Este
curso 2018-19 escollemos como lema “Mudamos fronteiras por pontes”, inspirándonos no tema Fronteiras
de Guadi Galego. Baixo este lema
consideramos que teñen cabida todas aquelas iniciativas que conlevan o
obxectivo de artellar estratexias de achegamento a realidades que nos resultan
incómodas, cara ás que temos prexuízos ou que sentimos alleas. E dentro destas iniciativas está o xerme que
deu lugar a elección desta temática de traballo: as emocións, a linguaxe non violenta, a resolución de
conflitos, a razón e a lóxica frente ás respostas violentas, a convivencia
desde as diferencias.
Enlazando isto co Día das Bibliotecas, queremos destacar o papel da biblioteca de Daraya, en Siria, biblioteca que foi un oasis de cultura durante a guerra para habitantes deste poboación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario