17/03/10

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ

O IX Salón do Libro de Pontevedra organizou este ano unha homenaxe a Agustín Fernández Paz, que contou coa intervención de Xabier P. Docampo e a actuación de Mini e Mero. Con este acto, o evento máis importante de todos os que se celebran en Galicia arredor da Literatura Infantil e Xuvenil, réndese tributo ao que, sen dúbida, é un dos nosos autores máis importante, inspiración para outr@s que tamén poñen a súa pluma ao servizo da fantasía dos máis pequenos. Pero, sobre todo, réndese homenaxe a un escritor que goza do favor unánime de milleiros de lectores de todas as idades, Premio de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008. Fernández Paz recuperou, na recollido do premio, a figura do falecido Delibes sobre a súa faceta de narrador.
Na nosa biblioteca podedes atopar as seguintes obras:
--Ler en galego
--Contos por palabras
--Facermos cómics
--Aire negro
--O laboratorio do doutor Nogueira
--Amor dos quince anos, Marilyn
--Cartas de inverno
--As flores radiactivas
--Crispín de Maop (en colaboración)
--Os pes no aire
--Avenida do Parque, 17
--O meu nome é Skywalker
--Contos do Museo (en colaboración con X.Docampo)
--Noite de voraces sombras
--Corredores de sombras
--O único que queda é o amor (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008)

1 comentario:

  1. Manuel23/3/10

    Non sendo un lector habitual en lingua galega, recomendo especialmente a lectura "O único que queda é o amor": o linguaxe é sinxelo e as historias son pequenas xoias que te atrapan desde o principio

    ResponderEliminar