30/10/09

VISITA DE ANXO FARIÑA

O pasado mércores 28 de outubro estivo no noso centro o autor vigués Anxo Fariña, escritor e recoñecido debuxante. O motivo da súa visita foi presentarnos a súa colección de literatura xuvenil "Os Megatoxos", ofrecendo unha conferencia ó alumnado de 1º de ESO ó que tentou explicar que todo pode ser literaturizable. Calquera lugar, calquera obxecto ou calquera persoa pode ser o inicio dunha gran historia, só debemos deixar voar a nosa imaxinación. Reincidiu no feito de partir do máis simple para, paulatinamente, ir chegando ó máis complexo á hora de poñernos a crear. Nas cousas máis insignificantes pode estar agochada unha gran historia. Ó longo da conferencia, o autor deixou tamén constancia dos seus dotes de ilustrador, algo que lle apaixoa, e falou daquelo que lle serve de inspiración para elaborar o seu traballo.
Anxo Fariña é tamén autor de obras como "Xabi non pode durmir", "Os magos das formas" ou "O ladrón de palabras" , entre outras. Na actualidade traballa como Director de Arte, deseñando en distintos campos e ilustra libros e cómics.

Ningún comentario:

Publicar un comentario