26/06/09

FIN DE CURSO E CITA PARA O SEGUINTE

Pois, si. Parecía que nunca ía chegar pero, ao fin , velaí o momento das ansiadas vacacións. Rematamos. Este 2008-2009 non volverá máis. Pero o que si queremos que volte, é a vida a esta canle de comunicación qu é o biblomelide, con todas as súas seccións. Que os libros, as reportaxes, as películas, as viaxes da nosa comunidade educativa etc. ,volvan quedar retratadas neste espazo. Grazas aos colaboradores, especialmente a aqueles que non teñen tan doado o acceso a internet ( o rural existe, cos seus atrancos) e que pensan que facer unha entrevista ou un videoclip ou un mural ou unha crítica cinematográfica para "colgalo" no blogue non é perder o tempo, senon compartir experiencias vitais, das que todos podemos aprender e disfrutar.
E os libros. Sempre os libros. Cantas citas lévanse postas neste espazo , e noutros, de sabios pensadores sobre a lectura!!! E, sen embargo o pracer de ler, ten que ser unha descuberta individual e voluntaria. Cada un ten a súa propia historia cos libros. Así como non hai dúas historias de amor iguais, tampouco hai dous camiños idénticos para chegar a amar a lectura.
De todos os xeitos, nós, como Borges, non imaxinaríamos un Paraíso no que non houbese libros.
Que descansedes, que disfrutedes e que sexades quen de atopar o voso propio paraíso.



1 comentario:

  1. Anónimo30/6/09

    Es verdad que cada uno se acerca de manera distinta a los libros: una de ellas, bastante común, es la de entenderlos como "aliviadores de soledades". No todo el mundo tiene amigos, hermanos, gente de su misma edad con que compartir...la vida. La lectura fue la compañera de muchos enfermos, ancianos, adultos y jóvenes. Y, aunque, en menor medida, creo que aún lo sigue siendo.

    ResponderEliminar