Antes de firmar os nosos libros, entregounos papeliños onde
aparecían pequenos poemas de escritoras galegas a prol do feminismo. Aí van
algúns:
Prefiro ser a filla do pirata,
a nena imposíbel que non peitea os cabelos,
a mesma que salta e corre
ou vence un exército.
Marta Dacosta
Escribo
porque
estou contenta e
libre,
porque teño
palabras
que corren
polo monte
como cabalos.
Lupe Gómez
Virxinia Mosteiro S3B
Carlos Negro comezou contándonos o
conto portugués Unha princesa do pior. Nese momento xa nos deu a amosar unha pequena parte
do seu carácter tranquilo e
animoso. Continuou falándonos un pouco sobre Makinaria,
onde se demostrou que Carlos Negro
é unha persoa moi agradable e
divertida. Despois de mostrarnos uns coches de xoguete musicais para
presentar o argumento de Makinaria, fíxonos rapear un pouco algúns poemas
como "Sound Play Session Vol. 1" ou "Nota Necrolóxica", facéndonos tamén pasar
un bo anaquiño. Pero
a quen lle dedicou a maior parte do
tempo foi a Penúltimas tendencias. Ensinounos o contido do seu baúl,
que contiña os obxectos nos que se inspirara para escribir
a súa obra, non sen
antes parodialos un pouco. Ensinounos o seu diario
de One Direction, ou a súa tétrica boneca Corvo,
que a pesar de ter un carácter escuro, ten tamén un corazón moi puro,
como nos ensinou Carlos. Despois de mostrarnos
que nós eramos únicos ensinándonos o noso reflexo nun espello, agasallounos ademais cunha dedicatoria
a aqueles que
a quixemos, identificando cun simple saúdo que lle entregabamos, a
frase que mellor encaixaba co noso caracter (e
sorprendentemente, conseguiuno). Na miña opinión, ademais de falar claramente
e abrirnos a nós un pouco os ollos, Carlos Negro
é unha moi boa persoa que nos marcou a todos
un sorriso na cara ademais dunha pegada no
corazón.
Iria Barreiro Vázquez. 3º ESO B

