10/03/10

SEGUIMOS "LOITANDO"


Como ben sabemos, o Día Internacional da Muller celébrase o 8 de marzo “para conmemorar a loita histórica por mellorar a vida da muller”.
Este ano, dende a Biblioteca, queremos facer reflexionar sobre o que denominamos “traballo doméstico”, é dicir, o conxunto de actividades obrigatorias e gratuitas que se fan en todos os fogares como parte (moi importante) das medidas para dignificar a calidade de vida, que inclúen, por ex., cuestións de hixiene e saúde.
Un dos mitos que sostén a sociedade patriarcal é que as “labores domésticas” constitúen, o “lugar natural” das mulleres pola súa cercana relación coa reproducción biolóxica. Ademais, este traballo está totalmente invisibilizado e desvalorizado. De feito, as mulleres que se dedican exclusivamente a estas tarefas son consideradas polas enquisas oficiais como “inactivas”. Ademais, a valoración social é nula, xa que as persoas que se benefician delas parecen opinar que este traballo non require de cualificación especial, apréndese coa práctica e sen requerir dunha especial inversión de tempo e esforzo. Pero, entón, por que a excusa máis xeralizada que pon o home para non facer este traballo é, sinxelamente, non saber facelo? Unha análise menos “sesgada” amósanos, sen embargo, que o nivel de formación requerido non é tan reducido, xa que estamos a falar da organización e realización de multitude de tarefas especializadas moi diferentes entre si. Ademais, esta “valoración social” fai percibir á muller o traballo doméstico como algo rutinario e pouco gratificante.
E que sucede coas mulleres que realizan unha actividade laboral fora da casa? Abren a porta á vida pública, ao progreso, á cultura, ao poder..., amosando que son capaces de facer algo máis que coidar da casa e dos fillos (que non é pouco). Pero esta progresiva incorporación á vida pública, conseguida gracias a anos e anos de "loita" das propias mulleres (e tamén, por que non dicilo, dalgúns homes) “ten trampa”. Salvo en casos excepcionais, isto non as libera das súas obrigas domésticas: impónselles unha “dobre xornada” que lastra a súa carreira profesional. Porque, en xeral, os homes non están dispostos a asumir responsabilidades e, no mellor dos casos, préstanse a “axudar” á muller na casa.
Que celebramos? A inconmensurable labor das nosas predecesoras e a nosa disposición de continuar esta “loita”.

20 comentarios:

  1. martin 2ºC ESO12/3/10

    o dia da muller e un dia respectado por todo o mundo, o que digo eu e.. porque non hai dia do home?

    ResponderEliminar
  2. cora2ºC12/3/10

    acepto que se celebre o dia da muller traballadora porque o merecen.espero que siga asi podolos anos..

    ResponderEliminar
  3. Paula , Andrea & Alba 2ºC12/3/10

    Parécenos ben que fagan este tipo de textos para que se recoñeza o traballo que a muller realiza día a día.
    O home pode participar máis nas tarefas domésticas e non só "axudar".

    ResponderEliminar
  4. cora2ºC12/3/10

    non hai do home porque pode que os homes traballen moito fora da casa pero dentro da casa hai alguns homes que non fan nada e eso non pode ser.

    ResponderEliminar
  5. Paula , Andrea y Alba 2ºC12/3/10

    Se non hai día do home por algo será non?

    ResponderEliminar
  6. Adrián 2·ESO-C12/3/10

    As mulleres deberían ter as mesmas oportunidades que os homes, xa que todos e todas somos seres humanos e todos temos os mesmos dereitos e obligacións.

    ResponderEliminar
  7. Paula , Andrea y Alba 2ºC12/3/10

    Cora algúns non! a maioría!

    ResponderEliminar
  8. ivan 2c de eso12/3/10

    ivan 2c de eso dijo.............................
    a min parecame ben pero tamen haberia que facer 1 dia do home

    ResponderEliminar
  9. alex2ºC12/3/10

    eu respecto o día da muller porque o merecen pero.... tamén hai que ter un día do home porque tamén o merecen

    ResponderEliminar
  10. Fany 2ºD eso16/3/10

    pareceme moi ben porque antiguamente as mulleres estaban moi discrimadas e non se contaba con elas para nada.
    Creo que non fai falta un día do home xa que non foron discriminados e tratados moi mal

    ResponderEliminar
  11. eva 2D ESO16/3/10

    A min pareceme moi ben que haxa un dia en concreto só para a muller porque fomos discriminadas durante moito tempo

    ResponderEliminar
  12. Anton 2º eso D16/3/10

    anton 2ºD dixo...
    eu creo que tamen que haber un dia do home,por exemplo:cando unha parella se separa danlle a custoria a nai,por que non lla dan o pai?

    ResponderEliminar
  13. sainza e iris 2ºeso D16/3/10

    Saínza e Iris de 2ºD din.....
    Nós estamos a favor de este día, porque a muller antes era moi descriminada, incluso ahora pero tamén decimos que o home tamén debe ter un día, porque os homes tamén son discriminados, aínda que menos .Por exemplo no caso dun matrimonio que se separa, adoita quedarse cos fillos, sempre a muller,e iso tampouco e de todo xusto porque o home tamén ten dereito de quedarse cos seus fillos .

    ResponderEliminar
  14. jenni 2D ESO16/3/10

    a min pareceme que tamen deberia haber un dia tamen para o home

    ResponderEliminar
  15. FATIMA LEA SANFIZ 2ºD16/3/10

    PARECEME MOI BEN QUE SE CELEBRE O DIA DA MULLER,PORQUE NUNCA FORON ATENDIDAS DE MANEIRA CORRECTA.EU CREO QUE NO DEBERÍA HABER O DIA DO HOME PORQUE ELES NON SUFRIRON A DESCRIMINACION QUE SUFREN AS MULLERES

    ResponderEliminar
  16. Jorge e Ruben 2D eso16/3/10

    Tamen ten que haber un día do home porque:Os homes traballan para sacar a familia adiante.

    ResponderEliminar
  17. rocio16/3/10

    Rocio 2ºD dijo...eu kon respecto o dia da muller traballadora penso que o merececemos porque traballamos duro dia a dia tanto fora koma dentro da kasa pero por outra banda tamen os homes merecen o dia do home traballador porque alguns non moitos axudan nas tarefas domesticas....

    ResponderEliminar
  18. YOUNESS_JOSE_IVAN 2ºD16/3/10

    RESPECTAMOS O DIA DA MULLER PERO QUEREMOS UN DIA DO HOME

    ResponderEliminar
  19. Eva Loureiro 2ºD
    Pareceme moi ben que haxa un día para a muller xa que hai moitas mulleres maltratadas, violadas....En cambio non me gustaria que houbera un dia para os homes xa que penso que non o saberian volorar e non estan tan descriminados.Como os homes e as mulleres somos iguais temos que compartir as tarefas domesticas e os homes que non axuden que traballen!!!!

    ResponderEliminar
  20. raul tomas y sergio16/3/10

    raul,tomas y sergio 2ºD :
    As mulleres merecen este dia porque traballan dia a dia duramente , pero alguns homes mereceno.

    ResponderEliminar