O 8M o noso centro puxo a cor violeta nas mulleres anónimas que co seu traballo cotiá fixeron bandeira a prol dos dereitos humanos e salvaron moitas vidas.
A partir de dúas obras de EVA MEJUTO, A lavandeira de San Simón e Memoria do silencio, botamos luz sobre os nomes destas heroínas do cotián elaborando unha unidade didáctica para traballar desde a aula.
Ademais, as alumnas de 4º ESO recitaron versos de cor feminista de Mª Xosé Queizán, De Xoahana Torres e de Yolanda Castaño.
E todo o alumnado se implicou elaborando cartaces en favor dos dereitos de todas as mulleres.
Que ningunha sexa silenciada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario