27/07/14

ADEUS, QUERIDO XAQUÍN

Hoxe deixounos Xaquín Yebra-Pimentel, profesor de Historia do IES de Melide. Somos moitos os alumnos, alumnas, compañeiras e compañeiros, persoal non docente, pais, nais.... que non tivemos tempo para agradecerlle o moito que nos deu todos estes anos no IES de Melide.
A perda de Xaquín déixanos algo orfa a toda a comunidade escolar pola súa calidade humana. Pero ademais Xaquín era un home xeneroso coa súa inmensa cultura, achegándanos a cada un de nós mundos descoñecidos cada vez que nos traía un libro, un fermoso texto ou un obxecto marabilloso das súas coleccións de arte. Sen dúbida el era un deses homes xustos a quen dedica Jorge Luis Borges o seu poema:

Un hombre que cultiva un jardín, como quería Voltaire.
El que agradece que en la tierra haya música.
El que descubre con placer una etimología.
Dos empleados que en un café del Sur juegan un silencioso ajedrez.
El ceramista que premedita un color y una forma.
Un tipógrafo que compone bien esta página, que tal vez no le agrada.
Una mujer y un hombre que leen los tercetos finales de cierto canto.
El que acaricia a un animal dormido.
El que justifica o quiere justificar un mal que le han hecho.
El que agradece que en la tierra haya Stevenson.
El que prefiere que los otros tengan razón.
Esas personas, que se ignoran, están salvando el mundo.

9 comentarios:

  1. Anónimo28/7/14

    Coa luz náufraga da madrugada,

    acenan mil adeuses as estrelas…

    ResponderEliminar
  2. Anónimo28/7/14

    Estou segura de que Xaquín tería un mirar silencioso e reflexivo ante a súa propia despedida, como tiña ante as cousas graves, mais penso que a súa maneira de ver o mundo -e de transmitírnolo- ben merece que rompamos o silencio para lembralo. Ata sempre.
    (Vanessa de Quinzán)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo29/7/14

    Describe tan ben o poema o que Xaquín é, que non atopo máis palabras que engadir, só un grazas, un mil grazas por estar sempre, por querer sempre, por respeitar sempre e por sorrir, polo interese, polas súas verbas, polo seu andar... grazas Xaquín! (cunha mirada ben profunda) (Zeltia)

    ResponderEliminar
  4. Anónimo29/7/14

    Simplemente gracias, foise un frande. (José B. Buyo)

    ResponderEliminar
  5. Anónimo29/7/14

    Unha gran pena nos inunda os q fomos alumnos deste instituto...xa q o coñeciamos moi ben...eu, ata fora do instituto..moi boa persoa...graijas por todo

    ResponderEliminar
  6. Anónimo29/7/14

    É unha sorte atoparse na vida con persoas que van a contracorrente. Que nos abren portas e fiestras para que miremos máis aló do inmediato e poder ser máis libres . Xaquín tiña o halo da liberdade e así nola transmitiu.Moitas grazas.Ata sempre compañeiro!

    ResponderEliminar
  7. Anónimo29/7/14

    Adeus amigo

    ResponderEliminar
  8. Anónimo6/9/14

    Gran profesor por todo...pero sobre todo por aprendernos a todos cas suas lendas o que en realidade era a vida...ata logo amigo

    ResponderEliminar