No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituiuse a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM). A data elexida para esta celebración coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, que foi o iniciador da didáctica das matemáticas en España e que naceu o12 de maio de 1900.
Este
ano, no IES Melide, un grupo de alumnos
e alumnas de 4º de ESO acolleron de forma entusiasta a proposta do Departamento
de Matemáticas de combinar baile e e
funcións, e nun tempo récord crearon
unha coreografía na que cada paso da mesma é a gráfica dunha función
matemática feita co corpo . Para dala a coñecer
ao resto da comunidade educativa , montaron un vídeo que comenza
coa explicación de cada paso e a función coa que está relacionada, e
finaliza coa coreografía completa. O xoves 12 de maio fíxose unha
convocatoria á hora do recreo no
ximnasio para bailar a ritmo de funcións, na que participaron alumnos de case
todos os niveis, e algún que outro
profesor. O baile foi dirixido por alumnado de 4º de ESO, ao que agradecemos a súa participación de
forma desinteresada e fóra do horario lectivo no desenvolvemento desta
actividade. Nós só puxemos a idea, e eles fixeron todo o resto.
Outras
actividades que empezamos a semana do 12 de maio son:
-
Unha
exposición de fotografía ou imaxes curiosas nas que queda patente a presencia
das matemáticas na vida cotiá. É unha exposición aberta e calquera pode aportar
a súa imaxe.
-
Un
concurso de polinomios en 2º,31 e 4º de ESO e 1º de bacharelato cuxas finais
por nivel e final entre os gañadores de cada nivel aínda están por realizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario