PRESENTACIÓN de A gruta da torre, Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade
Dentro das actividades realizadas en col do Libro tivo lugar na biblio a presentación da novela A gruta da torre.
O acto correu a cargo das nosas alumnas Lúa e Andrea, de 4º de ESO, que forman parte do Club de Prensa e do Club de Lectura, e que levaban preparada unha entrevista sobre o argumento da novela e os próximos proxectos do autor.
O Lois, que xa estivera no centro co seu Long Play, foi entrevistado desta vez polo noso club de prensa e amenizounos a
tarde falando da súa infancia de aventuras e bicis voadoras no corazón do seu Ribadeo natal.
E deixounos a súa pegada de amor á lectura para medrar libres e iguais
Ningún comentario:
Publicar un comentario