21/03/18

POESÍA EN GALEGO

Entre o día 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, e o día 21 de marzo, Día da Poesía, son varias as iniciativas que se levaron a cabo no noso IES  para fomentar a lectura e  o coñecemento da poesía en galego.

1.- Abride a fiestra!
Gracias a colaboración de moitos grupos do IES, abrimos as fiestras á poesía de Rosalía de Castro. Cada un destes grupos fixo unha ventá utilizando material de refugallo ou cartulina, e  escolleu un poema para expoñer nela.


2.- "Caldo de Gloria"
O alumnado de Artes Escénicas de 1º de bacharelato representou nas aulas "Miña casiña. meu lar" , poema no que Rosalía de Castro explica como facer un caldo humilde e no que relata a épica diaria da supervivencia.

3.- Poesía en todos os recunchos do noso centro!
Podemos deleitarnos na lectura dos versos de  dous novos poemas ao subir os chanzos que nos conducen  ao segundo e terceiro andar: A Fala, de Manoel María, e  Pulso 4, de Rosalía Fernández,


4.- Novísima poesía galega.
Para visibilizar  e dar a coñecer a poesía que se está a facer en Galicia, desde a biblioteca e EDNL, elaboramos  a presentación colaborativa "Novísima poesía galega", na que recollemos un poema de escritores e escritoras galegas nados, maioritariamente, a partir dos anos 80. Está abaerta a máis aportacións.
Esta selección de poemas está exposta no corredor esperando a que ti tamén, expreses mediante emoticonos, que che provoca a lectura deses versos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario