Ó redor desta exposición, organizamos un
concurso cuxas bases podes ler a continuación:
CONCURSO
ROSCO “CEN MULLERES GALEGAS”
1.- Quen pode
participar?
Todo o
alumnado do IES de Melide
2.- Onde
está o Rosco?
No entrada principal do centro. Tamén podes descargar as preguntas do blog da
biblioteca (http://biblomelide.blogspot.com/)
3.- Como
é a dinámica do concurso?
Colle
unha papeleta no taboleiro onde está o rosco, ou descárgaa do blog da biblioteca, e cúbrea coas túas respostas (atoparalas todas, salvo unha, se les con atención os
paneis da exposición “Cen Mulleres Galegas”, organizada polo alumnado de FP Básica I).
Unha
vez cuberta, deposítaa no “buzón” que hai na mesa do profesorado da biblioteca.
Non
esquezas poñer o nome e o grupo no que estás.
4.- Cando
remata o prazo do concurso?
O venres 26 de abril.
5.- Cantos premios hai e que criterios se teñen en conta para
concedelo?
Haberá un
único premio para aquela persoa que obteña o maior número de respostas
correctas. En caso de que haxa empate, valorase a correcta ortografía e, se aínda
así o empate persiste, elexirase unha ó chou.
6.- Cando
é a entrega do premio?
Á volta
de vacacións de Semana Santa nunha data a determinar.
7.- Cal é
o premio?
Algo que
seguro che vai gustar
A continuación, os enlaces para descargar as preguntas e as papeletas de resposta:
Preguntas: https://drive.google.com/file/d/1QmaJWgcX-AewcgR64BVeG6g2x-Pzmg7S/view?usp=sharing
Respostas: https://drive.google.com/file/d/1XMONFuLiryx4k90ksVYf-PWQtxhcNPBs/view?usp=sharing
Preguntas: https://drive.google.com/file/d/1QmaJWgcX-AewcgR64BVeG6g2x-Pzmg7S/view?usp=sharing
Respostas: https://drive.google.com/file/d/1XMONFuLiryx4k90ksVYf-PWQtxhcNPBs/view?usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario