A exposición “Exilio e Deportación, de Monterrei
e Boborás aos campos nazis”, estará disponible nos corredores da planta
baixa do instituto do 16 ao 30 de outubro. Esta exposición é parte da homenaxe
que a asociación cultural ‘Monterrei, cultura e territorio’ lle tributou ao
veciño de Estevesiños (Monterrei), Joaquín Balboa, preso no campo de Mauthausen
durante a II Guerra Mundial, no verán do 2016, e cremos que pode ser unha boa
introdución ao tema Anonim@s, en torno ao cal vai xirar
este ano o traballo da biblioteca.
O obxectivo é dar a coñecer as
experiencias vividas polos exiliados republicanos españois deportados aos
campos nazis, tendo como referencia os casos concretos de Joaquín Balboa
(deportado ao principio da II GM) e Antonio Pérez (de Boborás, membro da
Resistencia francesa). Procurouse, tamén, que as mulleres tivesen o espazo que
lles corresponde entre as vítimas do fascismo, con Mercedes Núñez Targa como
exemplo máis próximo. Concienciarnos da necesidade de estar
vixiantes e loitar para que non se volva repetir a traxedia vivida polos
republicanos españois, segue a ser moi necesario hoxe.
O alumnado de 1º e 2º de BAC tamén
asisitira a proxección do documental da TVG protagonizado por Joaquín
'Mauthausen, regreso ao campo da morte' e a unha charla coloquio moderada por
Manuel Torrente, o seu director, o próximo luns 23 de outubro.
Estes días na biblioteca faremos unha
exposición de libros relacionados con este tema.
O alumnado de 4º de ESO de historia
tamén asistirá o mércores 25 de outubro a unha conferencia impartida por Montse
Fajardo, autora do libro "Un cesto de mazás", que
rinde homenaxe as mullleres vítimas do 36, e do que estamos a ler algún relato no
club de lectura.
Podes ver aquí o programa :.Quincena de "Memoria histórica"
Podes ver aquí o programa :.Quincena de "Memoria histórica"
Ningún comentario:
Publicar un comentario