Un
curso máis, o Departamento de Lingua, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xaquín Yebra
convoca o Certame Literario "Día das Letras 2016". Animámosvos a
tod@s a participar.
E. Normalización IES Melide |
CERTAME LITERARIO
"DÍA DAS LETRAS 2016"
O
DEPARTAMENTO DE LINGUA, A BIBLIOTECA e o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA do IES de Melide, convocan o Certame Literario
"Día
das Letras"
BASES
1.
Poderá participar no Certame calquera alumno ou alumna do Centro.
2.
Establécense as seguintes modalidades de participación:
a.
Poesía.
b.
Prosa.
c.
Ensaio.
d. Traballos de
recuperación e salvagarda da memoria comunitaria.
3.
Especificamente, entenderase a efectos do Certame que os traballos de
recuperación e salvagarda da memoria comunitaria son aqueles que dalgún modo
recuperan, para salvala do esquecemento, a memoria de formas de vida, traballos
comunitarios, tradicións, costumes... das xeracións pasadas.
4.
As obras presentadas deberán estar escritas en lingua galega.
5.
A extensión e os temas dos traballos a presentar son libres.
6.
O xurado estará composto por representantes do
alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
7.
Os traballos, nos que se farán constar os datos
do/a autor/a, deberán presentarse na Conserxería do Centro antes do 23
de maio de 2016.
8. Os premios
serán entregados durante a celebración do Corremelide-2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario