A semana do concurso foi moi emociante, aprendimos moitas couasas sobre a guerra no mundo antigo, sobre mitoloxía, vida cotiá, historia, literatura... Pero sobre todo adqurimos ferramentas (ou competencias, como se dá por chamar agora): buscar en internet, a ler con atención as preguntas e, sobre todo, a ler entre liñas, a relacionar, deducir, razoar...
A modo de réplica da célbre frase Vae Victis!, Ai dos vencidos! que pronunciara aquel xefe galo Breno que vencera a Roma no 390 a. C., nós usamos a réplica Gloria Victis!, inspirándonos nunha fantástica serie de cómics que temos na biblioteca. Gloria aos vencidos, porque eles son tamén vencedores!! Así premiamos aos tres equipos que obtiveron máis puntuación cun premio en especies, copiando a idea de Dives Gallaecia, un diploma e o máis importante, a coroa de loureiro, reservada na antigua Grecia aos favoritos de Apolo.
Estes foron os nosos clasificados:
- 1º premio: SUPERBIS (4º ESO): Mariña Ferreiro Vilrariño,Laura Sánchez Blanco e Ismael Río Vea.
- 2º premio: AS TRES GRACIAS (3º ESO): Sarai Martínez Segade, Yara González Barral e Marta Vázquez Vilariño.
- 3º premio: LOS NIGGAS (3º ESO): Diego Varela Cea, Alberto Villasante González e Mateo Agra Parrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario