deste xeito porque “o sistema fíxoa así”. Nos asasinatos e delitos que descobre, adoita encargarse ela mesma de executar as sentenzas, pois non confía nin no Estado nin nas súas leis. “Non hai inocentes, só distintos graos de responsabilidade”.
A lectura de Millenium demostra que o seu autor estaba especialmente sensibilizado no tema da violencia de xénero. De feito a súa compañeira Eva Gabrielsson cóntanos o porque: “cando era xoven, nunha festa con compañeiros, presenciou unha violación, e culpábase de non tela evitado. Tiña esa espiña cravada e dedicou moito tempo a consolar e axudar as vítimas”. Stieg dedicou toda a sua vida a procura dun mundo xusto, , e fíxoo en respectuosa colaboración con persoas de diferentes culturas, relixións, convicións políticas, idades, procedencia social e profesións. En canto a feminista, prefería colaborar con mulleres”. De ahí, probablemente, que a denuncia de calquera forma de violencia fronte ao xenero feminino, sexa un dos leitmotiv, unha das ideas que se repite ao longo das súas obras.
Como consecuencia do seu traballo, o Observatorio contra a Violencia doméstica e de Xénero concedeulle ao escritor, falecido no ano 2004, o V Premio de Recoñecemento ao labor máis destacado na erradicación de dita violencia.
Este observatorio, que preside Inmaculada Montalbán, considerou que Larsson é merecedor do premio pola súa achega, a través da literatura, a visualizacion da violencia contra as mulleres “que se segue perpetuando nas sociedades actuais, tamén nas máis avanzadas”. Ademáis, destacaron a contribución do escritor sueco a poñer de relevo que “non só é desexable, senón posible a contribución a unha sociedade libre de violencia de xénero por todos os seus integrantes, mulleres e homes”.
Recomendo a lectura destas novelas tan exitosas as cales se atopan entre as miñas preferidas, non só polo contido destas e pola forma que ten o autor de expresar os temas , senon tamén polo especial dos seus persoaxes. Ademáis espero que grazas a publicación destes libros, se poida aumentar a sensibilización e o rexeitamento das diversas formas de violencia cara as mulleres, que persisten en todas as sociedades, aínda que continuará a ser compricado mentres que os cidadans non cambien a súa mentalidade, o cal é unha das causas desta lacra.
Verónica Trabazo Mouriño 1º BAC C

04/12/09

VIOLENCIA DE XÉNERO II



O conxunto dos alumnos de Antropoloxía de 1º de Bacharelato do I.E.S. de Melide, traballaron sobre a Violencia exercida contra as Mulleres, co gallo do 25 de novembro. Varias alumnas elaboraron os separadores ou marcapáxinas con lemas e imaxes alusivos ao tema , incidindo na idea da non silenciación do maltrato físico e psicolóxico, tanto por parte das propias vítimas, como das persoas que coñecen ou intúen dita situación: o amor non ten nada que ver con soportar accións que vulneran a dignidade da persoa. Como elas din, hai que aspirar a "amar sen sufrir" e ter "o coraxe de ser ti mesma". Gracias a todas elas e eles que foron quen de concienciarse dun tema de terrible e persistente actualidade que, coma tantos outros, pasa por diante dos nosos ollos sen decatarnos del, porque pensamos que nos queda moi lonxe ou que nunca nos afectará. Ogallá que "as campás" de Hemingway non cheguen a dobrar por ninguén.

(Elaboraron os separadores Laura Sánchez Agra, Lucía Mato, Doa Laya, Lorena Vázquez e Laura Segade)

25/11/09

25-XI. DIA MUNDIAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe conmemórase o Día Mundial para a erradicación da violencia contra as mulleres.
O número de mulleres asasinadas, maltratados, física ou psíquicamente non disminúe. Preto de 50 mulleres mortas é o cómputo deste ano 2009 en España. Cal é a raíz do mal?. Pódense enumerar varios factores, seguramente complementarios, que inflúen determinantemente en condutas delitivas cara á muller: a secular (ou milenaria ) educación sexista, a emancipación laboral e económica da muller, que non remata de ser asimilada por moitos homes, "tradicións" culturais denigratorias para o sexo feminino....Sobran, tristemente, imaxes aterradoras que ilustran este panorama infernal. Pero a pregunta capital, fica sen ser respostada. Por qué?. Quizais unha aproximación á causa, sexa a progresiva dexeneración moral que se está a vivir en todos os ámbitos da vida: cando as persoas non teñen conciencia da súa propia e inalienable DIGNIDADE, e, en consecuencia, da dos demais, cando o imperativo ético máis esencial está ausente, cando non se contempla aos outros como individuos senon como obxectos de pracer, de lucro etc... as relacións humanas deterióranse até graos insospeitados...Por iso é unha tarefa primordial de toda a sociedade a aceptación dunha ÉTICA elemental que valore á persoa , independentemente da súa raza, sexo, relixión...
Como dicía un escritor romano "Son home e nada do humano éme alleo". A violencia exercida contra as mulleres, tampouco. Por iso debemos denunciar sempre situacións de maltrato de calquera tipo, no noso entorno. PORQUE O SILENCIO É CÓMPLICE.
No eido da Loita contra a Violencia contra as Mulleres e tamén relacionado cos Dereitos Humanos e a Liberdade de Expresión, traballan as periodistas que este ano recibiron o premio "CORAJE". Tédelas na ligazón de www.boasnovasmelide.blogspot.com

Incluimos este vídeo elaborado pola Bibilioteca Escolar do IES de Fene

21/11/09

ANIVERSARIO DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro celébrase o Día dos dereitos do neno. Este ano conmemórase un dobre aniversario: en 1954 a Asamblea Xeral da O.N.U. recomendou (resolución 836(IX)) que todos os países instituisen o Día Universal do Neno, data que se dedicaría a promover actividades cara ao benestar e calidade de vida de todos os nenos. O día 20 de novembro a devandita Asamblea aprobou a Declaración de los Derechos del Niño en 1959 e a Convención sobre los Derechos del Niño en 1989. Cando lemos as declaracións de dereitos, case sempre ficamos cunha inquedanza ou desmoralización se comparamos "o que debería ser e "o que é" . Nós ,en xeral, debido á parte do mundo onde vivimos, estamos moito mellor que os rapaces de países do chamado 3º mundo e outros ; pero, coma en todo, só hai que "poñerse ben os lentes" para atopar ao noso arredor casos nos que se vulneran flagrantemente ditos dereitos. O noso deber é decatarse deles, denuncialos e dirixirse a quen poida resolvelos ou alivialos, se nos non somos quen de facelo.
Na nosa biblioteca fixemos unha exposición co Texto dos Dereitos do Neno e unha interpretación de Mafalda, cos seus ocurrentes comentarios, gracias á xentileza da biblioteca do IES de Guitiriz.

17/11/09

O MURO DE BERLÍN

Soldado oriental deixa escapar a un neno á
zona oeste, o 1º día da existencia do muro
O pasado 9 de novembro cumpríronse 20 anos da caída do muro de Berlín. Construiuse como consecuencia do final da 2ª Guerra Mundial . Alemania partiuse en dous: a parte dominada pola U.R.S.S., a República Democrática Alemana e a dominada polas potencias occidentais (Francia, Gran Bretaña e E.E.U.U.), a República Federal Alemana. Esta división afectou á propia capital.
En 1961 a R. Democrática decidiu separar cun aramio de espiño as dúas zonas de Berlín, a leste e a oeste. Isto sería o preludio dun muro de 103 millas de lonxitude e 4 metros de alto. Ao longo do muro contruíronse foxos e postos de vixilancia. Dita división foi reforzada polo leste, con soldados e milicias. O muro foi unha barreira efectiva durante 25 anos. Sen embargo preto de 2.7 millóns de persoas tentaron escapar á R.Federal Alemana e uns 400 berlineses (máis según algunhas estadísticas) foron asasinados no intento.
Eran os tempos da Guerra Fría e do Telón de Aceiro. Moitas familias quedaron separadas, e a R.D.A. convertiuse nun auténtico estado policial, no que as liberdades individuais quedaron suspendidas. A temible STASI, (policía secreta) encargábase dilixentemente dese labor.
Vinte anos máis tarde, xa algúns países da órbita comunista , como Polonia, comezaran a loita contra a dominación soviética, cando chega ao poder na U.R.S.S. M.Gorbachov que renuncia ao exercicio da represión. Isto desencadena unha serie de feitos : os alemáns orientais, cruzan Hungría, e tras pasar Austria, chegan á R.Federal alemana sen que as autoridades comunistan poñan ningún impedimento. A noite do 9 de novembro os alemáns de ambas partes pican e derruban o muro, ese “muro da vergoña” que os tivera separados inxustamente durante tanto tempo.
Isto aconteceu hai vinte anos. Pero aínda hoxe existen "muros" que impiden a persoas exercer os seus dereitos básicos, ao estaren oprimidas por un goberno ditatorial. A loita pola liberdade enche toda a historia da humanidade. E mentres o ser humano teña conciencia da súa dignidade, así será.

30/10/09

VISITA DE ANXO FARIÑA

O pasado mércores 28 de outubro estivo no noso centro o autor vigués Anxo Fariña, escritor e recoñecido debuxante. O motivo da súa visita foi presentarnos a súa colección de literatura xuvenil "Os Megatoxos", ofrecendo unha conferencia ó alumnado de 1º de ESO ó que tentou explicar que todo pode ser literaturizable. Calquera lugar, calquera obxecto ou calquera persoa pode ser o inicio dunha gran historia, só debemos deixar voar a nosa imaxinación. Reincidiu no feito de partir do máis simple para, paulatinamente, ir chegando ó máis complexo á hora de poñernos a crear. Nas cousas máis insignificantes pode estar agochada unha gran historia. Ó longo da conferencia, o autor deixou tamén constancia dos seus dotes de ilustrador, algo que lle apaixoa, e falou daquelo que lle serve de inspiración para elaborar o seu traballo.
Anxo Fariña é tamén autor de obras como "Xabi non pode durmir", "Os magos das formas" ou "O ladrón de palabras" , entre outras. Na actualidade traballa como Director de Arte, deseñando en distintos campos e ilustra libros e cómics.

29/10/09

50 ANIVERSARIO DE ASTÉRIX E OBÉLIX

Este xoves 29 de outubro , os heroes máis famosos de toda a Galia ( e parte do Imperio Romano) cumpren medio século de vida, dende que apareceran por primeira vez na revista francesa Pilote. Un ano despois, sairía o primeiro album, Astérix e o galo, cos seus personaxes característicos: Obélix, Asurancetúrix e compañía, invencibles para os romanos, gracias á súa preciosa "poción máxica" do druida Panoramix.
Os autores deste fabuloso cómic son André Uderzo e René Goscinny (este último, o guionista , finado en 1977) . En todo este tempo as historietas foron traducidas a máis de cen idiomas e vendéronse máis de 325 millóns de exemplares. Tamén se fixeron películas animadas e adaptacións con actores como Roberto Begnini e Gerard Depardieu. Co gallo deste cumpreanos publicouse un novo album: O aniversario de Astérix e Obélix: o libro de ouro.
Hai 20 anos creouse un parque temático dedicado a eles ao noreste de París. Agora, co gallo das súas bodas de ouro, a capital francesa celebra as aventuras destes galos cun programa cultural onde os protagonistas galos son enviados a un viaxe por teatros e museos onde descobren os seus retratos. No museo medieval de Cluny, preto do Boulevard Saint Michel, poderánse ver uns 50 debuxos orixinais, manuscritos e obxectos relacionados co universo de Astérix e compañía. Estes pequenos galos que non temen a iminigo ningún, son, certamente, inmortais, coma os deuses . Persoas de todas as idades, aínda non esqueceron as súas enxeñosas aventuras, a súa camaradería, a súa cómica mestura entre o mundo actual e o romano do ano 50 a. C. Nunha viñeta de Astérix, non sobra nada: dende o primeiro até o último detalle están ao servizo da comicidade e mesmo da información da época na que se sitúan as historias. NON DEIXEDES DE LER OS COMICS DE ASTERIX E OBELIX , dos que temos abundantes fondos na nosa biblioteca. Se queredes ter unha información máis completa sobre personaxes e xogos , entrade no sitio web www.asterix.com/index.html.es . Non vos esquezades POR TUTATIS!!!

26/10/09

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2009

Os pasados 23 e 24 de abril, tiveron lugar en Santiago de Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2009, no Palacio de Exposicións e Congresos de San Lázaro ás que asistiron varias profesoras do IES de Melide. Nelas contouse coa presenza de diversos ponentes , como Daniel Cassany da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Luis Iza do Dpto de Educación da comunidade de Navarra, Guadalupe Jover, Tíscar Lara e Glória Durban. Asemade houbo unha mesa redonda con profesores de todos os niveis educativos, que falaron das súas experiencias cos clubes lectores, a HORA DE LER ( que poñeremos en marcha este curso no noso IES) e o proxecto lector do centro. Falouse, en definitiva do enorme e fulgurante cambio que se está a producir cos novos soportes de lectura, a internet, os e-books, as vantaxes e os perigos da rede....e a grande necesidade de ter un sentido crítico para se mover entre a superabundancia de información, que non sempre é fiable.
E moita ATENCIÓN aos perigos das redes sociais (facebook, tuenti etc.). PÉNSAO ANTES DE PUBLICAR.

PASAMENTO DE ANISIA MIRANDA


O pasado 22 de outubro finou en Vila de Cruces, vítima dun derrame cerebral , Anisia Miranda, tradutora e escritora , muller do tamén escritor X. Neira Vilas. Naceu en Cuba en 1932, filla de emigrantes ourensáns. Estudiou Maxisterio e Xornalismo na Habana. No 1953 trasladouse cos pais a Bos Aires. Alí ampliou os seus estudios, e coñeceu a Xosé Neira Vilas. Casaron en 1957, ano no que fundaron "Follas Novas" ,distribuidora do libro galego en América, que despois foi tamén editorial. Dende o principio vencellouse á cultura galega. Asistiu ás clases patrocinadas pola Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA) que dictaban , entre outros Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor ou Antonio Baltar. Traduciu ó galego poemas de autores latinoamericanos como José Martí ou Rubén Darío. Todas foron aparecendo en publicacións galegas de Bos Aires. Voltou a Cuba co seu home, en 1961. Traballou con Alejo Carpentier na redacción da revista "Pueblo y cultura", e mais tarde foi coordinadora nacional de edicións de libros para nenos e adolescentes. No eido da creación literaria é autora de obras de poesía, narrativa, teatro, viaxes e biografía. En teatro e narrativa obtivo importantes premios en Cuba, entre os que salientan "La Edad de Oro", teatro para nenos e adolescentes; e o Premio Nacional "Ismaelillo" de la Unión de Escritores e Artistas de Cuba. Dalgúns dos seus libros lévanse publicados centos de milleiros de exemplares no seu país de orixe. Ten varias medallas de honra conferidas por institucións cubanas. En 1992 radicouse co seu marido en Galicia. Era vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas.
Anisia foi a compañeira inseparable do seu home, ao que impulsou en todos os seus proxectos. Únimonos hoxe á dor infinita do seu viúvo, nestes intres tan acedos e dolorosos. Descanse en paz, Anisia

22/10/09

24 DE OUTUBRO DIA MUNDIAL DA BIBLIOTECA

Este ano a celebración do día da biblioteca centrámola na posta en marcha da BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL http://www.wdl.org/es/, (podedes atopar esta dirección no apartado de LIGAZÓNS INTERESANTES , neste mesmo blog). A B.D.M. é un proxecto impulsado pola U.N.E.S.C.O. e a idea partiu do bibliotecario do Congreso dos E.E.U.U., James H. Billington. O grupo de colaboradores é amplo : dende a Biblioteca Alexandrina de Exipto até bibliotecas nacionais e algunhas institucións culturais e educativas de Arabia Saudí, Brasil, Exipto, China, Eslovaquia, U.S.A., Rusia, Francia, Irak, Israel, Japón, Malí, Marruecos, México, Países Baixos, Quatar, Reino Unido, Serbia, Sudáfrica, Suecia e Uganda, ademais dun equipo da devandita Biblioteca do Congreso de E.E.U.U. O seu obxectivo é dar a coñecer e preservar o patrimonio de moi diversas culturas de todos os rincóns do planeta, tentando non centrarse só , nos contidos da cultura occidental. Contén manuscritos, mapas, libros raros, películas, grabacións sonoras, publicacións , fotografías e grabados dispoñibles sen restricion para o publico e de forma gratuita.
Gracias a ela podense consultar documentos coma a Declaración de Independencia de EEUU, antigos manuscritos chineses, mapas do novo mundo ou películas dos irmans Lumière de finais do seculo XIX .
Segundo os impulsores, "o sitio e moi facil de usar e non esta dirixido a universitarios ou doctores. As buscas podense facer por combinacions entre lugar, periodo temporal, tipo de material (libro, fotografía, audio...) e a a institución que o cedeu. O sitio opera en sete linguas —as seis das Nacions Unidas , máis o portugués— e máis de 40 idiomas están representados nos materiais mesmos".
Ainda que o seu proposito e a aproximacion entre culturas , os paises pouco desenvolvidos , teran problemas a hora de acceder a ela.
África, por exemplo, pese as dimensions do continente, só representa ao 3,4% dos usuarios de Internet, fronte aos 24,6% de Europa ou o 15,7% de Norteamérica.
O esforzo non deixa de ser importante e unico, e agardamos que os alumnos do noso instituto se afagan preto a utilizar esta nova fonte de recursos.

29/09/09

30 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DO TRADUTOR


O día 30 de setembro conmemórase o Día Internacional da Tradución, coincidindo coa festividade de San Xerome, considerado o patrón dos tradutores e, en certo modo pai da tradución, por verter a Biblia ao latín vulgar a principios do s. V d. C. A Biblia, escrita orixinariamente en hebreo e grego, xa fora traducida ao latín no s. II d. C., pero seguía sin ser accesible aos crentes, debido a descoñecemento da lingua e á imperfección da linguaxe. A tradución de Xerome denominouse Vulgata porque estaba pensada para o pobo ou vulgus, e a Igrexa adoptouna como versión oficial da Biblia durante 15 séculos.

A tradución é, sen embargo, un labor máis antigo. Una das primeiras testimuñas é a Pedra de Rosetta, unha estela exipcia datada no s. II a. C. escrita en tres idiomas (exipcio xeroglífico, exipcio demótico e grego) que serviu para descifrar os xeroglíficos exipcios. A finais da Idade Antiga e principios da Idade Media foi especialmente significativa a tradución dos textos bíblicos, sendo a Biblia un dos libros máis traducidos en todas as épocas. A partir do s. IX e X os textos científicos e filosóficos gregos foron traducidos ao árabe, o que contribuiu a súa difusión por toda Europa a traveso de España ata o s. XV, cando os árabes foron desterrados. A Escola de tradutores de Toledo xogou un importante papel na transmisión do pensamento clásico e no desenvolvemento científico, vertendo textos clásicos do árabe ou hebreo ao latín, servíndose do español ou das linguas romances.

"Traduttore, taditore" é un dito italiano que significa "Tradutor, traidor". Esta idea de que a tradución traiciona ou perverte o texto orixinal tamén é compartida por Cervantes cando di: «... y lo mesmo harán todos aquellos que los libros de verso quisieren volver en otra lengua: que, por mucho cuidado que pongan y habilidad que muestren, jamás llegarán al punto que ellos tienen en su primer nacimiento.» Pero o certo é que o labor dos tradutores, ademais de facilitar o intercambio cultural, permítenos acceder ás grandes obras da literatura universal. O propio Cervantes non sería tan lido se non fose traducido a tantos idiomas, e que diríamos dos autores rusos, xaponeses... mesmo a Ilíada a Odisea, A Eneida ou os poemas de Horacio só poderían ser lidos por moi poucos. Que sería de nós, que non sabemos sueco, sen a tradución da triloxía Millenium de S. Larsson? e aínda que o inglés é máis asequible, sería tremendo non poder devorar a toda velocidade a saga de Crepúsculo, de S. Meyer. E que sorte poder ler a Paasilinna en galego! Afortunadamente cada vez temos unha maior implicación das editoriais galegas na tradución de obras da literatura universal, tanto as veteranas Galaxia ou Xerais, como outras máis novas e mellor coidadas como Rinoceronte.

A escola de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo ven celebrando nos últimos anos o Día Internacional da Tradución, homenaxeando a un tradutor ou tradutora e celebrando unhas xornadas. Este ano a homenaxeada é Marilar Aleixandre, que á parte da súa coñecida obra coma escritora para todo tipo de públicos, ten desenvolvido un interesante labor como tradutora, con obras como A caza do Carbairán de L. Carroll ou Harry Potter e a pedra filosofal, de J.K. Rowling. As xornadas asistirá Daoud Hari, recoñecido intérprete no conflicto bélico de Darfur, quen pronunciará unha conferencia en 12 idiomas na que contará a súa experiencia e abordará cuestións relativas a súa obra O intérprete: memorias dun membro dunha tribo de Darfur.
Alba, Fátima, Lorena e Xisela (As "multi-tradutoras" de 2º B de Bac)

22/09/09

BENVIDA Á NOVA BIBLIOTECA !!

Parece que foi onte cando marchamos de vacacións e xa estamos de volta cun novo curso só para nós: para estudar, compartir, ter novas experiencias .....e entre elas está disfrutar e aproveitar os recursos da nosa biblioteca : se a visitades , comprobaredes que se están a crear novos espazos dentro da mesma: un recuncho para o visionado de películas, coas súas butacas vermellas, e con auriculares para non molestar a ninguén, a zona de informática que conta con dous ordenadores máis, un proxector de imaxes ....e aínda haberá algunha novidade máis. Todo isto levouse a cabo grazas ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), un programa da Xunta no que estamos inscritos hai dous anos e que levamos adiante unha serie de profesores axudados en ocasións por alumnos e alumnas do centro.
Neste comezo do curso dámoslles unha especial BENVIDA aos rapaces e rapazas de 1º da ESO, que chegan ao noso instituto por primeira vez : xa sabedes, entrando polo corredor da planta baixa, á esquerda, espéranvos miles de oportunidades de conectar con mundos distintos (e non só por internet) : atoparedes aventuras, monstruos, piratas, namorados/as, meigas, fadas e os vosos personaxes favoritos de cómic. Hai un libro, película, CD-ROM esperando por ti. Non deixes pasar a oportunidade de pasar un bo tempo de lecer. Os libros non se len só por obriga : lense tamén por pracer: que o saibades descubrir.
Benvida a todos !!!

26/06/09

FIN DE CURSO E CITA PARA O SEGUINTE

Pois, si. Parecía que nunca ía chegar pero, ao fin , velaí o momento das ansiadas vacacións. Rematamos. Este 2008-2009 non volverá máis. Pero o que si queremos que volte, é a vida a esta canle de comunicación qu é o biblomelide, con todas as súas seccións. Que os libros, as reportaxes, as películas, as viaxes da nosa comunidade educativa etc. ,volvan quedar retratadas neste espazo. Grazas aos colaboradores, especialmente a aqueles que non teñen tan doado o acceso a internet ( o rural existe, cos seus atrancos) e que pensan que facer unha entrevista ou un videoclip ou un mural ou unha crítica cinematográfica para "colgalo" no blogue non é perder o tempo, senon compartir experiencias vitais, das que todos podemos aprender e disfrutar.
E os libros. Sempre os libros. Cantas citas lévanse postas neste espazo , e noutros, de sabios pensadores sobre a lectura!!! E, sen embargo o pracer de ler, ten que ser unha descuberta individual e voluntaria. Cada un ten a súa propia historia cos libros. Así como non hai dúas historias de amor iguais, tampouco hai dous camiños idénticos para chegar a amar a lectura.
De todos os xeitos, nós, como Borges, non imaxinaríamos un Paraíso no que non houbese libros.
Que descansedes, que disfrutedes e que sexades quen de atopar o voso propio paraíso.



25/06/09

O LIBRO QUE MARCOU A TÚA VIDA

Xa a piques de rematar este curso, presentamos unha pequena mostra dunha enquisa que os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron entre os seus propios compañeiros e profesores sobre aqueles libros que deixaron unha pegada especial en cada un deles.
O resultado ( resumido) foi o seguinte:
Entre os alumnos os títulos preferidos foron:
--Cinco pares de cebada, de Fátima, porque é un libro diferente dos demais
--Valdemuller, de Tania, porque o libro fala dunha rapaza da súa mesma idade
--A banda sen futuro, de Cristina e Vanessa, porque conta unha historia real de cómo non hai
que renderse xamais
--O neno do pixama a raias, de Elisa e Leticia, polo seu dramatismo.
--El club de los viernes, de Carme, porque fala das relacións femeninas cunha afición común
--Anagnórisis, de Paula, "porque lle gustou"
Entre os "profes" temos as seguintes preferencias:
--La Regenta, de Carme, escólleo porque marcou un fito importante na súa vida universitaria
--Resistencia, de Estrela, pola situación que viven os seus protagonistas.
--A montaña máxica, de Zeltia, por ser unha obra emocionante e reflexiva
--El diario de Ana Frank, de Eloy, polo seu realismo
--Agosto do 36, de Carlos, por contar a crúa realidade da guerra civil española
--La maravillosa vida breve de Oscar Wao, de Xisela (alumna) , porque con el soupo de novas cousas e dos problemas que hai no mundo
--Los hombres que no amaban a las mujeres, de Ana (alumna) , porque con el descubriu a novela negra, xénero ao que se afecciounou rápidamente.
--100 años de soledad, marcou á "profe" Flor; con el deuse conta de que a vida é unha loita
continua.
--Momo, do profe Carlos; con el aprendeu a apreciar máis o tempo
--O Hiperión, favorito da profe Arancha, porque fala dun xeito de apreciar a vida apelando aos
sentimentos, á vontade e ó amor.
--El condenado por desconfiado, de Suso , poque demostra que o máis alá haino que gañar
"a pulso"
En fin , este é un resumo pequeniño das preferencias lectoras dunha parte da nosa comunidade educativa. Noutra ocasión deterémonos con máis tempo no percorrido lector e vital (que soen ir parellos) de máis persoas. Até a próxima ocasión!!



06/06/09

20 ANOS DE TIANANMEN


Onte toda a prensa lembraba o aniversario da matanza acontecida hai vinte anos na praza pequinesa de Tiananmen: o exército chinés cargaba contra centos de miles de estudantes que esixían reformas democráticas no seu país. A fotografía que ilustra esta entrada, deu a volta ao mundo: é a dun home anónimo, apodado "Tank Man", que se enfronta só, impasible, ante unha longa ringleira de tanques, dispostos a pasarlle por riba: ninguén sabe qué foi del.... Esta foto simboliza o abuso do goberno contra os seus propios cidadáns, nunha manifestación pacífica de estudantes desprotexidos. Triunfou, coma tantas veces, a forza bruta e a represión. Os manifestantes foron represaliados, encarcelados ou executados. O entón secretario xeral do Partido Comunista, Zhao Ziyang, xa finado, foi sometido a arresto domiciliario por se opoñer á represión cometida contra os estudantes.
Hoxe en día, China é unha importante potencia económica, coa que os líderes mundiais teñen que contar. Pero segue a existir a censura: libros que non se poden ler, 30.000 axentes que controlan o que len os chineses en internet, manipulación dos libros de texto ou portais bloqueados como Twitter, Hotmail, Facebook, Flickr, etc.
Ogallá que o sacrificio cruento destes centenares de miles de estudantes anónimos, dese "home do tanque", dea froitos algún día. Poque como alguén dixo " non se pode acabar co analfabetismo e logo prohibirlle á xente que lea". Ao final, sempre é o mesmo: as ansias insaciables de liberdade.

05/06/09

CARTAS DE AMOR

Seguimos co amor e (aínda que cun pouco de demora) cos resultados do concurso de cartas co gallo do Día dos Namorados. As gañadoras foron alumnas de 4º ESO A , e recibiron coma premio unha cantidade en metálico para gastar en libros e material escolar. Yolanda, acadou o 3º premio, Noelia e Tania o 2º e Iria o 1º.
A carta gañadora está inspirada en Jake, un personaxe secundario da saga vampírica de S.Meyer. Aquí tedes a epístola da vosa compañeira.
Querido Jake:
Estos seis meses contigo han sido los más gratos y maravillosos de mi vida, desde la última vez. Saber que siempre te tengo ahí, para lo que quiera…creo que es hora de que me sincere contigo.
Desde hace unos días le he estado dando vueltas a la cabeza… Creo, más bien, sé, que lo que siento por ti va más allá de la amistad. Soy consciente de que , después de lo que te pasó con Bella, va a ser difícil, es complicado reaccionar ante una realidad diferente a la que te habías creado tú mismo. Pero es que durante estos meses creo que no lo he hecho del todo mal, ¿no? No debiste hacerme ese regalo… ¿cómo pensar que recordarías la clase de flor que te regalé cuando te caíste de la bicicleta con tan solo diez años?… Increíble, sólo puedo decir eso de la flor que dejaste en mi portal hace tres noches. El alma se me llenó de emociones, y me aclaró mis dudas, además de ser una maravillosa persona, eres detallista, no se puede pedir más de nadie.
Me resulta muy embarazoso decírtelo, pero es lo que siento, y creo que es mutuo, por comentarios que lanzas al aire, porque, aunque no lo creas, escucho hasta tus más mínimos suspiros. Me sientas bien, el hecho de estar contigo es muy reconfortante… Contigo a mi lado no existe el temor… todo es como un mar en calma. Siempre protegida por tu risa, por tu forma de ser, por tus preciosos ojos negros, por tu cálida piel morena, por tu manera de hacerme ver las cosas fáciles y por tu infinito amor. Siempre sabes qué decir cuando estoy mal, y halagarme hasta cuándo no me ha dado tiempo a peinarme. ¿Mentiroso o encantador? Prefiero pensar que encantador…
Me sentí mal al rechazar aquel día tu petición… ahora pienso en ello y me muerdo los labios. Ese año tuve que convivir con cierta envidia con Bella, viendo como erais más amigos cada día, y cada vez me quemaba más y más por dentro. Hasta que Edward Cullen regresó y se demostró lo que todos sabíamos : Bella siempre amó a Edward. Tengo la misma huella en el corazón por ti que la que tú tienes por culpa de Bella, en ocasiones me olvido de que está, pero la sigo sintiendo cada vez que me miras.
A veces me paro a pensar como habría sido lo nuestro, pero he de aclarar que mi negativa no fue en vano… No estaba preparada para una relación, ya sabes cómo era por aquel entonces… Ahora siento que todo puede funcionar, he sentado cabeza y he madurado desde entonces.
Me dolía ver cómo poco a poco nos íbamos distanciando más y más, hasta llegar a la discusión que rompió por completo nuestra amistad. Estoy feliz por haber solucionado nuestras diferencias… y porque todo vuelva a ser como antes. Pero no puedo contener más mis emociones, Jake, necesito que sepas que te quiero, que siempre te quise y que fui una estúpida al hacer la elección que hice… Me resulta casi imposible aguantar las ganas de rozar mis labios con los tuyos, y fundirnos en un infinito beso , cuando me acaricias las manos o las mejillas y hablas con tu preciosa boca prácticamente pegada a la mía, separada por milímetros, esperando a que yo te dé una respuesta física a tu indirecta. Y es que ahora lo tengo tan claro… Añoro cada segundo tenerte a mi lado y las ganas de responder tu proposición con un beso me persigue… Estoy segura de que cesará cuándo lo haga realidad. Te quiero.
Iria

03/06/09

L'HYMNE À L'AMOUR

Velaí o vídeo da famosa canción interpretada por Edith Piaf

02/06/09

A PALABRA MÁIS FERMOSA


Durante o mes de maio , fixemos na Biblioteca un concurso titulado "A palabra máis fermosa". Podíanse votar palabras en todas as linguas que se imparten no noso instituto (que son unhas cantas) e o resultado foi o seguinte: a gañadora foi "amour", no segundo posto houbo un triple empate entre "aimer", "amor" e "amistad". Curiosa coincidencia que todas as palabras teñan a mesma raíz e que se refiran ao mesmo tema. Tanta necesidade teremos de amar ou de ser amados? Tamén chama a atención que dúas palabras sexan francesas. Por qué será que o amor soa mellor en francés? Ah, l'amour.....
En galego destacaron "morriña" e "ledicia" e en inglés "friend", e houbo palabras tan marchosas como "cha-cha-chá". Repetiuse en varias linguas "bolboreta", "mariposa" e "papillon"
Non faltaron palabras de fermosa eufonía e significado, coma "eirene", (paz, en grego) ou a "libertatem" latina.Tamén atopamos palabras noutros idiomas alleos ao IES, coma "fiducia" (confianza, en italiano) ou "glasnost" (transparencia, en ruso)
En fin, que nesta pequena babel bibliotecaria ,triunfou o amour. Por algo será.
Vennos á lembranza unha grande e famosa artista francesa, de vida atormentada, que paseou por todo o mundo o seu Hymne à l'amour. Reproducimos a letra na súa honra e esperemos poñer todos algo máis de amor nas nosas vidas cotiás.
L'hymne à l'amour
Le ciel bleu sur nous peut s'effondrer
Et la terre peut bien s'écrouler
Peu m'importe si tu m'aimes
Je me fous du monde entier
Tant qu'l'amour inond'ra mes matins
Tant que mon corps frémira sous tes mains
Peu m'importent les problèmes
Mon amour puisque tu m'aimes
J'irais jusqu'au bout du monde
Je me ferais teindre en blonde
Si tu me le demandais
J'irais décrocher la lune
J'irais voler la fortune
Si tu me le demandais
Je renierais ma patrie
Je renierais mes amis
Si tu me le demandais
On peut bien rire de moi
Je ferais n'importe quoi
Si tu me le demandais
Si un jour la vie t'arrache à moi
Si tu meurs que tu sois loin de moi
Peu m'importe si tu m'aimes
Car moi je mourrai aussi
Nous aurons pour nous l'éternité
Dans le bleu de toute l'immensité
Dans le ciel plus de problèmes
Mon amour crois-tu qu'on s'aime
Dieu réunit ceux qui s'aiment
Edith Piaf

Tradución
El cielo azul puede derrumbarse sobre nosotros /Y la tierra puede abrirse/ Poco me importa si me amas/ “Paso”… del mundo entero/ Ya que el amor inundará mis mañanas/ Ya que mi cuerpo se estremecerá entre tus manos/ Poco me importan los problemas/ Mi amor, porque me amasIré a la otra punta del mundo/ Me haré teñir de rubia/ Si tú me lo pides/ Iré a descolgar la Luna/ Iré a robar la fortuna/ Si tú me lo pides/ Renegaré de mi patria/ Renegaré de mis amigos/ Si tú me lo pides/ Te puedes reír de mí/ Haré como que no me importa/ Si tú me lo pides,/ Si un día la vida te arranca de mi lado/ Si mueres, ó estés lejos de mí/ Poco me importa! si tú me amas/ Porque yo moriré también/ Tendremos la eternidad para nosotros/ En el azul de toda la inmensidad/ En el cielo, no más problemas/ Mi amor ¿crees que nos amamos?…/ Dios reúne a aquellos que se aman.