Unha defensora dos dereitos humanos é unha persoa que traballa, de maneira pacífica, en favor de tódolos dereitos proclamados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Pode facelo informando ó público sobre violacións de dereitos humanos ou promovendo campañas para a promoción e protección destes dereitos. Defensores de dereitos humanos poden ser avogados que defenden a causa dos presos políticos e o seu dereito a un xuízo xusto; nais de desaparecidos que marchan para esixir a verdade sobre a sorte dos seus fillos; comunidades campesiñas e indíxenas que se organizan para defender o recoñecemento dos seus dereitos; organizacións que loitan contra a impunidade dos autores de violacións dos dereitos humanos. Esta "loita" polo respecto dos Dereitos Humanos é en moitos países unha actividade de alto risco, e os grupos e individuos que se comprometen nesta vía son moitas veces o obxectivo prioritario de autoridades e de grupos privados que recurren a desaparcións forzadas, execucións, detencións arbitrarias ou á tortura para facelos calar.
Este 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, queremos visibilizar e respaldar a importante labor destas persoas presentando, de forma moi resumida, as accións dalgunhas delas. Nesta selección intentamos incluír a persoas de diferentes procedencias, de épocas dispares, algúnhas coñecidas e outras non, e defensoras de moi distintos dereitos. Podemos e queremos completar este listado coas túas suxestións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario