01/03/10

FINA CASALDERREY


Concluíu Febreiro, mes adicado pola Asociación de escritores en Língua Galega, a Fina Casalderrey. Trátase dunha das escritoras máis destacadas en Literatura Infantil. De feito, é a escritora máis lida polos escolares galegos. A súa producción orixinaria é en galego, pero as súas obras están traducidas ó castelán, catalán, euskera, portugués e brasileiro. Ten publicados máis de vinte libros de Literatura Infantil e Xuvenil. Iniciou esta aventura coa novela Mutacións xenéticas (1991), á que seguiron títulos como Dúas bágoas por Máquina; ¡Asústate, Merche!; O misterio dos fillos de Lúa (polo que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); ¡Prohibido casar, papá!; ¿Sobrevives?; Bicos de prata; Lúas de nácara; e moitos outros, que poderás atopar na nosa Biblioteca, e que recomendamos vivamente.
Outro sector literario que cultiva é o da investigación etnográfica de Galicia, que recolle en libros de gran popularidade como O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia, Repostería en Galicia, e outros, en colaboración con Mariano García.
Son numerosos os premios e distincións que recibiu, como o Álvaro Cunqueiro, o Cidade de Pontevedra e o Merlín, entre outros.
Deixámosvos coa intervención da escritora no Club de letura compartida Lendo Contigo.

2 comentarios:

  1. Anónimo20/9/10

    unha gran autora como ela merece todo o mellor encantoume o libro de "O misterio dos fillos de lua"
    aunque xa fai uns cantos a nos que o lin .Tamen me gustou moito cando era mais pequena o de "duas bagoas por maquina " e acordome de que ese foi un dos poucos libros que me fixo chorar de pequena de verdade que me encantou.Aunque por ahora non tiben po placer de leer mais libros de ela seguriño que se se parecen aos dous que mencionei antes non podedes pasar de leelos cando sexade pequenos animobos a todos a lelos de verdade

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20/9/10

    unha gran autora como ela merece todo o mellor encantoume o libro de "O misterio dos fillos de lua"
    aunque xa fai uns cantos a nos que o lin .Tamen me gustou moito cando era mais pequena o de "duas bagoas por maquina " e acordome de que ese foi un dos poucos libros que me fixo chorar de pequena de verdade que me encantou.Aunque por ahora non tiben o placer de leer mais libros de ela seguriño que se se parecen aos dous que mencionei antes non podedes pasar de leelos cando sexade pequenos animobos a todos a lelos de verdade

    ResponderEliminar