22/10/09

24 DE OUTUBRO DIA MUNDIAL DA BIBLIOTECA

Este ano a celebración do día da biblioteca centrámola na posta en marcha da BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL http://www.wdl.org/es/, (podedes atopar esta dirección no apartado de LIGAZÓNS INTERESANTES , neste mesmo blog). A B.D.M. é un proxecto impulsado pola U.N.E.S.C.O. e a idea partiu do bibliotecario do Congreso dos E.E.U.U., James H. Billington. O grupo de colaboradores é amplo : dende a Biblioteca Alexandrina de Exipto até bibliotecas nacionais e algunhas institucións culturais e educativas de Arabia Saudí, Brasil, Exipto, China, Eslovaquia, U.S.A., Rusia, Francia, Irak, Israel, Japón, Malí, Marruecos, México, Países Baixos, Quatar, Reino Unido, Serbia, Sudáfrica, Suecia e Uganda, ademais dun equipo da devandita Biblioteca do Congreso de E.E.U.U. O seu obxectivo é dar a coñecer e preservar o patrimonio de moi diversas culturas de todos os rincóns do planeta, tentando non centrarse só , nos contidos da cultura occidental. Contén manuscritos, mapas, libros raros, películas, grabacións sonoras, publicacións , fotografías e grabados dispoñibles sen restricion para o publico e de forma gratuita.
Gracias a ela podense consultar documentos coma a Declaración de Independencia de EEUU, antigos manuscritos chineses, mapas do novo mundo ou películas dos irmans Lumière de finais do seculo XIX .
Segundo os impulsores, "o sitio e moi facil de usar e non esta dirixido a universitarios ou doctores. As buscas podense facer por combinacions entre lugar, periodo temporal, tipo de material (libro, fotografía, audio...) e a a institución que o cedeu. O sitio opera en sete linguas —as seis das Nacions Unidas , máis o portugués— e máis de 40 idiomas están representados nos materiais mesmos".
Ainda que o seu proposito e a aproximacion entre culturas , os paises pouco desenvolvidos , teran problemas a hora de acceder a ela.
África, por exemplo, pese as dimensions do continente, só representa ao 3,4% dos usuarios de Internet, fronte aos 24,6% de Europa ou o 15,7% de Norteamérica.
O esforzo non deixa de ser importante e unico, e agardamos que os alumnos do noso instituto se afagan preto a utilizar esta nova fonte de recursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario