Con este motivo proxéctouse o documental de Manuel Piñeiro "A palabra xusta", un filme no que se aborda a vida de Antía Cal, mestra e pedagoga, que durante os anos 60 fundou unha das escolas con maior vangarda pedagóxica de Galiza.
É un documental biográfico no que se narran as experiencias persoais e profesionais dunha muller singular que no ano 1961 fundou o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. Reflexo dunha vida e dunha que obra que aínda perdura entre o seu alumnado a día de hoxe.
"A palabra xusta" exhibe os pensamentos, as emocións e os recordos de Antía Cal, "Tita" para o seu alumnado. Este percorrido vital avanza dende as súas orixes, a súa infancia, o espertar da súa vocación ou a súa pelexa por poder estudar, até a chegada do grande amor da súa vida, Antón Beiras, ou a fundación dunha escola que ía romper co establecido até aquel momento:
nenos e nenas xuntos, primeira escola bilingüe en inglés e castelán, pioneira no uso do galego, ...
O alumnado do IES de Melide de 3º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu á proxección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario