15/04/09

Obradoiro de poesía divertida 1º ESO

Foi Marisa Irimia a encargada de axudarnos a disfrutar da poesía e dos contos. Este obradoiro tivo lugar o 2 de abril, na Biblioteca Pública de Melide e consistiu na representación dunha divertida historia sobre poesía que Marisa nos contou, valéndose da nosa axuda.
Queres saber quen é Marisa Irimia? Marisa é ilustradora e "contadora" noutras ocasións. Como ilustradora ten varios libros publicados, contos infantís ou libros de texto. Participou en varias exposicións de ilustradores e actualmente imparte obradoiros de ilustración en diversos concellos galegos. Colabora regularmente con actividades de animación á lectura e contacontos en direrentes editoriais. Anímate agora a pór o teu comentario. Opina pois!

Ningún comentario:

Publicar un comentario