
Non podemos deixar de recordar que, actualmente, máis de 2.500 millóns de seres humanos carecen de sistemas sanitarios adecuados. Calcúlase que uns 884 millóns de persoas, a maioría en África, non teñen acceso á auga potable. Arredor de 1,5 millóns de nenos menores de cinco anos morren cada ano a causa de enfermidades transmitidas pola auga. Esta situación constitúe unha verdadeira traxedia e un importante obstáculo para o desenvolvemento, e nós podemos contribuir a aliviala.
O panorama é bastante desalentador, sobre todo se temos en conta que un dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (que deberán cumprirse no 2015) inclúe “reducir á metade o número de persoas que carecen de acceso á auga potable e saneamento básico”. Está nas nosas mans o conseguilo. Todos somos responsables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario