O alumnado de 3º de ESO de Xeografía e Historia colleu un rueiro da vila de Melide e contou o nome de rúas con nome de muller: só 15. Tamén fixo un traballo de investigación sobre cada unha destas mulleres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Maruja Mallo, ...
Propuxeron ao Concello mulleres relevantes, preferiblemente da Terra de Melide ou de Galicia, para darlle nome ás rúas e prazas de Melide.
Este traballo iniciouse no mes de marzo, dentro do programa de actividades para a conmemoración do Día Internacional da Muller, co obxectivo de visibilizar a escasa presenza das mulleres tamén nas nosas rúas, e reividincar o seu papel fundamental na educación, literatura, artes, política, .... Está presente, de novo, o tema de traballo deste curso da biblioteca: Anómim@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario