“Unha computadora é para min a ferramenta máis sorprendente que teñamos ideado. É o equivalente a unha bicicleta para as nosas mentes”
Steve Jobs
Este 17 de maio celebrouse o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información baixo o lema "Telecomunicacións e TIC: motores da innovación”. Este día ten como un dos seus obxectivos fundamentais dar a coñecer as posibilidades que pode ofrecer a utilización de Internet e outras tecnoloxías da información e a comunicación á sociedade. Ademais, neste ano, 2015, conmemórase o 150 Aniversario da Unión Internacional de Telecomunicacións. A historia da UIT constitúe un bo exemplo dunha das dimensións máis relevantes da habilidade humana, dende os tempos do telégrafo ata Internet e a banda ancha móbil.
Para máis información acerca dos acontecementos que marcaron a historia da ITU, podedes visitar a seguinte liña do tempo: http://itu150.org/historical-timeline
Ningún comentario:
Publicar un comentario