17 de outubro: Día das Escritoras
Conmemoramos o Día
das Escritoras, unha data ben acaída
para reivindicar a escrita en feminino plural. Son moitas as autoras que escribiron a guerra e nós
lémola. E nesas páxinas camiñamos da súa man por situacións de sufrimento, de entrega e tamén de compromiso,
porque despois de cada guerraalguén
ten que limparnon se van ordenar as cousas soas
diría a poeta polaca
Wisława Szymborska.Pero
nas voces das nosas escritoras sentimos
o conflito máis quente. Con Eva Mejuto férvenos o volframio no sangue, e devecemos por socorrer ás dúas Marías na Alameda de Compostela,
acosadas, perseguidas por mor da súa ideoloxía se as escribe Concha Blanco;
choramos adeuses desde o barco de Marina Mayoral e precisamos con urxencia o
mesmo xarope que Adela Figueroa para erguer un muro contra a barbarie. É por
iso que andamos á procura desesperada
dunha pílula de poesía contra tanta demencia colectiva, porque ninguén marisca
piedade coma Yolanda Castaño.Estas
son algunhas das autoras, cuxas obras
foron expostas na entrada do noso
centro, coa finalidade de darlles
visibilidade, despois de seren lidas polo alumnado.
Conmemoramos o Día
das Escritoras, unha data ben acaída
para reivindicar a escrita en feminino plural. Son moitas as autoras que escribiron a guerra e nós
lémola. E nesas páxinas camiñamos da súa man por situacións de sufrimento, de entrega e tamén de compromiso,
porque
despois de cada guerra
alguén
ten que limpar
non se van ordenar as cousas soas
diría a poeta polaca
Wisława Szymborska.
Pero
nas voces das nosas escritoras sentimos
o conflito máis quente. Con Eva Mejuto férvenos o volframio no sangue, e devecemos por socorrer ás dúas Marías na Alameda de Compostela,
acosadas, perseguidas por mor da súa ideoloxía se as escribe Concha Blanco;
choramos adeuses desde o barco de Marina Mayoral e precisamos con urxencia o
mesmo xarope que Adela Figueroa para erguer un muro contra a barbarie. É por
iso que andamos á procura desesperada
dunha pílula de poesía contra tanta demencia colectiva, porque ninguén marisca
piedade coma Yolanda Castaño.
Estas son algunhas das autoras, cuxas obras foron expostas na entrada do noso centro, coa finalidade de darlles visibilidade, despois de seren lidas polo alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario