Aínda que esteamos a mediados de mes, non é tarde para desexar un feliz ano e aproveitar a ocasión para presentar o calendario "oficial" do IES de Melide para o 2014.
Trátase dunhas das actividades encadradas dentro do noso tema monográfico de traballo Un ano de película, no que participaron case todos os departamentos didácticos coordinados pola biblioteca e o EDNL. Pretendíamos facer un calendario de cine, onde as ilustracións fosen carteis de películas protagonizadas polas alumnas e alumnos do IES de Melide. Cada departamento ou titoría escolleu a película que mellor se adaptaba aos seus contidos: así os de cultura clásica escolleron a película Ágora, o ciclo de madeira Men in Black, co seu especial mobiliario de oficina, o de música Os nenos do coro, Sociais Braveheart e Casablanca, Lingua A Lingua das Bolboretas... outras inspiráronse en libros ou películas vistas na aula como Rebeldes, Harry Potter, Gandhi, A Onda, Evasión ou Vitoria, A lista de Schindler...
O calendario é gratis para todos/as as participantes e os demais poderedes mercalo por un prezo non superior a 3 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario