Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase 0 Día da
Biblioteca, unha iniciativa da Asociación
Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio
do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo
incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns . Esta
conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da
biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa
cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Ao longo da presentación que amosamos a continuación, recollemos exemplos de
bibliotecas alternativas. Independentemente do tipo ou do motivo, todas se
encadran na categoría do diferente. Pero, no fondo, todas teñen algo en común:
levar a información a todos os que a queren consumir.
Esta é unha presentación aberta.
Se coñeces algunha iniciativa de
achegamento da palabra á xente que quere ler , semellante ou diferente a estas,
cerca ou lonxe de aquí, actualmente ou no pasado, fáinola chegar a través
dun comentario a esta entrada e engadirémola a este traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario