O luns 15, a celebración comezou cunha a declaración de amor pola lingua no recreo.
Sofía, alumna de 4º de ESO dramatizou na biblioteca o texto de Sechu Sende
" Nin en soños vou perder a miña lingua", botando a lingua fóra e valéndose dun espello, porque ás veces precisamos para vernos no idioma, para atoparnos nel.
A continuación o alumnado de 1º ESO, fixo unha lectura dramatizada dun guión orixinal, elaborado polo equipo da biblioteca, no que varias ras mostraban a súa lingua bífida e, con ela, a súa perda de identidade.
Con
esa intención, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua,
confeccionáronse mochilas co lema" Ninguén morreu de ler poesía", de Aldaolado, coas que foi agasallado o profesorado.
O martes 16, a dramatización sobre o idioma e a identidade presentouse a través de microteatro de aula, baseado na obra de Núñez Singala, Instrucións para tomar café.
Ademais, desde o departamento de Lingua Galega e Literatura traballouse cunha unidade didáctica, con actividades adaptadas a diferentes niveis, en col da figura de Fernández del Riego, autor homenaxeado.
O xoves 18, tras a festividade das Letras Galegas, o alumnado do Club de Lectura e os axudantes da biblioteca realizaron unha viaxe á Feira do Libro de Lugo, onde mercaron os seus títulos favoritos.
Confirmamos que temos unha lingua veloz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario