O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida por la Biblioteca Nacional de España coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
A Biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide súmase a a esta iniciativa facendo unha selección de escritoras cuxa obra literaria podedes atopar entre os seus fondos.
No taboleiro enfrente da biblioteca están os seus nomes, as súas imaxes e o título dun dos libros de cada unha delas. Propoñémosche un reto: unir cada imaxe co seu nome e o libro que escribiu.
Entra na biblioteca, bota unha ollada a mostra bibliográfica que temos preparada para esta conmemoración e aproveita para levar un libro escrito por unha muller.
Por outra banda, somos moi conscientes de que esta lista está viva e debe seguir ampliándose, polo que iremos aumentándoa coas vosas propostas.
E para ti, que escritora non debería faltar na nosa selección? Deixa nesta entrada as túas suxestións e un comentario contándonos que libro levas a casa para conmemorar o Día das Escritoras.
E para ti, que escritora non debería faltar na nosa selección? Deixa nesta entrada as túas suxestións e un comentario contándonos que libro levas a casa para conmemorar o Día das Escritoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario