Este
martes, 31 de Maio, tivemos ocasión de asistir, no auditorio da casa da Cultura
de Melide, á magnífica representación teatral “Paraíso Laranxa”, a cargo do CPM
(Consorcio para a Promoción da
Música no IES de Melide), o Conservatorio Profesional de Música
de Santiago e Teiroa Teatro. Tamén participou o grupo "@REcortados",
formación que nace dentro da materia de música do noso Centro como práctica
real de agrupación instrumental.
O
CPM é un grupo de traballo do alumnado de música de 1º de Bacharelato que se
constitúen nunha corporación ficticia como traballo de aula co obxectivo de
facer unha práctica real dun proxecto de xestión cultural en todos os seus
pasos.
Levantemos un momento o telón...
PARAÍSO LARANXA by Slidely Photo Gallery
Ningún comentario:
Publicar un comentario