07/05/14
CERTAME LITERARIO "LETRAS GALEGAS 2014"
Como todos os anos por estas datas, o Equipo de Normalización Ligüística e a biblioteca do IES de Melide convídanvos a escribir no foramto que máis vos guste o vos inspire. Este ano como novidade engádese unha nova categoría: "Traballos de recuperación da memoria comunitaria" e ben se podían animar algúns rapaces e rapazas de 1º de ESO a presentar o magnífico traballo que fixeron na clase de sociais...
07/03/14
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Dentro do noso "Ano de película", queremos rendir un homenaxe a todas aquelas mulleres relacionadas co cine, moitas delas xa esquecidas.
Etiquetas:
Actividades,
Cine,
Conmemoracións
02/03/14
PRIMEIRO FESTIVAL DE MELIWOOD
Neste entroido tivo lugar no IES de Melide a primeira edición do Festival de Meliwood, comoo unha actividade máis do noso tema de traballo Un ano de Película. É de destacar a calidade das "películas" participantes, algúns clásicos coma: MARY POPPINS, PIRATAS DO CARIBE, MAGO DE OZ, GREASE, TITANIC, OS XOGOS DA FAME, FLASHDANCE, ZORBA, O GREGO... e outras de nova creación coma: OS EMBUSTEIROS 2.0, ANIMALS, contando co dúo PIMPINELA-Z que amenizaron a gala. Seguindo a tradición destes anos, o festival rematou cun "Salon de película", unha "estrea" do xénero western protagonizada polos profes, todo un clásico.
O noso premio, O Polbo de Ouro", foi un deseño de Antonio Núñez, o profe de plástica, realizado por Anabel, de francés, a nosa artista oficial e, como non, polo imprescindible ciclo de madeira.
20/02/14
III XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Un ano máis o IES de Melide ven de organizar as Xornadas de atención á diversidade, este ano na súa terceira edición.
Ao igual que o ano anterior, solicitouse colaboración ao equipo de biblioteca, neste caso para que expuxésemos o noso traballo para o presente curso Un ano de película.
Aquí vai un repaso das actividades que fixemos este ano, a maioría delas documentadas neste blog, e un pequeno adianto de próximas actividades.
MOBLES DE CINE
14/02/14
BICOS DE CINE
Nesta quincena dos namorados non podía faltar este pequeno traballo, no que as alumnas e alumnos de reforzo de 2º B e C recolleron algúns dos mellores bicos na historia do cine. Que rematedes felizmente esta quincena dos namorados/as.
11/02/14
A ASASINA DE A. PAPADIAMANDIS
As alumnas e alumnos de literatura galega de 1º de BAC están a ler A Asasina de Papadiamandis, libro publicado en 2013 pola editorial Hugin e Munin, do que xa deramos noticia no seu día.
Deixámovos aquí unha información, na súa maior parte gráfica, que vos pode axudar a entender mellor o contexto histórico e social desta novela.
Tedes máis información sobre a obra no blog Aspasia, do departamento de grego.
06/02/14
QUINCENA DO AMOR
A Candeloria celébrase o 2 de febreiro e nela os cregos bendicen as candeas que os fieis deben ter accesas durante a misa e que logo levan as casas para que os protexan nas treboadas.
A Candeloria é tamén unha festa que celebra a proximidade da primavera, Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, e o tempo no que as aves se aparean, Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola, polo que en Galicia celebramos o día dos namorados.
Outro día xa consolidado no mundo occidental como día dos namorados é o 14 de febreiro, día de S. Valentiño. Entre ambas datas lanzamos o noso concurso de cartas e chíos de amor.ide pensado o que ides escribir. Olla as bases

Amor,
Concursos,
Conmemoracións
30/01/14
30 de Xaneiro: unha película pola paz
Así amencía decorado o noso centro este xoves 30 de Xaneiro, día internacional da paz, despois dun mércores de intenso traballo coordinado por vicedirección e no que participou, entre outros, o equipo de biblioteca.
Como este é Un ano de Película, desta cámara de cine na porta da nosa biblioteca sae unha película de frases da paz en varios idiomas, asinadas por grandes homes e mulleres, moitos deles escritores, que copiaron pacientemente as nosas Papalibros de 2º de ESO. Escollemos unha delas, máis ben un texto, que aínda que foi escrito hai máis de 60 anos polo dramaturgo e poeta alemán Bertold Brecht, goza de rabiosa actualidade:
Deixámosvos cun vídeo realizado polo alumnado de 3º PDC:
Hai moitas maneiras de matar. Poden meterte un coitelo no ventre. Quitarche o pan. Non curarte dunha enfermidade. Meterte nunha mala vivenda. Empurrarte até o suicidio. Torturarte até a morte por medio do traballo. Levarte á guerra, etc... Só poucas destas cousas están prohibidas no noso Estado.Xa dentro da biblioteca fixemos unha exposición con libros e películas nos que a denuncia da violencia e a busca da paz son o tema principal. Podedes ver unha breve reseña das principais novidades no noso blog de club de lectura Papalibros. A primeiras horas da mañá o alumnado de 4º de ESO, fixo unha improvisación teatral titulada GUSTARÍAME ESPERTAR TODOS OS DÍAS E PENSAR QUE...
Deixámosvos cun vídeo realizado polo alumnado de 3º PDC:
16/01/14
Inaugurando o 2014
Aínda que esteamos a mediados de mes, non é tarde para desexar un feliz ano e aproveitar a ocasión para presentar o calendario "oficial" do IES de Melide para o 2014.
Trátase dunhas das actividades encadradas dentro do noso tema monográfico de traballo Un ano de película, no que participaron case todos os departamentos didácticos coordinados pola biblioteca e o EDNL. Pretendíamos facer un calendario de cine, onde as ilustracións fosen carteis de películas protagonizadas polas alumnas e alumnos do IES de Melide. Cada departamento ou titoría escolleu a película que mellor se adaptaba aos seus contidos: así os de cultura clásica escolleron a película Ágora, o ciclo de madeira Men in Black, co seu especial mobiliario de oficina, o de música Os nenos do coro, Sociais Braveheart e Casablanca, Lingua A Lingua das Bolboretas... outras inspiráronse en libros ou películas vistas na aula como Rebeldes, Harry Potter, Gandhi, A Onda, Evasión ou Vitoria, A lista de Schindler... O calendario é gratis para todos/as as participantes e os demais poderedes mercalo por un prezo non superior a 3 €.

11/12/13
PREMIOS A MICRORRELATOS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado do IES de Melide demostrou unha vez máis que a literatura pode combatir a violencia de xénero. Foron moitos os microrrelatos que se presentaron á convocatoria que EDNL e Biblioteca lanzaban dende este blog. O xurado tivo que pedir axuda ao alumnado de literatura galega do s. XX e entre tod@s conseguimos consenso, concedendo os seguintes premios:
1º Ciclo de ESO: David Sesar Casal, de S2B
Ela non o lograba. Fuxiría a cada paso, alí estaba. Pedía axuda, pero interpoñíase. Ata que un día, sen previo aviso, os seus choros convertéronse en sangue
2º Ciclo de ESO: Sara Fociños Astrar, de S3B
CONFESIÓN PARA NINGUÉNInmóbil, inerte,tirada no chan, mirándome. Que fixen? Por que o fixen? Isto está mal, moi mal, a miña vida, o meu amor, parece que a nosa historia por fin rematou. Que fixen? Por que o fixen? Todo foi pola túa culpa, sempre tentando tolearme, pero iso xa acabou. Todo acabou. Nunca antes che puxera a man enriba, nin a ti nin a ninguén. Que fixen? Por que o fixen? Pero os meus remordementos aquí rematan, o noso conto de fadas aquí remata. Todo o vivido, a nosa canción, a nosa balada,será substituída por un triste silencio, para sempre. Xa non o aguanto máis, o noso final será coma o de Romeo e Xulieta, tráxico, épico, un erro sen solución. Só podo facer unha cousa para acabar con este sufrimento.
BAC e CF: Belén Casal Taboada, de B1A
PARABÉNS ÁS/OS GAÑADORAS/ES!!TODO FOI CERTO
Etiquetas:
Actividades,
Concursos,
Conmemoracións,
Violencia de xénero
10/12/13
UNHA VODA DE CINE
Aínda que con algo de retraso, velaí a nosa carteleira de cine, como non podía faltar neste noso ano de película.
A Noiva Cadáver, filme de animación de Tim Burton, foi un dos títulos que vimos na biblioteca como parte das actividades de samaín. No cartel vemos ao pobre Víctor, que vai ao mundo dos mortos de repente e casa, por error, cunha noiva cadáver.
Dende o día que chegou o cartel, temos voda a diario na entrada de biblioteca. Ven facer ti tamén a túa foto, pero non esquezas á túa parella. Vivan os noivos!!

27/11/13
PARECE DE CINE PERO NON O É
Escea 5 – O FACEBOOK: Antía acaba de deixalo coa súa parella, levaban 6 meses. Andrés, a ex parella de Antía é moi celoso e ela comezou a decatarse de que non era o que quería. A raíz desta ruptura, Andrés empeza a colgar en FACEBOOK fotos que comprometen a Antía e ela non sabe como rematar con este problema. Un día comenta ás súas amizades, Lucía e Iria, que volveu con Andrés, que el está moi arrepentido.
24/11/13
@s adolescentes e a violencia de xénero
Un 21% dos adolescentes españois está de acordo coa
afirmación de que os homes non deben chorar. Un de cada cinco cre que está ben
que os rapaces saian con moitas rapazas, pero non ao revés. O 12,8 % non
considera maltrato ameazar – ou recibir ameazas- en caso de que a súa
parella queira romper coa relación. O 4% das adolescentes de entre 14 e
19 anos foron agredidas polo mozo co que saen ou saían; case unha de catro
confesa que o seu mozo ou exmozo contrólaas ata o punto de fiscalizar con quen
falan ou como visten. Control, relatan, a golpe de Tuenti e WhatsApp.
Estas son algunhas das conclusións que se
extraen do estudo “Evolución da adolescencia española sobre
igualdade e prevención de violencia de xénero” levado a cabo por
investigadores da Universidade Complutense de Madrid coas entrevistas online a
8000 menores.
E preguntámonos: O retrato robot de como son e como
viven @s adolescentes as súas relacións que se deduce do estudo
mencionado, axústase á maneira de vivir as súas relacións @s
adolescentes do IEs de Melide? Para tratar de dar resposta e esta
cuestión precisamos da vosa colaboración. Só tedes que cubrir o
cuestionario ANÓNIMO que tedes a continuación e enviarnos as vosas
respostas.
13/11/13
Día internacional contra a violencia de xénero
Cantas palabras precisamos para contar unha boa historia? Seguro que podemos facelo con menos de 100. Atrevémonos?
O Equipo de Biblioteca do IES de Melide, en colaboración co ENDL convoca un concurso de microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.Podemos escribir un pequeno texto relacionado coa violencia ou todo o contrario, un relato no que se fale dunha situación de amor e bos tratos entre os membros da familia.
Aquí van as bases.
08/11/13
Día da Ciencia en Galego 2013: o dereito a gozar da Ciencia e a Arte en galego
Este ano, o día da ciencia en galego rende homenaxe ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e ao intelectual e artista creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo. Esta edición céntrase na Estatística (estamos no ano internacional desta parte das Matemáticas) e na Arte e a Ciencia.
Co obxectivo de ilustrar a estreita relación que hai entre ciencia e arte, elaboramos a presentación “A arte na ciencia, a ciencia no arte”. Na primeira parte, “A arte na ciencia”, intentamos escoller exemplos das diferentes ramas científicas (matemáticas, física, química, bioloxía,..) que nos chamaron a atención pola súa beleza. Na segunda parte, “A ciencia na arte”, intentamos ilustrar, a través da selección de obras e autores de distintos movementos artísticos, a presenza das ciencias nas artes.
04/11/13
PELÍCULAS RECOMENDADAS PARA NOVEMBRO
Unha das actividades deste noso Ano de película é, por suposto, desfrutar vendo cine. Estas son algunhas das películas que vos recomendamos para este mes de novembro, mes de samaín e mes no que comemoramos o día de ciencia e o día da violencia de xénero.
Pero ademais de desfrutar, os cinéfilos/as que sigan as nosas recomendacións verán que úteis lle van ser estas películas e como velas terá a súa recompensa.... (estade atent@s!)
Pero ademais de desfrutar, os cinéfilos/as que sigan as nosas recomendacións verán que úteis lle van ser estas películas e como velas terá a súa recompensa.... (estade atent@s!)
27/10/13
UN SAMAÍN DE PELÍCULA,
Iniciamos este ANO DE PELÍCULA co videofórum dedicado ao Samaín. Nesta ocasión proxectáronse dúas películas: Los otros, para o alumnado de 2º de ESO e A noiva cadáver. para o de 1º de ESO.
Los otros é unha
película de 2001 dirixida por Alejandro Amenábar e protagonizada por Nicole
Kidman. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense que gañou oito dos quince Goya aos que estaba
nominada: mellor son, mellor fotografía, mellor dirección e mellor película.
Despois de rematar a II Guerra Mundial, Grace
(Nicole Kidman) espera a chegada do seu marido que non volve da contenda. Vive
nunha antiga casa grande xunto a súa filla Anne e o seu fillo Nicholas, ambos
afectados por unha estraña alerxia ao sol. Cando contrata tres novos criados,
unha serie de fenómenos raros comezan a acontecer na mansión que ten que estar
permanentemente en penumbra polo ben dos pequenos. Así, á luz das velas, Grace
deberá descubrir o que está pasando e quen son “os outros.
A noiva cadáver é unha película de animación de xénero fantástico
do ano 2005 baseada nun conto popular
ruso-xudeu do século XIX e ambientada nunha aldea ficticia da época victoriana.
Foi dirixida por TimBurton e Mikel Johnson. Johnny Depp dá voz ao personaxe principal , xunto con
Helena Bonha Carter, que dá voz a Emily, a moza cadáver.
09/10/13
UN ANO DE PELÍCULA
Este é o lema escollido para o traballo que dende a biblioteca imos desenvolver neste curso recén estrenado. Aínda que o cine foi sempre unha ferramenta fundamental no noso traballo, este ano queremos rendir unha homenaxe á setima arte, este invento que dende a súa aparición a finais dos s. XIX revolucionou a nosa sociedade.
Talvez os irmáns Lumière non imaxinaron até que punto o seu invento ía influír na vida dos homes. Ese produto da tecnoloxía acabaría converténdose nunha arte, que sería quen de facer soñar a tantas xeracións de mulleres e homes.
Peo ademais do entrenemento e diversión, o cine converteuse rápidamente nun medio eficaz de información, testemuña da historia e ferramenta básica de coñecemento. Cantas veces aprendemos máis nos cen minutos que dura unha película que en tantas e tantas clases de historia, matemáticas ou lingua? Moitas das nosas emocións están ligadas ao cine. A ficción provoca sentimentos reais que asimilamos moitas veces como vividos en primeira persoa. Cantas bágoas e gargalladas temos vertido diante da pantalla!. Cantos momentos felices temos atrapado e encerrado nunha película...

O cine é unha ferramenta consolidada no ensino que usamos en todas as materias, por iso é un tema moi axeitado para traballar en equipo dende a biblioteca e en todas as aulas. Non só imos ver cine, imos tentar tamén facelo, a traves de distintos obradoiros, algúns xa existentes como a nosa emisora Falamelide, e outros que crearemos este curso, con axudas coma a do Plan Proxecta.
Por todo isto e moito máis queremos que este sexa Un ano de película.
21/06/13
UNHA VIAXE NO ORIENT EXPRESS
O alumnado de 1º do Ciclo de Madeira do IES de Melide, coordinado por Fernando López, ven de inaugurar unha exposición relacionada, unha vez máis, co noso tema de traballo interdiscplinar A viaxe e a migración, entre a búsqueda e a necesidade.
Desta vez trátase dunha viaxe de pracer destinada a unha élite, xa que as viaxes no Oriente Espress foron sempre o paradigma do luxo. Pero lendo o traballo elaborado polo ciclo dámonos conta de que este mítico tren, ademais dun paraíso para os amantes do luxo, inspirou obras literarias, como o famoso Asasinato no Orient Espress de A. Christie, e foi escenario de importantes episodios históricos como o armisticio de 1918 firmado por Alemania e Francia tras a primeira guerra mundial e o de 1940 na segunda guerra mundial, polos mesmos países pero en condicións moi diferentes.

15/06/13
CARTA A SANTIAGO LOPO
Din que para min é "doado" escribirlle a alguén ou facer
unha reflexión sobre unha novela, relato, etc., e por iso agora mesmo che estou
escribindo isto. Seguro que non sabes quen son, e realmente iso non é o máis
relevante debido a que serei unha deses/as milleiros de estudantes que tras ler
as túas novelas che escriben para facerche unha pequena crítica sobre elas.
Falando
con certeza, nunca me gustou iso de ler, sempre preferín ver unha película ou
saír á rúa antes que ler un libro. Non me gusta iso de estar quieta observando
algo que probablemente non me chegue a gustar.
Quizais
por cousa do destino a miña opinión sobre a lectura mudou un chisco, pode ser
porque hai moi pouco, Hora Zulú chegou ás miñas mans. Non sei moi ben
por que me gustou tanto esa novela pero, o que realmente me fixo reflexionar
sobre o que é de verdade a lectura, foi seguramente a súa maneira de entramar a
historia. Diferente, pero ao mesmo tempo tan orixinal que, persoalmente, me
enganchou durante aproximadamente cinco curtos días.
A
obra en si paréceme moi ben estruturada, pero o que máis chamou a atención en
min foi a maneira na que indirectamente nos fai reflexionar sobre como inflúe o
tempo nas persoas, como nos preocupa sobre todo de maneira negativa. Nisto non
existe a desigualdade, afecta dende os máis cativos -que teñen un enorme desexo
por ser maiores e facer todo o que lles gusta e queren- ás persoas adultas ás
que lles preocupa moitas veces que será dos seus fillos, como sobrevivirán ao
paso do tempo.... até os máis maiores que senten certo temor porque un día
chegue esa negra sombra que os leve.
Probablemente
é nunha das poucas cousas onde a desigualdade é inexistente e nas que, por un
momento, inflúe máis negativamente nas persoas máis poderosas, que senten medo
por non poder gozar de todos eses luxos que posúen.
Sen
máis, darche a noraboa pola túa obra que espero que dentro de moito tempo sirva
para que xente coma min se decate da dozura da lectura, que ata o momento
descoñecía.
Un bico agarimoso dunha lectora con pouca experiencia.
Ana Segade
12/06/13
O MEU FOLGAR, RELATO RADIOFÓNICO
O meu folgar é a historia dun detective insatisfeito co seu traballo, que ao verse reflectido nun espello decide cambiar de vida para atopar a felicidade. Esta é un relato de Cristina Gómez Remeseiro e Lorena Vidal, de 4º C de ESO, escribiron e gravaron para Falamelide, a radio do Instituto de Melide, que está a piques de cumplir vinte anos.
Con este programa estreamos en Biblomelide este novo formato de guión radiofónico, a o tempo que felicitamos a Cristina e Lorena polo seu traballo.
Con este programa estreamos en Biblomelide este novo formato de guión radiofónico, a o tempo que felicitamos a Cristina e Lorena polo seu traballo.
20/05/13
SEMANA DAS LETRAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
"Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas". Con estas palabras autodefiníase Roberto Vidal Bolaño, autor teatral e actor, a quen se lle dedicou este ano o día das letras galegas.
É unha fortuna para nós, como galegas e galegos, e en concreto coma centro de secundaria, ter dedicatarios das letras galegas, como Vidal Bolaño ou Lois Pereiro, que nos ofrezan unha produción literaria e/ou actividade cultural tan próxima a nós, tan actual e plenamente vixente. Humildemente, queremos animar a Academia Galega a que continúe por esta liña, xa que temos no noso haber escritores, mulleres e homes de letras, moitas veces case descoñecidos para o gran público, que posúen unha obra fascinante.
O mércores 15 de maio, o club de lectura Papalibros fixo unha lectura dramatizada de Animaliños, unha obra satírica que denuncia as relacións sociais por medio dunha farsa que ten como protagonistas a un grupo de veciños dunha urbanización que se ven invadidos por unha praga de caracois. Rematamos o acto vendo uns fragmentos de Sempre Xonxa e A Lingua das bolboretas, onde comprobamos o bo facer do Vidal Bolaño actor.
E para completar máis información sobre o homenaxeado, velaí unha liña do tempo elaborada por Celtia Buján, de B1A, na clase de TICs.

teatro
16/05/13
Charla con Abraham Carreiro
Hoxe, coincidindo coa semana das Letras Galegas, veu ao noso centro o escritor e debuxante Abraham Carreiro para falarnos do seu libro Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, que tiveron como libro de lectura obrigatoria os alumnos e alumnas de 1º de ESO.
Empezou presentando os personaxes da obra a medida que os ía debuxando, como podedes ver na foto.
Seguidamente pasounos unha curtametraxe de animación feita por el onde nos explicaba como fixo para buscar os personaxes da súa novela, a partir da idea inicial que tiña el, e como foron evolucionando despois de moitos ensaios e erros. Díxonos que non nos debemos preocupar se non nos sae o que queremos nun primeiro momento, que temos que seguir insistindo.
Unha vez que vimos o vídeo, contestou a todas as preguntas que quixemos facerlle, que foron moitas e moi interesantes.
Finalmente dedicounos os nosos libros e fíxonos un debuxiño dalgún personaxe da obra para cada un de nós.
02/05/13
22/04/13
21/04/13
ENTREGA DE PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO
Esta fin de semana tivo lugar en Monforte a entrega de premios Irmandade do Libro. Neste acto foi premiada a obra A noite branca, de Francisco Fernández Naval. É unha historia de guerra e de recuperación da memoria. Podedes atopalo na nosa biblioteca. O autor comentou que os libros deben servir para cambiarnos a vida.
Tamén foi premiada María Xosé Queizán como autora do ano debido á súa longa traxectoria como defensora do galego dende todos os xéneros. Ela dixo que ler e escribir foron as actividades que máis gusto lle deron na vida.
Houbo premios tamén para a web Galicia encantada, para as guías da natureza Baía verde, para a librería Kómic de Santiago e para o colexio Quintela, de Moaña polas súas actividades relacionadas co fomento da lectura.
Pechou o acto o alcalde de Monforte, quen manifestou que a lectura combate a indiferenza e remove as conciencias.
Felicitamos a todos os gañadores e gañadoras e esperamos que todos sigamos potenciando a lectura en xeral e a lectura en galego, en particular.
18/04/13
ENTREGA DE PREMIOS XOGO DE PISTAS 2º CICLO E BACHARELATO
Hoxe tivo lugar a entrega de premios do xogo de pistas que tiña como tema as viaxes. Despois de xogar durante catro días, houbo que facer unha xornada de desempate que estivo moi reñida para ver quen conseguía o segundo premio.
O primeiro premio conseguiuno Vanessa Tarrío, de 2º de Bacharelato que participou en solitario.
O segundo premio levouno o grupo "Jarruleiras" composto por Jessica, Fátima e Elena de 2º de Bacharelato, en reñida competencia coas "Tesmoforiantes", formado por Eva e Celtia, de 1º de Bac, que levaron un premio de consolación por rematar o xogo dous minutos máis tarde que as súas compañeiras.
Parabéns ás gañadoras e a todo o alumnado que participou nesta divertida actividade na que se aprende xogando.

17/04/13
A ASASINA EN GALEGO
Hoxe
tivo lugar, na libraría Couceiro de Santiago, a presentación, por primeira vez
en galego, da obra A asasina, do
famoso escritor grego Alexandros Papadiamandis, morto en 1911. Nela reflíctense
as durísimas condicións de vida das mulleres gregas daquela época, e que levan a unha delas a
tomar decisións moi drásticas.
Esta
obra foi traducida ao galego e presentada por dúas profesoras de grego, unha
delas do noso IES, Susana Losada, e a
outra do instituto de Ames, Margarita
Olivar.
Os nosos parabéns á pequena editorial Hugin e Munin por potenciar a publicación en galego de
obras de calidade como estas, e, por suposto, ás tradutoras e tradutor por permitirnos a
lectura destas novelas tan fermosas e tan profundamente humanas.
Xa as temos na biblioteca do IES para que
poidamos gozar coa súa lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)