Sabías que ....
... as proteínas da clara do ovo poden desintegrarse con vinagre en lugar de calor?
... que, como as plantas liberan osíxeno, a combustión dura máis e, polo tanto tarda máis en apagarse unha candea acesa?
... e que o volume dunha disolución pode aumentar nun 2500%.
Pois resulta que no IES de Melide puidemos admirar con ollos grandes, grandísimos, o despregue de experimentos que realizou o alumnado co profesorado de Bioloxía e de Física, Química, Xeografía, Informática...
E o noso club de prensa, recén estreado co alumnado de 4º A, entrevistou ao biólogo Antonio Castro Casal, que nos falou da súa paixón polos réptiles e aclarounos que hai de certo niso de "chorar bágoas de crocodilo".
Escoita:
Ningún comentario:
Publicar un comentario